Juan Pinzás: Diferenzas entre revisións
Liña 16: | Liña 16: | ||
*1995: ''[[La leyenda de la doncella]]''. Colón de Prata do [[Festival de Cine Iberoamericano de Huelva]]. |
*1995: ''[[La leyenda de la doncella]]''. Colón de Prata do [[Festival de Cine Iberoamericano de Huelva]]. |
||
*2000: ''[[Era outra vez]]''. Primeiro filme da triloxía Dogma. |
*2000: ''[[Era outra vez]]''. Primeiro filme da triloxía Dogma. |
||
*2002: ''[[Días de |
*2002: ''[[Días de voda]]'', segundo filme da triloxía Dogma. Mellor director e actor ([[Javier Gurruchaga]]) nos [[Premios ACE]]. |
||
*2005: ''[[El desenlace]]'', última da triloxía Dogma. Premio Especial do Xurado de LaCinemaFe (Latin American Cinema Festival), mellor actor nos premios ACE [[José Sancho]], mellor guión no Miami Latin Film Festival. |
*2005: ''[[El desenlace]]'', última da triloxía Dogma. Premio Especial do Xurado de LaCinemaFe (Latin American Cinema Festival), mellor actor nos premios ACE [[José Sancho]], mellor guión no Miami Latin Film Festival. |
||
*2009: ''[[Las imágenes perdidas. La otra mirada]]'' ([[documental]] no que participaron [[Paul Naschy]] e [[Javier Gurruchaga]]). |
*2009: ''[[Las imágenes perdidas. La otra mirada]]'' ([[documental]] no que participaron [[Paul Naschy]] e [[Javier Gurruchaga]]). |
Revisión como estaba o 17 de setembro de 2017 ás 18:47
Juan Pinzás Cerqueira, nado en Vigo o 26 de novembro de 1955[1] é un guionista, produtor e director de cinema galego.
Traxectoria
Estudou no Instituto de Estudos Electrónicos de Vigo para logo marchar a Madrid, onde rodou filmes en Super 8. O cineasta Ismael González Díaz contratouno como actor e axudante de dirección, co que conseguiu produción para a curtametraxe Opus I Homo Hominis. En 1982 fundou xunto á súa esposa Pilar Sueiro a produtora cinematográficas PS Films (Pilar Sueiro Films), así como Atlántico Films en 1984.[2]
En 1986 conseguiu dirixir a súa primeira longametraxe, La gran comedia, con Rosalía Dans, José Luis López Vázquez e Luis Escobar. Tardaría cinco anos en poder realizar o seu segundo filme.[2]
En 2000 converteuse no único director español que se adheriu aos postulados artísticos do Dogma 95 cos que rodou unha triloxía de filmes iniciada con Era outra vez.[2]
É o pai do compositor de bandas sonoras Juan Manuel Sueiro.[1]
Filmografía
Longametraxes
- 1985: La gran comedia. Exhibida no Festival Internacional de Cine de San Sebastián.
- 1991: El juego de los mensajes invisibles, con Antonio Ferrandis, adaptación da novela de Álvaro Pombo El hijo adoptivo. Premio Glauber Rocha ao Mellor Filme no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz.
- 1995: La leyenda de la doncella. Colón de Prata do Festival de Cine Iberoamericano de Huelva.
- 2000: Era outra vez. Primeiro filme da triloxía Dogma.
- 2002: Días de voda, segundo filme da triloxía Dogma. Mellor director e actor (Javier Gurruchaga) nos Premios ACE.
- 2005: El desenlace, última da triloxía Dogma. Premio Especial do Xurado de LaCinemaFe (Latin American Cinema Festival), mellor actor nos premios ACE José Sancho, mellor guión no Miami Latin Film Festival.
- 2009: Las imágenes perdidas. La otra mirada (documental no que participaron Paul Naschy e Javier Gurruchaga).
- 2013: New York Shadows.[3] Con Lindsey Ireland e Javier Gurruchaga).
Curtametraxes
En Super 8 (1977-1980)
- Mónica
- Aconteceu en Galicia
- O derradeiro Fiana
- Amanece en Vigo
- Reflexión
- Ensueños
En 35 mm
- Opus I Homo Hominis (1981), mención especial no Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxes de Bilbao.
- Augurio
- Virginal
- Vestida de fiesta
- Una historia gallega
- El tubo de rayos catódicos
- Cien puntos para Julián Pintos
- La tercera mujer
- Añoranzas
- Juego decisivo
- La esfera
- Gula
- Mujer, mujer
- Carmín
- Hechizo
- El rito
- Muñeca de azul
- Cinefilia
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Biografía na páxina oficial da produtora Atlántico Films.