Constanza de Sicilia (filla de Roxerio I de Sicilia): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos|Constanza de Sicilia (homónimos)}}
{{Outros homónimos|Constanza de Sicilia (homónimos)}}
[[Ficheiro:Blason sicile famille Hauteville.svg|miniatura|Brasón dos Hauteville.]]
[[Ficheiro:Coat of Arms of the House of Hauteville (according to Agostino Inveges).svg|miniatura|Brasón dos Hauteville.]]


'''Constanza de Sicilia''', tamén coñecida como '''Conatanza de Hauteville''', nada en [[1082]] e finada despois de [[1135]], foi unha [[nobre]] [[normandos|normanda]] que foi raíña consorte de [[Conrado de Italia]], [[rei dos Romanos]].
'''Constanza de Sicilia''', tamén coñecida como '''Conatanza de Hauteville''', nada en [[1082]] e finada despois de [[1135]], foi unha [[nobre]] [[normandos|normanda]] que foi raíña consorte de [[Conrado de Italia]], [[rei dos Romanos]].

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2017 ás 14:03

Brasón dos Hauteville.

Constanza de Sicilia, tamén coñecida como Conatanza de Hauteville, nada en 1082 e finada despois de 1135, foi unha nobre normanda que foi raíña consorte de Conrado de Italia, rei dos Romanos.

Era filla do Gran Conde de Sicilia Roger I e de Eremburga de Mortain, e irmá de Malxerio de Hateteville, conde de Troina, e media irmá maior, por parte do pai, do rei Roger II de Sicilia.

Traxectoria

Matrimonio

En 1095, Costanza casou con Conrado de Italia, fillo e herdeiro do emperador Henrique IV e da súa primeira esposa Berta de Savoia. O matrimonio foi promovido polo papa Urbano II que, nese tempo, buscaba unha alianza co conde de Sicilia. Esta unión non tivo fillos.

O seu marido foi rei corexente de Alemaña de 1087 a 1098 e rei corexente de Italia de 1093 a 1098. No conflito entre Herique IV e Urbano II, Conrado aliouse c o papa en contra do seu propio pai. Pouco despois do Concilio de Piacenza, Conrado xurou lealdade a Urbano II en Caemona e serviu como palafreneiro pontificio, guiando o cabalo do papa como signo de humildade.

Deposición

En abril de 1098, despois de tres anos de conflitos co seu fillo, Henrique IV reaccionou retractándose das súas posicións diante do Parlamento imperial, o Reichstag ou Dieta Imperal, en Maguncia, depoñendo a Conrado e designando ao seu fillo menor Henrique V como su sucesor.

Despois da súa deposición, Conrado II xa non tiña case ningunha influencia na política italiana. O seu máis importante aliado, Urbano II, morreu o 29 de xullo de 1099 e, con el, desapareceu a esperanza da súa restauración.

Conrado faleceu o 27 de xullo de 1101. Constanza nunca volveu a casar, e pasou os anos seguientes, até a súa morte despois de 1135, en relativa escuridade.

Predecesor:
Berta de Savoia
Raíña consorte dos Romanos
1095 - 1098
Sucesor:
Matilde de Inglaterra
Predecesor:
Berta de Savoia
Emperatriz consorte do Sacro Imperio

1095 - 1098
Sucesor:
Matilde de Inglaterra

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas