Robustiano Fernández Cochón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:

== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Campaña do Seminario de Estudos Galegos para o estudo das Terras de Deza. Foto tomada diante da casa de Ramón María Aller, Lalín, xuño de 1934.jpg|miniatura|300px|[[Seminario de Estudos Galegos|SEG]] en 1934: Entre outros: [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]], [[Antón Iglesias Vilarelle|Iglesias Vilarelle]], [[Isidro Parga Pondal|Parga Pondal]], [[Manuel Ferreiro Panadeiro|Ferreiro Panadeiro]], [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Fernández Osorio]], [[Robustiano Fernández Cochón|Fernández Cochón]], [[Vicente Risco]], [[Sebastián González García-Paz|González García-Paz]], [[Antonio Taboada Roca|Antón Taboada Roca]], [[Paulino Pedret]], [[Xesús Carro]], [[Antón Fraguas]], [[Xohán Ledo]], [[Xaime Isla Couto|Isla Couto]], [[Florentino López Cuevillas|López Cuevillas]] e [[Anxelo Ramos Colemán|Ramos Colemán]]]]
Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra (1918-1924). Comezou os estudos superiores na Universidade de Madrid (1924-1926), e rematounos na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en 1927. Asentouse en Lérez cara 1926. Colaborou co [[Seminario de Estudos Galegos]] nas súas xeiras realizando debuxos dos monumentos máis representativos. En [[1935]] ofreceuse ao concello de [[Meis]] para facer de balde o proxecto dos Grupos Escolares, realizou o proxecto do Bar-Salón de té da [[praia de Compostela]] de [[Vilagarcía de Arousa]] e en [[1936]] realizou o dos Grupos Escolares de [[Portas]]. No franquismo foi arquitecto da [[Deputación de Pontevedra]]. Formou parte da Xunta Directiva do Pontevedra C.F., do que foi vocal en 1947 e ao que axudou con achegas económicas. Participou na Comisión das Festas Patronais, na Delegación de Cultura, en 1945 e 1947. En 1945 foi vicepresidente do Liceo Casino de Pontevedra e en 1946 o seu Presidente.

Revisión como estaba o 24 de setembro de 2017 ás 14:16

Robustiano Fernández Cochón, coñecido como Tano, nado en Nogueira (Meis) o 8 de outubro de 1907 e finado en Pontevedra o 31 de xaneiro de 1956, foi un arquitecto galego.

Traxectoria

SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, López Cuevillas e Ramos Colemán

Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra (1918-1924). Comezou os estudos superiores na Universidade de Madrid (1924-1926), e rematounos na Universidade de Santiago de Compostela en 1927. Asentouse en Lérez cara 1926. Colaborou co Seminario de Estudos Galegos nas súas xeiras realizando debuxos dos monumentos máis representativos. En 1935 ofreceuse ao concello de Meis para facer de balde o proxecto dos Grupos Escolares, realizou o proxecto do Bar-Salón de té da praia de Compostela de Vilagarcía de Arousa e en 1936 realizou o dos Grupos Escolares de Portas. No franquismo foi arquitecto da Deputación de Pontevedra. Formou parte da Xunta Directiva do Pontevedra C.F., do que foi vocal en 1947 e ao que axudou con achegas económicas. Participou na Comisión das Festas Patronais, na Delegación de Cultura, en 1945 e 1947. En 1945 foi vicepresidente do Liceo Casino de Pontevedra e en 1946 o seu Presidente.

Os seus proxectos máis importantes foron o bosquexo do Cine Malvar de Pontevedra, formando parte dun edificio de vivendas (1943) e o Instituto Provincial de Hixiene (1945). E entre as súas obras están o anexo ao edificio de Caixanova en Pontevedra e o Templo Novo de Marín, ambas de 1956. Outras obras menores son os pasadizos en arcos para unir varias casas no Museo de Pontevedra (1943) e a escalinata de ermida dos Miragres de Amil (1948-1952).

Recoñecementos

O Concello de Pontevedra dedicoulle en 1962 unha rúa en Lérez, lugar onde residiu até o seu pasamento.

Véxase tamén

Ligazóns externas