Diferenzas entre revisións de «Pérgola»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (5)
m (Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (5))
[[Ficheiro:Laubo-koridoro en Castrelos, Vigo.jpg|thumbminiatura|Pérgola con [[xasmín]]s e [[roseira]]s rubideiras nun camiño no [[Parque de Castrelos]] en [[Vigo]].]]
Unha '''pérgola''' é un [[elementos arquitectónicos de xardín|elemento arquitectónico propio de xardíns ou paseos]] que consiste nunha armazón formada por columnas que sosteñen trabes polas que ruben plantas, co fin de dar sombra e ornamental. En [[Lingua inglesa|inglés]] adoita denominarse coma ''arbour''<ref>Inclúense algúns termos en inglés pola importancia destes elementos na xardinaxe inglesa</ref>.
O termo relacionado '''emparrado''' (ou parra) só se refire á suxeición dunha [[videira]] cunha estrutura que normalmente non deixa de ser unha pérgola. Nalgúns vocábulos aparece como '''parreira'''<ref>http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=parreira&tipo_busca=lema</ref>.
[[Ficheiro:Settimo Vittone Tupiun.JPG|thumbminiatura|200px|Unha ladeira con [[socalco]]s cubertos con parras en [[Settimo Vittone]], [[Piemonte]].]]
== Descrición ==
A pérgola é un [[elemento arquitectónico]] e estrutural, conformado por un corredor flanqueado por columnas que soportan trabes lonxitudinais que unen as columnas de cada banda, e outras transversais, os cangos ou ripas, que unen ambas bandas e suxeitan un enreixado aberto ou enlatado, onde usualmente se desenvolven plantas rubideiras. O uso máis común é a protección de zonas de paso dunha zona axardinada, zonas de lecer, xantar etc. mais tamén poden formar parte dun edificio como protección de zonas peonís.
[[Ficheiro:1949 - Salzburg - Mirabellgarten.JPG|thumbminiatura|200px|Abeiro e sombra nun túnel verde, con materiais modernos, en Mirabellgarten, [[Salzburgo]].]]
 
A verba galega pérgola (en portugués tamén ''pérgula'') provén da palabra [[lingua italiana|italiana]] ''pergola'' e, á súa vez, esta procede da verba [[latín|latina]] ''pergula''. O termo en italiano xa era utilizado arredor de 1645 e en inglés usábase este termo en 1675. En galego é un vocábulo moderno, empregándose antigamente (e referido ás videiras) o termo emparrado ou parreira.
[[Ficheiro:Pavement with arbour - compressed.jpg|thumbminiatura|Pérgola metálica formada por piares cilíndricos e cangos planos como [[teito]]. As [[planta rubideira|plantas rubideiras]] ([[buganvílea]]s), aínda novas, co tempo han cubrir a estrutura e aumentarán a superficie de sombra. O chan poroso so a estrutura, tradicional en climas cálidos, permite a acumulación e posterior evaporación da auga refrescando o paseo.]]
 
As pérgolas poden ligar [[Pavillón (arquitectura)|pavillóns]], poden facer de [[marquesiña]]s nas portas dos edificios cara as zonas axardinadas como terrazas ou piscinas, e poden ser estruturas completamente autónomas que fornecen sombra e acubillo ao longo dun carreiro.
[[Ficheiro:Pérgola. Poste de ladrillo y viga de hormigón.jpg|thumbminiatura|Pérgola realizada en obra: con postes de tixolo árabe e trabes de formigón. Ten unicamente as trabes principais: aquelas que fican entre entre poste e poste. Unha estrutura de arames de aceiro dá soporte entre trabe e trabe á vexetación.]]
As pérgolas son elementos arquitectónicos de maior lonxevidade ca os ''túneles verdes'' dos xardíns da [[Alta Idade Media]] e principios da [[Renacencia]], que estaban a miúdo formados por gromos novos e flexíbeis de [[salgueiro]]s ou [[abeleira]]s unidos pola testa para formaren unha serie de arcos, sobre os que se tecían uns listóns lonxitudinais, onde se desenvolvían as plantas rubideiras para facer un paseo fresco, sombrizo e moderadamente seco.
 
393.002

edicións

Menú de navegación