Adán: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Home mediante HotCat |
m →top: Arranxos varios |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{atención|data=setembro de 2017|Revisión de ortografía, redacción, referencias - ver [[Wikipedia:A Taberna (xeral)#Revisión de artigos de Judcosta]]}} |
|||
[[Ficheiro:La creación de Adán.JPG|miniaturadaimagem|A creación de Adán segundo [[Michelangelo]]]] |
[[Ficheiro:La creación de Adán.JPG|miniaturadaimagem|A creación de Adán segundo [[Michelangelo]]]] |
||
'''Adán''' segundo o relato [[Biblia|bíblico]] foi a primeira persoa creada por [[Deus]], representando o primeiro ser humano no [[mito da creación]] das [[relixións abrahámicas]], aínda que as diferentes crenzas diferen no relato do seu comportamento e nas consecuencias que esas accións tiveron para a humanidade. para os xudeus e cristiáns [[Adán e Eva]] (a primeira muller) tiveron un nivel de responsabilidade diferentes mentres segundo o pensamento islámico a súa responsabilidade foi igual sendo Adán perdoado mentres que para o cristianismo a redención só aconteceu co sacrificio do fillo de Deus, [[Xesús Cristo]]. O islam e algunhas denominacións cristiás considérano o primeiro [[profeta]]. |
'''Adán''' segundo o relato [[Biblia|bíblico]] foi a primeira persoa creada por [[Deus]], representando o primeiro ser humano no [[mito da creación]] das [[relixións abrahámicas]], aínda que as diferentes crenzas diferen no relato do seu comportamento e nas consecuencias que esas accións tiveron para a humanidade. para os xudeus e cristiáns [[Adán e Eva]] (a primeira muller) tiveron un nivel de responsabilidade diferentes mentres segundo o pensamento islámico a súa responsabilidade foi igual sendo Adán perdoado mentres que para o cristianismo a redención só aconteceu co sacrificio do fillo de Deus, [[Xesús Cristo]]. O islam e algunhas denominacións cristiás considérano o primeiro [[profeta]]. |
Revisión como estaba o 26 de setembro de 2017 ás 08:34
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
Adán segundo o relato bíblico foi a primeira persoa creada por Deus, representando o primeiro ser humano no mito da creación das relixións abrahámicas, aínda que as diferentes crenzas diferen no relato do seu comportamento e nas consecuencias que esas accións tiveron para a humanidade. para os xudeus e cristiáns Adán e Eva (a primeira muller) tiveron un nivel de responsabilidade diferentes mentres segundo o pensamento islámico a súa responsabilidade foi igual sendo Adán perdoado mentres que para o cristianismo a redención só aconteceu co sacrificio do fillo de Deus, Xesús Cristo. O islam e algunhas denominacións cristiás considérano o primeiro profeta.
Creación
Segundo o libro da Xénese "Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva" (Xénese 2, 7) e estableceuno no xardín do Edén como o amo absoluto, coa única condición de non comer o froito da árbore do ben e do mal. Para que non estivese só, Deus formou os animais e Adán deulles nome pero ao home faltáballe unha axuda ao seu xeito, así que Deus adormeceuno e tiroulle unha costela, e dela formou unha muller, Eva.
Caída
Mais unha serpe convenceu a Eva que comer da árbore prohibida non levaría á morte, senón a que " que se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal" (Xénese 3:4), Eva come da árbore e dálle logo a Adán para que tamén comera. Ao se decatar Deus que perdera a inocencia por comer da árbore prohibida díxolle ao home "por culpa túa será maldita a terra: con traballos tirarás dela a túa mantenza mentres vivas" (Xénese 3, 17)... "comerás o pan coa túa suor, ata que volvas á terra da que fuches tirado. De feito ti es po e ao po tes que volver" (Xénese 3, 19). E expulsounos do Edén.
Vida posterior
Logo da súa expulsión, Adán tivo que traballar duro para comer por vez primeira. Segundo o Libro da Xénese tivo tres nenos, Caín, Abel e Xet e consonte a xenealoxía da Xénese morreu á idade de 930 anos.
Tradicións relixiosas
Xudaísmo
Nos escritos rabínicos e nos rolos do Mar Morto, Adán foi creado na forma dun home con atributos fantásticos e gloriosos, mais perdeu todos eses atributos ao ser expulsado do Edén.[1] Segundo unha crenza tradicional xudía soterrouse na Tumba dos Patriarcas en Hebrón; segundo outra, que gañou máis forza durante a Idade Media, cando o estudo da cábala tornouse ben prestixioso, Adán tivo unha primeira muller, identificada polo nome Lilit, que Deus creou á vez ca el.[2]
Cristianismo
Segundo Agostiño de Hipona o pecado orixinal de Adán e Eva foi un acto de necidade seguido de orgullo e desobediencia a Deus. A árbore era o símbolo da orde da creación, polo que se fallou no recoñecemento e respecto ao mundo tal como o creara Deus, coa súa xerarquía, pero eles non caerían se Satán, representado pola serpe, non introducise neles a raíz do demo. A súa natureza alterouse cola concupiscencia ou libido, que afectou á intelixencia, á vontade, os afectos e os desexos, incluído a aparición do desexo sexual.
Islamismo
Segundo o islam, Adán construíu o primeiro altar a Deus, e uns dous mil anos despois o seu descendente Abraham, coa axuda do seu fillo Ismael, reconstruíuno, coñecéndose hoxe en día como a Kaaba, situada na Meca, a mesquita máis importante do islam.