Protocolo de transferencia de arquivos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Notas
m Arranxos varios
Liña 6: Liña 6:
Pode referirse tanto ao protocolo como ao programa que fai uso deste protocolo (neste caso, tradicionalmente aparece en letras minúsculas, por influencia do programa de transferencia de arquivos do [[Unix]]).
Pode referirse tanto ao protocolo como ao programa que fai uso deste protocolo (neste caso, tradicionalmente aparece en letras minúsculas, por influencia do programa de transferencia de arquivos do [[Unix]]).


A transferencia de datos en [[rede de computadores|redes de computadores]] inclúe normalmente a transferencia de ficheiros e acceso a sistemas de ficheiros remotos (coa mesma interface usada nos ficheiros locais). O FTP (RFC 959) baséase no [[TCP]], mais é anterior ao conxunto de protocolos TCP/IP. É o estándar do conxunto de protocolos [[TCP/IP|TCP/IP]] para transferir ficheiros, é un protocolo xenérico independente de [[hardware]] e do [[sistema operativo]] e transfire ficheiros por libre arbitrio, tendo en conta restricións de acceso e propiedades dos ficheiros.
A transferencia de datos en [[rede de computadores|redes de computadores]] inclúe normalmente a transferencia de ficheiros e acceso a sistemas de ficheiros remotos (coa mesma interface usada nos ficheiros locais). O FTP (RFC 959) baséase no [[TCP]], mais é anterior ao conxunto de protocolos TCP/IP. É o estándar do conxunto de protocolos [[TCP/IP]] para transferir ficheiros, é un protocolo xenérico independente de [[hardware]] e do [[sistema operativo]] e transfire ficheiros por libre arbitrio, tendo en conta restricións de acceso e propiedades dos ficheiros.


== Como ocorre a transferencia de ficheiros ==
== Como ocorre a transferencia de ficheiros ==
Liña 17: Liña 17:
== Acceso aos servidores FTP ==
== Acceso aos servidores FTP ==
A conexión a un destes servidores faise utilizando programas chamados "clientes FTP". Estes programas poderemos atopalos na rede tanto gratuítos coma de pago<ref>https://www.smartftp.com/</ref><ref>https://filezilla-project.org/download.php</ref>.
A conexión a un destes servidores faise utilizando programas chamados "clientes FTP". Estes programas poderemos atopalos na rede tanto gratuítos coma de pago<ref>https://www.smartftp.com/</ref><ref>https://filezilla-project.org/download.php</ref>.
Os [[navegador web | navegadores web]] e mesmo os sistemas operativos tamén poden integrar nas súas funcionalidades servizo FTP<ref>https://www.windowscentral.com/how-set-and-manage-ftp-server-windows-10</ref>.
Os [[navegador web|navegadores web]] e mesmo os sistemas operativos tamén poden integrar nas súas funcionalidades servizo FTP<ref>https://www.windowscentral.com/how-set-and-manage-ftp-server-windows-10</ref>.
O acceso a servidores FTP pode realizarse de dúas formas: a través dunha [[Interface gráfica de usuario|interface gráfica]] (GUI) ou a través da interface de [[liña de comandos]] (CLI)<ref>http://www.data-2013.cl/DOCS/INFORMATICA/FTP.html</ref>, tanto usuarios UNIX como usuarios Windows poden acceder a través dos dous modos. A pesar de ser un pouco complicado, o modo liña de comandos está presente en calquera distribución de tipo UNIX e Windows, a través do programa Telnet.
O acceso a servidores FTP pode realizarse de dúas formas: a través dunha [[Interface gráfica de usuario|interface gráfica]] (GUI) ou a través da interface de [[liña de comandos]] (CLI)<ref>http://www.data-2013.cl/DOCS/INFORMATICA/FTP.html</ref>, tanto usuarios UNIX como usuarios Windows poden acceder a través dos dous modos. A pesar de ser un pouco complicado, o modo liña de comandos está presente en calquera distribución de tipo UNIX e Windows, a través do programa Telnet.



Revisión como estaba o 26 de setembro de 2017 ás 09:19

FTP significa File Transfer Protocol (Protocolo de Transferencia de Ficheiros), e é unha forma bastante rápida e versátil de transferir ficheiros, sendo unha das máis usadas na internet dende o 16 de abril do 1971[1].

Pode referirse tanto ao protocolo como ao programa que fai uso deste protocolo (neste caso, tradicionalmente aparece en letras minúsculas, por influencia do programa de transferencia de arquivos do Unix).

A transferencia de datos en redes de computadores inclúe normalmente a transferencia de ficheiros e acceso a sistemas de ficheiros remotos (coa mesma interface usada nos ficheiros locais). O FTP (RFC 959) baséase no TCP, mais é anterior ao conxunto de protocolos TCP/IP. É o estándar do conxunto de protocolos TCP/IP para transferir ficheiros, é un protocolo xenérico independente de hardware e do sistema operativo e transfire ficheiros por libre arbitrio, tendo en conta restricións de acceso e propiedades dos ficheiros.

Como ocorre a transferencia de ficheiros

Diagrama dun servizo FTP.

A transferencia de ficheiros dase entre un computador chamado "cliente" (aquel que solicita a conexión para a transferencia de datos) e un servidor (aquel que recibe a solicitación de transferencia). O usuario, a través de software específico, pode seleccionar que ficheiros enviar ao servidor. Para existir unha conexión ao servidor, o usuario informa un nome de usuario (ou username, en inglés) e un contrasinal (password), ben como o nome correcto do servidor ou o seu enderezo IP. Se os datos foron informados correctamente, a conexión pode ser establecida, usándose unha "canle" de comunicación, o chamado porto de rede (port). Tales portos son conexións nas cales é posible trocar datos. No caso da comunicación FTP, os portos habituais son o 20 e o 21[2]. O porto 21 é utilizado para o envío bidireccional de mensaxes de control da comunicación (usando algunhas das funcións Telnet para o intercambio de mensaxes), mentres que a transferencia dos datos faise a través dunha segunda conexión no porto 20 do servidor.

Acceso aos servidores FTP

A conexión a un destes servidores faise utilizando programas chamados "clientes FTP". Estes programas poderemos atopalos na rede tanto gratuítos coma de pago[3][4]. Os navegadores web e mesmo os sistemas operativos tamén poden integrar nas súas funcionalidades servizo FTP[5]. O acceso a servidores FTP pode realizarse de dúas formas: a través dunha interface gráfica (GUI) ou a través da interface de liña de comandos (CLI)[6], tanto usuarios UNIX como usuarios Windows poden acceder a través dos dous modos. A pesar de ser un pouco complicado, o modo liña de comandos está presente en calquera distribución de tipo UNIX e Windows, a través do programa Telnet.

Modos e interfaces

O protocolo subxacente ao FTP pode executarse nos modos interactivo ou por lotes (batch, sen interacción humana)[7]. O cliente FTP fornece unha interface interactiva, mentres que o MIME e o HTTP úsano internamente. O protocolo permite a gravación e obtención de ficheiros, a listaxe do cartafol e a alteración do cartafol de traballo.

Comandos do cliente FTP

Os servidores de FTP só mudan moi raramente, pero novos clientes FTP aparecen con bastante regularidade. Estes clientes varían no número de comandos que utilizan, a maioría dos clientes FTP comerciais utilizan apenas un pequeno subgrupo de comandos FTP. Aínda que o FTP sexa un protocolo orientado á liña de comandos, a nova xeración dos clientes FTP esconde esta orientación nun ambiente gráfico, moitas veces, moi desenvolvido.

A interface cliente do FTP do BSD UNIX é un estándar por si mesma, posuíndo moitos comandos arcaicos: tenex ou carriage control que hoxe non teñen uso. Os comandos máis usados son o cd, dir, ls, xet e put.

O FTP ten particularidades que son hoxe pouco comúns. Despois da activación do ftp, establécese unha conexión ao host remoto. Esta conexión implica o uso da conta do usuario no host remoto, o cal pode supoñer unha eiva na seguridade, polo que algúns servidores FTP engaden anonymous FTP[8].

Certos comandos son os que fan a transferencia bidireccional de ficheiros:

  • get do servidor FTP para o host lugar (mget para máis que un ficheiro)
  • put para o servidor FTP a partir do host lugar (mput para máis que un ficheiro)

Nota: algúns comandos poden non funcionar co usuario anonymous, pois esa conta ten limitacións de dereitos a nivel do sistema operativo.

Tradución de nomes de ficheiros

A sintaxe dos nomes dos ficheiros pode ser incompatible entre diferentes Sistemas Operativos. O UNIX usa 128 caracteres, maiúsculas e minúsculas, encanto que o DOS usa 8 + 3 caracteres e apenas maiúsculas. Nalgúns sistemas non se poden usar certos nomes. Debido a todo isto, o BSD ftp define regras para a tradución de nomes.

Mensaxes FTP

O FTP permite dous modos de transferencia de mensaxes FTP, 'texto' (con traducións apropiadas) ou 'binario' (sen tradución). Cada mensaxe do servidor inclúe un identificador decimal de 3 díxitos (exemplo: 226 Transfer complete). Estas mensaxes poden ser vistas ou non, usando para iso o modo 'verbose' ou 'quiet', respectivamente.

Modo cliente-servidor do FTP

O servidor remoto acepta unha conexión de control do cliente local. O cliente envía comandos para o servidor e a conexión persiste ao longo de toda a sesión (tratándose así dun protocolo que usa o TCP).

O servidor crea unha conexión de datos para a transferencia de datos, creandose unha conexión para cada ficheiro transferido. Estes datos son transferidos ben do servidor ao cliente, ou ben ao contrario.

Os comandos están separados dos datos (portos 20 e 21 do servidor) e o cliente pode enviar comandos durante a transferencia de datos. O peche da conexión indica o fin do ficheiro[9].

Lista de Comandos FTPs

Os comandos baixo poden ser corridos no FTP através da liña de comando. Os comandos do FTP poden ser abreviados, desde que non formen expresións ambíguas.

Podemos ver a seguir un conxunto típico de comandos do FTP obtidos directamente através do comando help.

ftp> help

Os comandos poden estar abreviados. Seguen os comandos:

! delete literal prompt send
? debug ls put status
append dir mdelete pwd trace
ascii disconnect mdir quit type
bell get mget quote user
binary glob mkdir recv verbose
bye hash mls remotehelp
cd help mput rename
close lcd open rmdir

Lista de clientes FTP

Lista de servidores FTP

Notas

Véxase tamén