Simón de Sicilia: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios |
mSen resumo de edición |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
|pai = [[Roger I de Sicilia]] |
|pai = [[Roger I de Sicilia]] |
||
|nai = [[Adelaida del Vasto]] |
|nai = [[Adelaida del Vasto]] |
||
|escudo = |
|escudo = Coat of Arms of the House of Hauteville (according to Agostino Inveges).svg |
||
|lema = <small>Escudo da familia Hauteville</small> |
|lema = <small>Escudo da familia Hauteville</small> |
||
|reinado = [[1101]] - [[1105]] |
|reinado = [[1101]] - [[1105]] |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
{{Sucesión |
{{Sucesión |
||
| predecesor = [[Roger I de Sicilia|Roger I]] |
| predecesor = [[Roger I de Sicilia|Roger I]] |
||
| título = |
| título = [[Reino de Sicilia|Conde de Sicilia]] |
||
| período = [[1101]]–[[1105]] |
| período = [[1101]]–[[1105]] |
||
| sucesor = [[Roger II de Sicilia|Roger II]] |
| sucesor = [[Roger II de Sicilia|Roger II]] |
Revisión como estaba o 23 de setembro de 2017 ás 13:56
Simón de Sicilia | |
---|---|
Conde de Sicilia | |
Reinado | 1101 - 1105 |
Nacemento | 1093 Palermo |
Falecemento | 28 de setembro de 1105 Mileto, Italia |
Predecesor | Roger I de Sicilia |
Sucesor | Roger II de Sicilia |
Casa real | Casa de Hauteville |
Proxenitores | Roger I de Sicilia Adelaida del Vasto |
Escudo da familia Hauteville | |
Na rede | |
Simón de Sicilia, tamén coñecido como Simón de Hauteville (en italiano Simone D'Altavilla), nado en Palermo en 1093 e finado en Mileto, Italia o 28 de setembro de 1105, foi o fillo maior e sucesor de Roger I de Sicilia, primeiro conde de Sicilia, e da súa terceira esposa Adelaida del Vasto.
Traxectoria
Tiña soamente 8 anos cando seu pai faleceu e el herdou o Condado, manténdose durante o seu breve mandato baixo a rexencia da súa nai. Á súa morte (cando contaba tan só con 12 anos de idade) en Mileto,[1] onde foi sepultado na abadía da Santísima Trindade, foi sucedido polo seu irmán Roger II de Sicilia, baixo a rexencia da súa nai Adelaida até 1112.
Roger, anos máis tarde, converteríase no primeiro rei de Sicilia, cando en 1130 foi investido polo antipapa Anacleto II.[2]
O cronista Alessandro Telesino relata un incidente que tivo lugar durante a infancia de Simón e o seu irmán Roger:
Á maneira que adoitan facer os nenos, estaban xogando a un xogo de moedas e acabaron pelexando. Cando loitaron, cada un cun grupo de rapaces que reuniran, o máis novo, Roger, foi o vencedor. Como resultado, burlouse de seu irmán Simón dicindo: «sería moito mellor que eu tivera o honor de gobernar triunfante despois da morte do noso pai en vez de ti. Cando logre facer iso farei de ti un bispo ou incluso o papa de Roma, onde estarás moito mellor».[3]
4. Tancredo de Hauteville | ||||||||||||||||
2. Roger I de Sicilia | ||||||||||||||||
5. Fredesina | ||||||||||||||||
1. Simón de Sicilia | ||||||||||||||||
6. Manfredo del Vasto | ||||||||||||||||
3. Adelaida del Vasto | ||||||||||||||||
Predecesor: Roger I |
Conde de Sicilia 1101–1105 |
Sucesor: Roger II |
Notas
- ↑ Aubé, Pierre 2001, p. 95.
- ↑ Curtis, Edmund 1912, p. . 101.
- ↑ Do único manuscrito existente (Barcelona, Biblioteca Central, cod. 996), unha copia escrita en Monte Cassino ao redor de 1330 e levada a España no tempo do dominio aragonés polo historiuador Jerónimo Zurita y Castro.
Véxase tamén
Bibliografía
- Aubé, Pierre (2001): Roger II de Sicilie. París: Payot & Rivages. ISBN 2-2288-9414-1.
- Chalandon, Ferdinand (1907): Histoire de la domination normande en Italie et en Sicile. Paris: Librairie Alphose Picard et Fils.
- Curtis, Edmund (1912): Roger II, King of Sicily. New York & London; G. P. Putnam's Sons.
- Houben, Hubert (2002): Roger II of Sicily. Cambridge (UK): Cambridge University Press. ISBN 0-5216-5573-0.
- Norwich, John Julius (1967): The Normans in the South (1016-1130). London: Longmans. ISBN 0-9073-8700-4.
- Norwich, John Julius (1970): The Kingdom in the Sun (1130-1194). London: Longmans. ISBN 0-5821-2735-1.
- Telese Alessandro di (1991): Ystoria Rogerii regis Sicilie, Calabrie atque Apulie. Roma: Istituto storico italiano per il Medio Evo. Col. Fonti per la storia d'Italia, nº 112. Ed. de Ludovica De Nava e Dione Clementi. (Texto orixinal en latín, con tradución ao italiano e comentarikos en inglés).