Motín de Aranjuez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:1808 mediante HotCat
→‎Causas: engado imaxes
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Caída y prisión del Príncipe de la Paz.JPG|miniatura|300px|''Caída e prisión do [[Manuel Godoy|Príncipe da Paz]]''. (c. 1814). Gravado de Francisco de Paula Martí, dun debuxo de Zacarías Velázquez que reflicte o día 19 de marzo de 1808 na cidade de [[Aranjuez]].]]
[[Ficheiro:Caída y prisión del Príncipe de la Paz.JPG|miniatura|300px|''Caída e prisión do [[Manuel Godoy|Príncipe da Paz]]''. (c. 1814). Gravado de Francisco de Paula Martí, dun debuxo de Zacarías Velázquez que reflicte o día 19 de marzo de 1808 na cidade de [[Aranjuez]].]]


O '''Motín de Aranjuez''' foi un levantamento ocorrido entre o [[17 de marzo|17]] e o [[19 de marzo]] de [[1808]] nas rúas da localidade [[Madrid|madrileña]] de [[Aranjuez]], contra o goberno de [[Manuel Godoy]].
O '''Motín de Aranjuez''' foi un levantamento ocorrido entre o [[17 de marzo|17]] e o [[19 de marzo]] de [[1808]] nas rúas da localidade [[Madrid|madrileña]] de [[Aranjuez]], contra o goberno de [[Manuel Godoy]], secretario de estado de [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e que estivo apoiado polo [[Príncipe de Asturias]], futuro [[Fernando VII]].


== Causas ==
== Causas ==
As causas deste levantamento foron varias, entre elas as consecuencias da derrota de [[batalla de Trafalgar|Trafalgar]], que recaeu fundamentalmente nas clases baixas. Pero a iso hai que sumar o descontento da [[nobreza]] co goberno de [[Manuel Godoy]], a impaciencia do [[príncipe de Asturias]] (o futuro [[Fernando VII]]) por reinar, a acción dos axentes de [[Napoleón]], as intrigas da [[Palacio|Corte]] —onde se creara un núcleo opositor en torno ao príncipe de Asturias, formado por [[aristocracia|aristócratas]] receosos do poder de Godoy, e escandalizados polas supuestas relacións deste coa raíña [[María Luísa de Parma]]—, así como o temor do [[clero]] ás medidas [[Desamortización de Godoy|desamortizadoras]] de Godoy.
As causas deste levantamento foron varias, entre elas as consecuencias da derrota de [[batalla de Trafalgar|Trafalgar]], que recaeu fundamentalmente nas clases baixas. Pero a iso hai que sumar o descontento da [[nobreza]] co goberno de Manuel Godoy, a impaciencia do príncipe de Asturias (o futuro Fernando VII) por reinar, a acción dos axentes de [[Napoleón]], as intrigas da [[Palacio|Corte]] —onde se creara un núcleo opositor en torno ao príncipe de Asturias, formado por [[aristocracia|aristócratas]] receosos do poder de Godoy, e escandalizados polas supostas relacións deste coa raíña [[María Luísa de Parma]]—, así como o temor do [[clero]] ás medidas [[Desamortización de Godoy|desamortizadoras]] de Godoy.


A presenza de tropas francesas en España, en virtude do [[Tratado de Fontainebleau]], íase facendo cada día máis ameazante a medida que ían ocupando (sen ningún respaldo do tratado) diversas localidades españolas ([[Burgos]], [[Salamanca]], [[Pamplona]], [[Donostia|San Sebastián]], [[Barcelona]] ou [[Figueres]]). O total de soldados franceses acantoados en España ascendía a uns 65.000, que controlaban no só as comunicacións con [[Portugal]] (o que si estaba estipulado no tratado), senón tamén con [[Madrid]], así como coa fronteira francesa.
A presenza de tropas francesas en España, en virtude do [[Tratado de Fontainebleau]], íase facendo cada día máis ameazante a medida que ían ocupando (sen ningún respaldo do tratado) diversas localidades españolas ([[Burgos]], [[Salamanca]], [[Pamplona]], [[Donostia|San Sebastián]], [[Barcelona]] ou [[Figueres]]). O total de soldados franceses acantoados en España ascendía a uns 65.000, que controlaban no só as comunicacións con [[Portugal]] (o que si estaba estipulado no tratado), senón tamén con [[Madrid]], así como coa fronteira francesa.


Esta situación terminou por alarmar tamén a Godoy. En marzo de [[1808]], temendo o peor, a familia real retirouse a Aranjuez para, en caso de necesidade, seguir camiño cara o sur, cara a [[Sevilla]], e embarcar alí para [[América]], como xa fixera a familia real portuguesa (incluíndo o príncipe [[Xoán VI de Portugal|Xoán María]], futuro rei [[Xoán VI de Portugal|Xoán IV]], e a súa esposa a [[infante de España|infanta]] [[Xosefina Carlota de Borbón|Xosefina Carlota]], irmá maior do rei [[Carlos IV de España]]).
Esta situación terminou por alarmar tamén a Godoy. En marzo de [[1808]], temendo o peor, a familia real retirouse a Aranjuez para, en caso de necesidade, seguir camiño cara o sur, cara a [[Sevilla]], e embarcar alí para [[América]], como xa fixera a familia real portuguesa (incluíndo o príncipe [[Xoán VI de Portugal|Xoán María]], futuro rei [[Xoán VI de Portugal|Xoán IV]], e a súa esposa a [[infante de España|infanta]] [[Xosefina Carlota de Borbón|Xosefina Carlota]], irmá maior do rei Carlos IV de España).


== O motín ==
== O motín ==
[[Ficheiro:Godoy, preso. Motín de Aranjuez. Ilustración de "El 19 de marzo y el 2 de mayo" de Galdós.jpg|miniatura|Apresamento de Godoy. Ilustración de 1882, dos Episodios Nacionales de Galdós.]]
O [[17 de marzo]] de [[1808]], tras correr polas rúas de Aranjuez o rumor da viaxe dos reis, unha pequena multitude (composta por empregados dos nobres, posto que ao ser un Real Sitio e non unha vila, Aranjuez non tiña daquela unha poboación vilega que puidese alzarse por si soa), dirixida por membros do partido fernandino —nobres partidarios do príncipe de Asturias—, reuniuse fronte ao [[Palacio Real de Aranjuez|Palacio Real]] e asaltou o palacio de Godoy, queimando aqueles aparellos que non foron directamente saqueados. O día 19, pola mañana, Godoy foi sorprendido agochado entre alfombras do seu palacio e trasladado até o Cuartel de Guardas de Corps, no medio dunha chuvia de golpes.
O [[17 de marzo]] de [[1808]], tras correr polas rúas de Aranjuez o rumor da viaxe dos reis, unha pequena multitude (composta por empregados dos nobres, posto que ao ser un Real Sitio e non unha vila, Aranjuez non tiña daquela unha poboación vilega que puidese alzarse por si soa), dirixida por membros do partido fernandino —nobres partidarios do príncipe de Asturias—, reuniuse fronte ao [[Palacio Real de Aranjuez|Palacio Real]] e asaltou o palacio de Godoy, queimando aqueles aparellos que non foron directamente saqueados. O día 19, pola mañá, Godoy foi sorprendido agochado entre alfombras do seu palacio e trasladado até o Cuartel de Guardas de Corps, no medio dunha chuvia de golpes.


Ante esta situación, e co temor dun [[linchamento]], interveu o príncipe Fernando, verdadeiro dono da situación, conseguindo que o seu pai [[Abdicación|abdicase]] nel no mediodía desa mesma data, converténdose así en [[Fernando VII]].
Ante esta situación, e co temor dun [[linchamento]], interveu o príncipe Fernando, verdadeiro dono da situación, conseguindo que o seu pai [[Abdicación|abdicase]] nel no mediodía desa mesma data, converténdose así en Fernando VII.


Os acontecementos de Aranjuez foron os primeiros sinais da agonía do [[Antigo Réxime]] en España. O pobo fora manipulado pero, en calquera caso, a súa intervención foi decisiva, posto que non só conseguiu a renuncia dun ministro odiado (xa ocorrera no [[motín de Esquilache]], en [[1766]]), senón tamén a renuncia dun soberano e o acceso ao trono dun novo rei, lexitimado pola vontade popular.
Os acontecementos de Aranjuez foron os primeiros sinais da agonía do [[Antigo Réxime]] en España. O pobo fora manipulado pero, en calquera caso, a súa intervención foi decisiva, posto que non só conseguiu a renuncia dun ministro odiado (xa ocorrera no [[motín de Esquilache]], en [[1766]]), senón tamén a renuncia dun soberano e o acceso ao trono dun novo rei, lexitimado pola vontade popular.


Por outra banda, provocaría a vindeira guerra da Independencia pois Carlos IV acabou escribindo a Napoleón pedindo protección e axuda (para "''porse nos brazos dun gran monarca, aliado seu''") para recuperar o trono usurpado polo seu fillo. Esta situación amosou a Napoleón a debilidade e enfrontamento na monarquía española e decidiuno a invadir definitivamente España para controlar os recursos americanos.
Pero caro foi o prezo pagado: o sangue da [[Guerra da Independencia española|guerra da Independencia]] e un posterior reinado de Fernando VII nefasto e que acabaría na [[primeira guerra carlista]].


== Perspectiva da época ==
== Perspectiva da época ==
Liña 24: Liña 25:


== Festa popular ==
== Festa popular ==
[[Ficheiro:MotíndeAranjuez2(2006).JPG|miniatura|Representación do Motín (2006).]]
Estes feitos conmemóranse todos os anos nas Festas de [[Aranjuez]] ou do Motín, que teñen lugar na primeira semana de setembro, coincidiendo coa feira local.<ref>[http://www.arannet.com/aranjuez/motin.htm Información en arannet.com]</ref>
Estes feitos conmemóranse todos os anos nas Festas de [[Aranjuez]] ou do Motín, que teñen lugar na primeira semana de setembro, coincidiendo coa feira local.<ref>[http://www.arannet.com/aranjuez/motin.htm Información en arannet.com]</ref> En 1990, conseguiron a declaración de Interese Turístico Nacional. O acto central é a representación do motín nos mesmos lugares nos que se produciron os feitos e os veciños, ambientados con roupas de época, intrepretan un guión baseado nos [[Episodios Nacionales|''Episodios Nacionales'']] de [[Benito Pérez Galdós]].


== Notas ==
== Notas ==
Liña 30: Liña 32:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Mutiny of Aranjuez}}
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* Calvo Maturana, Antonio Juan (2012): ''La revolución de los españoles en Aranjuez: el mito del 19 de marzo hasta la Constitución de Cádiz''. Madrid: Universidad Complutense de Madrid. Cuadernos de Historia Moderna. Anejos. Número 11. [http://revistas.ucm.es/index.php/CHMO/article/download/40687/39009 PDF]
* Calvo Maturana, Antonio Juan (2012): ''La revolución de los españoles en Aranjuez: el mito del 19 de marzo hasta la Constitución de Cádiz''. Madrid: Universidad Complutense de Madrid. Cuadernos de Historia Moderna. Anejos. Número 11. [http://revistas.ucm.es/index.php/CHMO/article/download/40687/39009 PDF]
Liña 40: Liña 43:
* [[Abdicacións de Baiona]]
* [[Abdicacións de Baiona]]


{{commonscat|Mutiny of Aranjuez}}


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2017 ás 19:53

Caída e prisión do Príncipe da Paz. (c. 1814). Gravado de Francisco de Paula Martí, dun debuxo de Zacarías Velázquez que reflicte o día 19 de marzo de 1808 na cidade de Aranjuez.

O Motín de Aranjuez foi un levantamento ocorrido entre o 17 e o 19 de marzo de 1808 nas rúas da localidade madrileña de Aranjuez, contra o goberno de Manuel Godoy, secretario de estado de Carlos IV e que estivo apoiado polo Príncipe de Asturias, futuro Fernando VII.

Causas

As causas deste levantamento foron varias, entre elas as consecuencias da derrota de Trafalgar, que recaeu fundamentalmente nas clases baixas. Pero a iso hai que sumar o descontento da nobreza co goberno de Manuel Godoy, a impaciencia do príncipe de Asturias (o futuro Fernando VII) por reinar, a acción dos axentes de Napoleón, as intrigas da Corte —onde se creara un núcleo opositor en torno ao príncipe de Asturias, formado por aristócratas receosos do poder de Godoy, e escandalizados polas supostas relacións deste coa raíña María Luísa de Parma—, así como o temor do clero ás medidas desamortizadoras de Godoy.

A presenza de tropas francesas en España, en virtude do Tratado de Fontainebleau, íase facendo cada día máis ameazante a medida que ían ocupando (sen ningún respaldo do tratado) diversas localidades españolas (Burgos, Salamanca, Pamplona, San Sebastián, Barcelona ou Figueres). O total de soldados franceses acantoados en España ascendía a uns 65.000, que controlaban no só as comunicacións con Portugal (o que si estaba estipulado no tratado), senón tamén con Madrid, así como coa fronteira francesa.

Esta situación terminou por alarmar tamén a Godoy. En marzo de 1808, temendo o peor, a familia real retirouse a Aranjuez para, en caso de necesidade, seguir camiño cara o sur, cara a Sevilla, e embarcar alí para América, como xa fixera a familia real portuguesa (incluíndo o príncipe Xoán María, futuro rei Xoán IV, e a súa esposa a infanta Xosefina Carlota, irmá maior do rei Carlos IV de España).

O motín

Apresamento de Godoy. Ilustración de 1882, dos Episodios Nacionales de Galdós.

O 17 de marzo de 1808, tras correr polas rúas de Aranjuez o rumor da viaxe dos reis, unha pequena multitude (composta por empregados dos nobres, posto que ao ser un Real Sitio e non unha vila, Aranjuez non tiña daquela unha poboación vilega que puidese alzarse por si soa), dirixida por membros do partido fernandino —nobres partidarios do príncipe de Asturias—, reuniuse fronte ao Palacio Real e asaltou o palacio de Godoy, queimando aqueles aparellos que non foron directamente saqueados. O día 19, pola mañá, Godoy foi sorprendido agochado entre alfombras do seu palacio e trasladado até o Cuartel de Guardas de Corps, no medio dunha chuvia de golpes.

Ante esta situación, e co temor dun linchamento, interveu o príncipe Fernando, verdadeiro dono da situación, conseguindo que o seu pai abdicase nel no mediodía desa mesma data, converténdose así en Fernando VII.

Os acontecementos de Aranjuez foron os primeiros sinais da agonía do Antigo Réxime en España. O pobo fora manipulado pero, en calquera caso, a súa intervención foi decisiva, posto que non só conseguiu a renuncia dun ministro odiado (xa ocorrera no motín de Esquilache, en 1766), senón tamén a renuncia dun soberano e o acceso ao trono dun novo rei, lexitimado pola vontade popular.

Por outra banda, provocaría a vindeira guerra da Independencia pois Carlos IV acabou escribindo a Napoleón pedindo protección e axuda (para "porse nos brazos dun gran monarca, aliado seu") para recuperar o trono usurpado polo seu fillo. Esta situación amosou a Napoleón a debilidade e enfrontamento na monarquía española e decidiuno a invadir definitivamente España para controlar os recursos americanos.

Perspectiva da época

Os contemporáneos mitificaron o suceso, situando o 19 de marzo, que simbolizaba a caída do deostado Godoy, como punto de partida da «Revolución Española».[1]

Festa popular

Representación do Motín (2006).

Estes feitos conmemóranse todos os anos nas Festas de Aranjuez ou do Motín, que teñen lugar na primeira semana de setembro, coincidiendo coa feira local.[2] En 1990, conseguiron a declaración de Interese Turístico Nacional. O acto central é a representación do motín nos mesmos lugares nos que se produciron os feitos e os veciños, ambientados con roupas de época, intrepretan un guión baseado nos Episodios Nacionales de Benito Pérez Galdós.

Notas

  1. Calvo Maturana (2012), pp. 146-147.
  2. Información en arannet.com

Véxase tamén

Bibliografía

  • Calvo Maturana, Antonio Juan (2012): La revolución de los españoles en Aranjuez: el mito del 19 de marzo hasta la Constitución de Cádiz. Madrid: Universidad Complutense de Madrid. Cuadernos de Historia Moderna. Anejos. Número 11. PDF
  • Godoy, Manuel (2010): Cuenta Dada De Su Vida Política Por Don Manuel Godoy, Príncipe De La Paz: Ó Sean Memorias Críticas Y Apolgeticas Para La Historia Del Reinado Del Señor D. Carlos IV De Borbon.... Charleston, North Carolina (USA): Nabu Press. ISBN 978-1-142-30510-9.
  • Ortiz Córdoba, Ángel (1992): Aldea, sitio, pueblo: Aranjuez 1750-1841. Aranjuez (Madrid): Ediciones Doce Calles. ISBN 978-84-87111-27-3. En particular: "Capítulo XII: El Motín. La revolución de Aranjuez (pp. 169 - 212)".
  • Ortiz Córdoba, Ángel (2008): Amados vasallos míos. Los hombres del Motín. Aranjuez (Madrid): Ediciones Doce Calles. ISBN 978-84-9744-069-1.
  • Pérez Galdós, Benito (2008): La corte de Carlos IV / El 19 de marzo y el 2 de mayo. Novela histórica. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-6260-2. Trátase dos números 2 e 3 da Primeira Serie dos Episodios Nacionales reunidos nun só volume.

Outros artigos