Francisco Franco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xelo2004 (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición de 80.25.121.159 (disc.), cambiado á última versión feita por Loveless
Liña 105: Liña 105:
==A Ditadura==
==A Ditadura==
[[Image:Franco0001.PNG|250px|thumb|Francisco Franco]]
[[Image:Franco0001.PNG|250px|thumb|Francisco Franco]]
En [[1947]], un fraudulento referendo nacional ratificouno na xefatura vitalicia do Estado. O goberno de Franco caracterizouse pola instauración dun verdadeiro réxime, de tipo autoritario e pragmático. Só se permitía "[[sindicatos verticais]]" (que unían a patróns e obreiros), e un único partido, [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS]], constituído por fusión da [[Falange Española]] e o carlismo e as [[Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista]] (JONS), que se uniran a Falange antes da guerra. Así, o réxime estaba fundamentado nun ideario de ultradereita, de confesión católica, baseado nunha economía capitalista que integraba proxectos sociais, como a [[Seguridade Social]], sistema sanitario público que se desenrolou amplamente durante a dictadura.
En [[1947]], un fraudulento referendo nacional ratificouno na xefatura vitalicia do Estado. O goberno de Franco caracterizouse pola instauración dun verdadeiro réxime, de tipo autoritario e pragmático. Só se permitía "[[sindicatos verticais]]" (que unían a patróns e obreiros), e un único partido, [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS]], constituído por fusión da [[Falange Española]] e o carlismo e as [[Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista]] (JONS), que se uniran a Falange antes da guerra. Así, o réxime estaba fundamentado nun ideario de ultradereita, de confesión católica, baseado nunha economía capitalista que integraba proxectos sociais, como a [[Seguridade Social]], sistema sanitario público que se desenrolou amplamente durante a dictadura. Ao igual que se fixo na [[Alemania]] nazi, debido a situación de confesionalidade católica, Franco tratou de estorbar e en algúns casos eliminar toda actividade de calquera confesión relixiosa que molestara ao clero católico.

Ao comezar en [[Europa]] a [[Segunda Guerra Mundial]], Franco mostrouse partidario da vitoria de [[Hitler]]] e [[Mussolini]], mais rexeitou entrar na loita a pesar das presións que recibiu nese sentido polo feito de que os dous dictadores europeos o apoiaran durante a [[Guerra Civil]]. Permitiu, sen embargo, que voluntarios españois ([[División Azul]]) partisen para apoiar as potencias do Eixo no fronte ruso. Do mesmo xeito, existiu unha amplia tolerancia ante a actuación dos axentes do Eixo, principalmente alemáns, en [[España]]. Por todo iso [[España]] quedou situada máis na non belixerancia ca na neutralidade.
Ao comezar en [[Europa]] a [[Segunda Guerra Mundial]], Franco mostrouse partidario da vitoria de [[Hitler]]] e [[Mussolini]], mais rexeitou entrar na loita a pesar das presións que recibiu nese sentido polo feito de que os dous dictadores europeos o apoiaran durante a [[Guerra Civil]]. Permitiu, sen embargo, que voluntarios españois ([[División Azul]]) partisen para apoiar as potencias do Eixo no fronte ruso. Do mesmo xeito, existiu unha amplia tolerancia ante a actuación dos axentes do Eixo, principalmente alemáns, en [[España]]. Por todo iso [[España]] quedou situada máis na non belixerancia ca na neutralidade.



Revisión como estaba o 23 de agosto de 2007 ás 20:37

Infotaula de personaFrancisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco y Bahamonde Salgado Pardo
Nome orixinal(es) Francisco Franco Bahamonde Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco Bahamonde Editar o valor em Wikidata
4 de decembro de 1892 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, A Coruña
Morte20 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Madrid
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGrave of Francisco Franco at Mingorrubio Cemetery (en) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Cargos
Xefe do Estado español dende 1939
Presidende de Goberno (1939 - 1973)
Datos persoais
ResidenciaPalacio Real de El Pardo (1939–1975)
Pazo de Meirás Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo (–1910) Editar o valor em Wikidata
Altura1,63 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMilitar e Político
Período de actividade1907 Editar o valor em Wikidata - 1975 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovemento Nacional
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForzas Armadas de España Editar o valor em Wikidata
Rango militargeneralíssimo (pt) Traducir (1936–) Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra do Rif, Folga xeral revolucionaria de 1934, guerra civil española e Guerra de Ifni (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Polo (1923–1975) Editar o valor em Wikidata
FillosCarmen Franco Polo Editar o valor em Wikidata
PaisNicolás Franco Salgado-Araújo Editar o valor em Wikidata  e Pilar Bahamonde Editar o valor em Wikidata
IrmánsPilar Franco, Nicolás Franco e Ramón Franco Editar o valor em Wikidata
ParentesRamona Polo Martínez-Valdés (en) Traducir (irmã da esposa (pt) Traducir)
Ramón Serrano Suñer (concunhado (pt) Traducir)
Francisco Franco Salgado-Araujo (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0290542 Discogs: 4082075 WikiTree: Franco-458 Find a Grave: 1552 Editar o valor em Wikidata

Francisco Franco Bahamonde (Ferrol, 4 de decembro de 1892 - Madrid, 20 de novembro de 1975); xeneral aos 34 anos, logo foi o xefe do Estado español que gobernou de forma ditatorial en España entre abril de 1939 e novembro de 1975 como consecuencia da Guerra Civil acontecida entre os anos 1936 e 1939 na que resultaría derrotado o lexítimo goberno democrático da Segunda República.

Presidiu o goberno do Estado español e logo a partir de 1947, fíxose de feito rexente do Reino en España ata a súa morte en 1975.

Biografía

Naceu como Francisco Paulino Hermenegildo Teódulo Franco y Bahamonde Salgado Pardo, en Ferrol (A Coruña) o 4 de decembro de 1892, na casa familiar da rúa María. Fillo do intendente da Armada, Nicolás Franco y Salgado Araújo e de Pilar Bahamonde Pardo de Andrade. É o segundo fillo dos cinco que tivo o matrimonio: Nicolás é o maior, vén a continuación Francisco, Pilar, Ramón e Paz, esta última falecida aos 5 anos de idade.

Os Franco-Bahamonde veñen dunha antiga familia de mariños, instalada en Ferrol desde o século XVIII, ocupan unha posición honorable na sociedade ferrolá de "boa" familia e onde poden pretender unha orixe nobre, tanto pola banda paterna como pola materna.

Un feito é que seu pai, Nicolás Franco, goza levando unha vida moi libertaria. Bebe, esquece a miúdo volver a casa e o eco das súas andadas chegan rapidamente a oídos de Pilar, que se conforta polo rezo e o amor de Deus. Canso, ou namorado doutra rapaza, non tarda en fuxir do digno ambiente e compasado fogar matrimonial, chegando a abandonar a familia. Isto sería probablemente unha das razóns polas cales as relacións de Francisco e o seu pai foron sempre moi frías.

Graduouse na academia militar de Toledo. Coa idade de 23 anos, por nomeamento do rei Afonso XIII, converteuse no comandante máis novo do Exército Español polo seu desempeño na guerra de Marrocos.

Converteuse en Xeneral de brigada no ano 1926 por méritos de guerra, sendo o máis novo de Europa con esa graduación.

Durante a Segunda República Española, en 1933, tras o triunfo da dereita nas eleccións, é ascendido a Xeneral de división.

En 1934, durante o período de goberno radical-cedista, como xefe de Estado Maior, dirixiu dende o ministerio da Guerra, cuxo ministro era Diego Hidalgo, as operacións para reprimir a insurrección obreira de Asturias.

Un rapaz de espada

O pequeno Francisco (Paquito) vai medrar neste ambiente social onde os seus primeiros anos non presentan nada de notable, nin de alegrías particulares; «eu nunca tiven unha infancia» dirá máis tarde O Caudillo. Naturalmente, prepárase para entrar na Armada, única perspectiva lóxica da súa educación puritana. El quer, como o seu pai, como o seus avós, ser mariño íntegro. Con esta intención ingresará no colexio do Sagrado Corazón, logo o da Mariña, que constitúe o primeiro paso cara a Escola Naval. Para a súa desilusión, o anuncio do desastre de 1898 da Flota española causada pola guerra de Cuba e Filipinas, baixo o mando dos almirantes Cervera e Montojo, chega á Península. As academias militares recrutan de novo, pero a Escola Naval non acepta polo momento máis alumnos. Francisco Franco non será pois mariño.

En 1907, ten 15 anos e entra na Escola militar de Toledo. Tres anos despois o 13 de xullo de 1910, obtén o numero 251 entre os 312 cadetes da sua promoción convertíndose en segundo tenente, é dicir, en alférez, sendo destinado aos poucos días para Ferrol no rexemento de Zamora, número 8. Pero a inacción non é o seu e, sobre todo, toma consciencia da súa ineficacia. Pensa que ser soldado é para ir alí onde está a liorta. Por iso, en sucesivas ocasións, reclama o seu destino en África (Marrocos). Sempre lle foi rexeitada a petición, tomando pretexto da súa idade. A través de obstinación, consegue finalmente ir o 24 de febreiro de 1912, en compaña do seu curmán Francisco Franco Salgado e do seu amigo Alonso Veiga. Ao fin, vai poder combater e recibe o bautismo de fogo en Haddou-Allal-ou-Kaddour, logo en xuño de 1912 ascende a Tenente normalmente por antigüidade, poderíase dicir.

O conflito no protectorado de Marrocos representa para el o lugar de todas as esperanzas. Alí pode probar e demostrar o seu valor, o que é palpable, romper unha existencia en resumo un pouco demasiado mate e regular para converterse nun heroe mecánico e tamén así promocionar rapidamente. A proba: en marzo de 1915 foi ascendido a Capitán aos 22 anos, sendo así o máis novo deste grao no Exército español, é condecorado por dúas veces da Cruz Vermella do Mérito Militar.

Pódeselle recoñecer certas calidades de home de guerra nestas operacións difíciles contra as tropas do Mizzian e, que máis é, parece invulnerable. Así pois, sobre os corenta e dous oficiais dos regulares de Melilla, só sete resultaron ilesos. Franco é un deles. Esta baraka (protección divina en árabe) ou sorte, non dura, posto que en Biutz, o 28 de xuño de 1915, é ferido seriamente no baixo ventre. Pero ten a pel dura; volve porse en pé, obtén polo seu valor dúas condecoracións: a Cruz de María Cristina e a do Sacrificio por la Patria, ao mesmo tempo que unha nova promoción: en febreiro de 1917 aos 23 anos, convértese no Comandante máis novo do Exército español. Iso obrígao tamén, despois de cinco anos de guerra, a volver de novo a Peninsula, máis exactamente, vai destinado a Oviedo, onde atopa á señorita Carmen Polo y Martínez Valdés, unha rapaciña de familia ben acomodada, coa que vai comprometerse como noivo, ela só ten quince anos.

Transcorre o tempo da Primeira Guerra Mundial, que segue cun interese evidente. Entre as escaramuzas de Marrocos e os grandes movementos de Verdun, Charleroi, a Marne, (Francia) hai un mundo e Franco é un apaixonado polo conflito. É tamén o tempo en que se intelectualiza, le obras de política, socioloxía, Historia, escribe algúns apuntes de guerra. Intenta tamén, sen éxito, entrar na Escola de Guerra.

Un problema máis urxente vai apartalo dos seus estudos, estratéxicos ou non: da noite para a mañá, España atópase o 13 de agosto de 1917 en estado de guerra, debido á decisión dos responsables da UGT e da CNT de decretar a folga xeral. En Asturias, e en particular en Oviedo, o movemento toma unha amplitude temible xa que os folguistas ameazan con apoderarse da cidade. Ė Franco [1], á cabeza das súas columnas, recibe a misión de restablecer a orde; esta é a primeira vez que debe enfrontar civís. Vai desempeñar esta función coa mesma frialdade, o co mesmo celo guerreiro como facía en Marrocos. Con kabylas ou rebeldes, apenas fai diferenza; recibiu a orde de opoñerse á desorde e realízaa custe o que custe.

O lexionario

En 1918, coñece ao Tenente Coronel José Millán Astray, na Escola central de infantería, un alto personaxe en cor, que vén de Marrocos onde estaba ao mando das tropas "regulares" e soña con volver á cabeza dun corpo militar copiado sobre a Lexión estranxeira francesa. Os dous homes, cuxos feitos de armas son famosos nos cuarteis, enténdese rapidamente. Todo parece achegalos e cando Millán Astray funda o Terzo, a Lexión, Franco acepta naturalmente para facer parte como o seu segundo e non dubida en aprazar a data do seu matrimonio.

É o principio dunha aventura extraordinaria, onde o comandantin, como lle chaman, ten a ocasión de probar as súas calidades. Resulta en particular un enxeñeiro e un arquitecto de primeira vista, atopando unha capa de auga suficiente para abastecer o campo en auga potable, construíndo barracóns, aloxamentos para os lexionarios, imaxinándose ata unha fortaleza militar modelo.

É Franco o que ten entre outras cousas a tarefa de vingar o honor do Exercito español despois do desastre de Annual, onde mais de 15000 soldados atoparon a morte. Cos xenerais, Sanjurjo e Cabanellas, retoman Batel e o Dar Drius, onde recibe a condecoración militar grazas ao seu valor no campo de batalla, a derrota precedente pode borrarse. O 8 de xuño de 1923, é nomeado Tenente coronel, sempre máis novo do Exército español, posto que ten apenas 30 anos, logo o 22 de outubro do mesmo ano, contrae por fin o matrimonio, acto que foi apadriñado polo rei Afonso XIII.

En febreiro de 1925, ascende a Coronel por méritos de guerra, logo de levar a cabo a retirada de Xauén. Ten soamente trinta e tres anos e segue sendo o máis novo dos oficiais do seu grado, soamente un ano máis tarde, xa é xeneral de brigada pola súa conduta na batalla de Alhucemas e por la tómaa da capital de Abd-El-Krim. A os trinta e catro anos: é o xeneral máis novo de Europa e na cima dos honores militares, é para el o final da campaña de Marrocos e tamén en pouco tempo despois a fin da guerra de Africa, xa que se lle chama a Madrid para encargarse de mandar a primeira brigada de infantería da 1eira división.

Xa falta pouco tempo para que se lle designe para dirixir a Escola militar de Zaragoza que o xeneral Miguel Primo de Rivera acaba de restabelecer. Franco ten pois a tarefa de recibir e formar os futuros oficiais de infantería, cabalería e enxeñaría, cun total de 215 en 1928. E ten xa plenos poderes. Ademais, ten así a ocasión de orientar o espírito militar dos novos cadetes para servir ao país. Ten a ocasión de facerse respectar, pero o xogo político non lle interesa por agora. É en Zaragoza que o ministro francés da Guerra, André Maginot, condecórao coa Lexión de honor e a do Mérito naval, pronto seguido da súa segunda Medalla militar imposta por Afonso XIII en persoa.

O 12 de decembro de 1930 ten lugar a sublevación de Jaca, preto de Huesca dirixida contra a Monarquía coa fin de proclamar a República; os capitáns republicanos Fermín Galán e Garcia Hernández póñense á fronte desta precipitada rebelión que resultará suicida. Serian fusilados dous dias máis tarde. Franco aínda é moi disciplinado, non responde á tentación; ten demasiado respecto ao Rei e ás institucións, como para tomar o risco de levantarse contra a autoridade.

Na República acatada

A Segunda República española como se sabe, se nos atemos aos feitos, foi declarada partindo do resultado dos votos nas eleccións municipais do 12 de abril 1931 que parodoxicamente plebiscitaba a Monarquía: 22 150 contra 5 755 membros dos partidos republicanos. A suma das cifras definitivas nunca foron publicadas oficialmente.

No entanto as grandes capitais de provincia obteñen unha maioría esmagadora de votos republicanos. Nas zonas rurais, en cambio, as listas monárquicas obtiñan suficientemente votos para garantirse unha maioría a nivel nacional.[2] Sen esquecer que precisamente nestas zonas os "caciques" eran bastante influentes como para manipular os resultados ou impedir o normal desenvolvemento destas eleccións.[3]

A República foi declarada en varias localidades; a primeira foi Eibar, no País Vasco. Na tarde do 14 de abril, enormes xentíos manifestáronse nunha explosión de alegría popular por as rúas de Madrid. Os membros do Goberno, consternados e impacientes, aconsellaron ao Rei que seguise o consello dos líderes republicanos e abandonar a capital "antes do amencer", para evitar así un derramamento de sangue. O ministro, Juan da la Cierva ( que fose Ministro do Interior na época da Semana tráxica de 1909), foi o único que lle incitou a non ceder a esa esixencia.

O enfrontamento no pobo correría o risco de estalar inmediatamente nunha guerra civi. Esta é a razón pola que, non sen vacilar, o rei fixo difundir esta declaración plena de dignidade:

«As eleccións do domingo demóstranme que xa non teño o amor do meu pobo. Podería moi facilmente atopar os medios de manter os meus poderes reais cara a e contra todos, pero me resigno a non facer nada que poida dividir aos meus compatriotas uns contra outros nunha guerra civil fratricida. Pois, xa que a nación se expresou, suspendo deliberadamente o uso das miñas Prerrogativas Reais».

Niceto Alcalá Zamora convértese no primeiro presidente da II República. Nen Franco nen o Exercito manifestan malestar. Os militares xa pronto estarian divididos, por unha banda o xeneral José Sanjurjo, que desempeñaba o cargo de director xeral da Garda Civil, non responde xa dela. Por outra banda expúlsase a monseñor Segura, primado de España. Manuel Azaña, chega ata a declarar: «España deixou de ser católica».

A nivel militar, desconfíase destes xenerais coñecidos pola súa fidelidade á Monarquía, ao Catolicismo, de bo grado descontentos e anti-masónicos. A Academia xeral militar de Zaragoza suprímese o 16 de xullo de 1931. Franco, que en catro anos formou a 720 oficiais, volve para Oviedo, logo A Coruña, en espera da nova asignación. Dise entón del que «proba unha honradez profesional» respecto a República. Logo de todo, representa o país legal. Ao servila, serve sobre todo España. Acatase de momento neste novo réxime malia todo con desconfianza. Pregúntase que como eses "intrusos" permítense expulsar o Rei, rexeitar a Relixión e aldraxar o Exercito. O xeneral espera que co tempo as cousas camben.

En canto ao seu irmán Ramón, entusiásmase por esta nova república e non dubida en manifestalo ao seu regreso do exilio, bombardeando con panfletos, lanzadas desde o seu avión, sobre as rúas de Madrid. En realidade, o entusiasmo de fachada oculta unha separación máis pronunciada que se observaría no país. Non se reacciona xa en republicano, nin en monárquico, senón en partidario de esquerda ou dereita.

Varias veces é solicitado para formar parte dun pronunciamento, Franco négase. Un putsch estala o 10 de agosto de 1932; está dirixido polo xeneral José Sanjurjo, o director xeneral de Carabineiros, sendo secundada esta sublevación, só pola guarnición de Sevilla, moi pronto é condenada ao fracaso. Detido o xeneral cunha quincena de conxurados e aberto un proceso condénaselle a pena de morte. Logo é indultado da pena capital e finalmente amnistiado, aínda que xa non reingresou no éxercito, fixando a súa residencia en 1934 en Monte Estoríl, Portugal.

Franco, por disciplina militar ou pola súa cautelosa sorte, ten as mans limpas. ¿Quizá xulga que o golpe de Estado estaba mal preparado ou quen sabe, parécelle que é aínda demasiado pronto?

O 13 de marzo de 1933, Franco, é enviado ás Baleares como comandante das forzas das illas, tal vez en agradecemento do goberno por non haberse mesturado no levantamento. É unha promoción. Presentado por Gil Robles, o líder da CEDA, para figurar nas súas listas das eleccións do 19 de novembro e do 3 de decembro, responde pola negativa. Despois da consulta nacional, o xefe de Goberno Manuel Azaña, será reimplazado por Alejandro Lerroux, por catro meses soamente (19 de decembro - 25 de abril).

A dereita obtén 212 deputados, o centro 162 e a esquerda 97. Desde as Baleares, Franco, que acaban de nomealo Xeneral de división en marzo de 1934, segue agora con paixón o xogo político de Madrid. Unha visita rompe a monotonía da súa vida de guarnición, a do Ministro da Guerra Diego Hidalgo, ao que se lle debe unha das primeiras descricións do xeneral Franco, en calquera caso ben axustada á súa personalidade daquela época:

«Franco posúe no alto grado todas as virtudes militares e supóñenselle sempre a súa actividade e a súa capacidade de traballo, a súa clara intelixencia, a súa comprensión e a súa cultura ao servizo das armas. Pero destas virtudes, a máis alta, é a ponderación que lle impulsa a ser meticuloso no detalle, exacto no servizo, preciso na observación, duro e esixente no mando ao mesmo tempo que comprensivo, tranquilo e decidido. As conversacións que tiven con el sobre temas militares durante a miña estancia nas illas reveláronme doutra banda os seus extraordinarios coñecementos (...) Franco, no silencio da súa oficina pasou numerosos anos en documentarse. Na actualidade, pódese considerar que non hai secreto na arte da guerra para este gran militar, educado á ciencia pola enxeñería humana.»

Pero no país, a situación política e social deteriórase aínda máis cada día. A Falanxe, creada por José Antonio Primo de Rivera inspirada dos "fascio" italianos, oponse coa dialéctica das pistolas fronte aos anarquistas e socialistas que, por suposto, ripostan ou atacan cos mesmos medios. Folgas salvaxes paralizan a economía. En Madrid, unha tentativa de putsch, outra mais, falla. En Cataluña, Lluis Companys declara o Esta catalâ. Máis grave aínda: en Asturias, declárase unha verdadeira revolución, os anarquistas, os comunistas, o Alianza dos Traballadores e Campesiños, baixo os auspicios da UGT de Gonzâlez Bueno o Comité Rexional da CNT de Asturias, onde 30.000 homes dispoñen de armas e dinamita opóñense ao Goberno.

O Goberno de Madrid se encontra agora en presenza do que parecía innegablemente unha revolución. Lerroux e os seus ministros tomaron decisións de graves consecuencias. En primeiro lugar, fixeron vir aos xenerais Goded e Francisco Franco e encargáronlles conxuntamente, en calidade de xefes de Estado Maior, dirixir as operacións contra a rebelión. É o xeneral Franco quen dirixe pois a represión desde o Palacio de Buenavista, coa axuda da Lexión e dos "Regulares" marroquís. En suma, unha repetición de 1917. Franco forma sete columnas, baixo os mandos de Yagüe, Solchaga, Sâenz de Buruaga, Aranda e Ayuso e fanse donos da situación con bastante facilidade, aínda que pagando un caro prezo en vidas humanas:

  • O Exército perdeu 22 oficiais, 25 suboficiais e a 173 soldados e conta con 743 feridos e 46 desaparecidos.
  • Por parte dos rebeldes, é peor aínda: 855 mortos, 1.450 feridos e non 14 000 como o escribiron algúns. O Goberno Lerroux, a quen se lle salvou, concédelle en recompensa a Franco a Gran Cruz do Mérito militar e en febreiro de 1935 foi noméao Comandante en xefe do exército de Marrocos.

A Guerra Civil

O 18 de xullo de 1936, atopase destinado en Santa Cruz de Tenerife como Comandante Xeral de Canarias, posto que ocupa desde o mes de febreiro. Alegando, entre outros motivos, a situación de inseguridade e de crimes políticos que o goberno non lograba controlar, así como o perigo dunha revolución obreira, súmase aos preparativos para a sublevación militar que se estaba planeando por parte dos xenerais Sanjurjo e Mola contra o goberno lexitimo do Fronte Popular e que, iniciada o 17 de xullo, tivo o seu momento álxido o 18 de xullo.

Nesta data é cando se traslada dende Las Palmas de Gran Canaria a Tetuán (Marrocos), onde chega ás sete da mañá do día 19, tras unha longa escala en Casablanca, para poñerse ao fronte das tropas sublevadas.

Esta viaxe faina a bordo dunha aeronave De Havilland modelo Dragon Rapide, alugada no aeroporto de Croydon en Londres polo corresponsal do diario ABC naquela cidade Luís Bolín. Poucos días despois, o 27 de xullo de 1936, chega a España o primeiro escuadrón de avións italianos enviados por Benito Mussolini.

Trala morte de Mola e Sanjurjo en senllos accidentes de aviación e a retirada a un segundo plano de outros pretendentes ao cargo do mesmo bando, foi nomeado pola Xunta de Defensa Nacional Xefe de Estado e autoproclámase Xeneralísimo dos exércitos nacionais da zona controlada polos militares sublevados o 29 de setembro de 1936.

O 30 de xaneiro de 1937 constitúese en xefe da Xunta provisional de Burgos.

O seu goberno orientouse inicialmente ao triunfo militar sobre a España republicana, e contou co apoio de dous dictadores fascistas de Europa, Hitler e Mussolini. A semellanza de estes, que se facían chamar respectivamente Führer e Duce, Franco adoptou durante a contenda o título de Caudillo, que xunto o de Xeneralísimo foron os títulos cos que se lle denominou oficialmente.

Rematada a Guerra Civil o 1 de abril de 1939, produciuse o exilio de miles de españois ao estranxeiro e desenrolouse unha amplía política de represión sobre os vencidos, con fusilamentos, encarceramentos e condenas a traballos forzados en obras hidráulicas como pantanos e canais de rego, ferrocarrís, construcción do monumento do Val dos Caídos e outros.

A Ditadura

Francisco Franco

En 1947, un fraudulento referendo nacional ratificouno na xefatura vitalicia do Estado. O goberno de Franco caracterizouse pola instauración dun verdadeiro réxime, de tipo autoritario e pragmático. Só se permitía "sindicatos verticais" (que unían a patróns e obreiros), e un único partido, Falange Española Tradicionalista y de las JONS, constituído por fusión da Falange Española e o carlismo e as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS), que se uniran a Falange antes da guerra. Así, o réxime estaba fundamentado nun ideario de ultradereita, de confesión católica, baseado nunha economía capitalista que integraba proxectos sociais, como a Seguridade Social, sistema sanitario público que se desenrolou amplamente durante a dictadura. Ao igual que se fixo na Alemania nazi, debido a situación de confesionalidade católica, Franco tratou de estorbar e en algúns casos eliminar toda actividade de calquera confesión relixiosa que molestara ao clero católico.

Ao comezar en Europa a Segunda Guerra Mundial, Franco mostrouse partidario da vitoria de Hitler] e Mussolini, mais rexeitou entrar na loita a pesar das presións que recibiu nese sentido polo feito de que os dous dictadores europeos o apoiaran durante a Guerra Civil. Permitiu, sen embargo, que voluntarios españois (División Azul) partisen para apoiar as potencias do Eixo no fronte ruso. Do mesmo xeito, existiu unha amplia tolerancia ante a actuación dos axentes do Eixo, principalmente alemáns, en España. Por todo iso España quedou situada máis na non belixerancia ca na neutralidade.

Rematada a Segunda Guerra Mundial co triunfo das potencias aliadas, o pobo español sufriu as consecuencias do illamento imposto ao réxime por nacións como Gran Bretaña e Estados Unidos, que non vían con bos ollos a supervivencia dun réxime fascista en Europa. Esta situación terminou en parte durante a Guerra Fría, cando as necesidades xeoestratéxicas de Estados Unidos fixérono colaborar con España, especialmente a partir da firma do pacto de 1953 e a posterior visita de Eisenhower a Franco en 1959, para estableceren bases militares estadounidenses en España.

Nos anos 60, España asistiu a un forte desenrolo económico, no que tivo moito que ver o auxe do turismo, creándose unha nova clase media que era bastante reducida ata entón. E tamén nestes anos 60 cando se produce a emigración de centos de miles de españois das zonas máis deprimidas de España a diversos países de Europa, principalmente Alemaña, Holanda, Suíza e Francia, o que se traduciu nunha importante fonte de ingreso de divisas. O desenrolo e o crecente contacto cos veciños europeos (grazas ao turismo e á emigración) deron lugar a novas tensións sociais, aínda que Franco non chegou a ver en risco o seu poder, grazas á unidade do exercito e á inercia do sistema.

En 1966 foi aprobada por referendo a súa proposta de Lei Orgánica do Estado, na que se prevía a separación dos cargos de Xefe do Estado e Xefe de goberno.

En 1969 nomeou o príncipe Juan Carlos como o seu sucesor a título de rei, o cal implicaba unha instauración da Monarquía en España.

Co inicio da actividade terrorista de grupos como ETA e o FRAP levou a cabo un derradeiro esforzo de represión que culminou coas sentenzas a morte para once terroristas (oito do FRAP e tres de ETA), dos que, ao final, o 27 de setembro de 1975, foron executados cinco, pois o goberno, nunha reunión presidida por Franco o día anterior, e baixo as presións externas, decidiu non executar a seis dos condenados a morte, dúas mulleres (por estaren embarazadas) e catro homes.

A nova das execucións provocou unha forte reacción internacional (antes da mesma, moitos gobernos, e personalidades coma o Papa Paulo VI, pediran clemencia). Quince países europeos retiraron os seus embaixadores, foi asaltada a embaixada española en Lisboa, producíronse multitudinarias manifestacións nas principais cidades europeas e cortáronse as comunicacións telefónicas e telegráficas con varios países.

Tras estes fusilamentos, que illaron novamente a España do contexto europeo, Franco contraiu unha enfermidade debido a cal faleceu tras unha longa agonía, en Madrid, o 20 de novembro de 1975. Juan Carlos herda a Xefatura do Estado e, en contra do planeado polo dictador, a democracia se reinstaura tras a súa morte, nun proceso coñecido coma Transición Española.

Estaba casado con Carmen Polo e tivo unha filla. O seu xenro foi o Marqués de Villaverde e un dos seus bisnetos é Luis Alfonso de Borbón y Martínez-Bordiú.

Cronoloxía destacada

Período monárquico

  • 1910 - 13 de xullo, sae da academia co grado de segundo tenente (alférez).

13 de xuño, ascende a tenente e o 16 de novembro é decorado da Cruz do mérito militar.

27 de novembro, co tratado hispano-francés; España recebe co protectorado de Marrocos, o Rif, Tarfaya e Ifni.

19 de agosto, folga insurreccional en Asturias. É a primeira coparticipación do comandante Franco contra rebeldes civís.

13 de setembro, golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Rivera.

22 de outubro. Casamento de Francisco Franco e Carmen Polo. O rei Alfonso XIII apadriña por poderes esta cerimonia.

4 de xuño, acordo con Francia para intervir no Rif

8 de setembro, Franco participa no desembarco de Alhucemas

  • 1926 - 3 de febreiro, é nomeado xeral de brigada, converténdose así no xeneral mais novo de Europa aos 34 anos.

14 de setembro, nace a súa primeira e única filla, María do Carme.

12 de decembro. Sublevación de Jaca. Primeira tentativa militar pro-republicana.

14 de decembro. Execución dos capitáns, Fermín Galán e García Hernández

12 de abril. Ultimas eleccións municipais da Monarquía.

14 de abril. Saída para o exilio de Afonso XIII e proclamación da República. Formación dun goberno provisional baixo a dirección de Niceto Alcalá Zamora.

Período republicano

14 de xullo, supresión da Academia de Zaragoza. 16 de decembro, Azaña, xefe do goberno.

  • 1932 - 21 de febreiro, Franco é nomeado comandante da XV brigada de infantería de A Coruña.

10 de agosto. Intento de Golpe de Estado do xeneral Sanjurjo, coñecido como a Sanxurxada.

9 de setembro, aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía á Cataluña.

  • 1933 - 12 de xaneiro, revolta dos campesiños anarquistas de Casas Viejas e represión gobernamental, 23 mortos, 12 de entre eles foron fusilados no lugar mesmo.

5 de marzo. Fundación da CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónomas).

16 de marzo, Franco é nomeado Comandante da rexión militar das Baleares.

29 de outubro, fundación da FE (Falanxe Española).

19 de novembro, vitoria das Dereitas nas novas eleccións lexislativas.

27 de marzo. Franco ascende a Xeneral de división.

4 de outubro. Lerroux forma un novo goberno con 3 ministros da CEDA.

6 de outubro. Folgas insurreccionais en Barcelona e Asturias. O ministro da Guerra, Hidalgo Durán, decide que Franco dirixa a contraofensiva e represión da insurrección asturiana.

17 de maio. Xefe do Estado Maior.

12 de outubro Casamento de Don Xoán de Borbón.

21 de febreiro. Comandante da rexión militar das Canarias.

7 de abril. Destitución do presidente da República, Alcalá Zamora.

26 de abril, vitoria do Fronte Popular en Francia.

12 de xullo. Asasinato do Tenente da Garda de Asalto José Castillo, simpatizante socialista.

13 de xullo. Asasinato do deputado ultra monárquico José Calvo Sotelo.

17 de xullo. Sublevacións de tropas militares en Ceuta, Tetuán, Alhucemas e Melilla.

18 de xullo. Franco toma o mando das tropas sublevadas de Africa. Comeza a Guerra Civil.

Período da guerra civil

20 de xullo. Morre o xeneral Sanjurjo en accidente de aviación.

24 de xullo. Constitución de unha Xunta de Defensa Nacional polos insurrectos.

3 de agosto. Franco é nomeado membro da Xunta de Defensa.

27 de setembro, liberación do Alcázar de Toledo.

1 de outubro, nomeado en Burgos, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas armadas.

18 de novembro, Alemaña e Italia recoñecen o goberno de Burgos.

20 de novembro, execución en Alacante de José Antonio.

20 de decembro. Expulsión de Fal Conde

do 8 o 18 de marzo. Batalla de Guadalaxara

18 de abril. Créase un partido único da FET e das JONS

25 de abril. Encarceramento de Manuel Hedilla, xefe dos falanxistas.

26 de abril. Bombardeo de Guernica

17 de maio. Negrín, xefe do Goberno republicano

3 de xuño. Accidente mortal do xeneral Emilio Mola

19 de xuño. Toma de Bilbao

1 de xullo. Pastoral colectiva dos bispos españois

Do 5 o 28 de xullo. Batalla de Brúnete

26 de agosto. Santander cae no bando dos nacionais

19 de outubro. Toma de Xixón

15 de decembro. Batalla de Teruel, comezo.

1 de febreiro. O primeiro Goberno de Franco

9 de marzo. Foro do Traballo dos españois

25 de xullo. Batalla do Ebro, comezo.

28 de outubro. Morte de seu irmán o aviador Ramón Franco.

26 de xaneiro. Toma de Barcelona polas tropas de Franco.

4 de febreiro. Toma de Xirona

11 de febreiro. Lei das Responsabilidades politicas.

27 de febreiro. Francia e Inglaterra, recoñecen o réxime de Franco.

14 de marzo, Hitler ocupa a Checoeslovaquia.

27 de marzo. As tropas franquistas entran en Madrid. España adhire ao Pacto antikomintern

1 de abril. Remate da guerra.

Período franquista cara o conflito mundial

19 de maio. Franco preside o desfile da Vitoria en Madrid.

10 de agosto. Franco forma un segundo goberno.

23 de agosto, firmase o Pacto xermano-soviético.

1 de setembro, Hitler invade a Polonia. Comezo da Segunda Guerra Mundial

4 de setembro. Franco proclama a non-belixerancia de España no conflito mundial.

18 de outubro. Franco abandona Burgos e instalase no Palacio do Pardo en Madrid.

24 de novembro. Lei pola defensa da industria nacional.

30 de novembro, os rusos invaden a Finlandia

12 de xuño, afirma a non-belixerancia de España no conflito mundial.

14 de xuño, as tropas españolas entran e ocupan Tanxer.

20 de outubro. Franco recebe a Himmler en Madrid. Colaboración das dúas policías.

23 de outubro; Entrevista de Franco-Hitler en Hendaia.

6 de decembro, créanse os Sindicatos verticais.

12 de febreiro. Entrevista de Franco-Mussolini en Bordighera.

13 de febreiro. Entrevista de Franco-Pétain en Montpellier.

18 de decembro. Franco reconfirma a non-belixerancia de España.

22 de febreiro, falecemento de seu pai en Madrid.

17 de xullo. Franco proclama a Lei que instituía as Cortes.

3 de setembro, o ministro Serrano Suñer (seu cuñado) é reémprazado polo xeneral Jordana.

8 de novembro. Carta de Roosevelt à Franco, garantíndolle a integridade do territorio español.

9 de maio : fai unha chamada de paz as forzas do Oeste.

Primeiros de xuño : 27 monárquicos firman unha carta dirixida a Franco para que restableza a Monarquía

22 de xuño : os alemans entran na URSS et o 28 comeza a reclutarse os primeiros voluntarios para a División Azul


Túmulo de Francisco Franco

Ligazóns externas

Referencias

  1. 12-19 agosto de 1917: Folga xeral nacional organizada pola CNT-UGT na esperanza dun cambio radical de réxime político. Eduardo Dato ten entón o poder. Sabadell, Madrid, Bilbao, en Alacante... , o exército intervén, causando a morte de varias decenas de obreiros; en Asturias, a folga prolóngase ata setembro. A represión baixo o mando do xeneral Burguete, apoiado polo comandante Francisco Franco, coa intervención, por primeira vez, de tropas marroquís mercenarias.
  2. As cifras definitivas non se publicaron, ou non se estableceron probablemente nunca. Na noite do 14 de abril, elixiuse a 29 953 monárquicos, contra 8 855 membros dos partidos republicanos. Ao redor de 4 000 conselleiros quedaban ainda por elixir. 29 804 xa o estiveran o 5 de abril, nas cidades onde se trataba de elixir candidatos unicos. Había unha maioría clara de monárquicos (8 contra 1), segundo Ben-Ami, cuxa acta é a mellor (véxase S. Ben-Ami, The Origins of the Second Republic, thèse d'Oxford, 1974).
  3. Cambiarase ao xeneral Masquelet, que Azaña nomeara xefe do Estado Maior en 1932.