Diferenzas entre revisións de «Sinfonía n.º 9 (Beethoven)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios
m (→‎Historia: arranxiños)
m (Arranxos varios)
Beethoven é o principal referente na transición do estilo clásico ó estilo romántico, o responsable de facer evolucionar o esquema máis tradicional das formas musicais do [[clasicismo musical|clasicismo]] para adaptalas a esta incipiente liberdade individual do [[romanticismo musical|romanticismo]]. Para entender a súa capacidade innovadora no campo da composición compre ter presente que Beethoven é o primeiro músico que vive do que compón e así crea un precedente en no oficio de compositor, ceibándose de cargos dentro da corte ou a Igrexa ós que estaban sometidos outros músicos com [[Johann Sebastian Bach|Bach]], [[Joseph Haydn|Haydn]] e [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]].
 
A Novena sinfonía, que foi contemporánea da ''[[Missa Solemnis (Beethoven)|Missa Solemnis]]'' op. 123, das ''[[Variacions Diabelli|33 Variacións sobre un vals de Diabelli]]'' op. 120 e da ''[[Consagración da casa]]'' op. 124, é a máxima expresión do último período creador de Beethoven. Esta obra tivo unha xénese moi complexa, da cal a súa comprensión require remontarse á xuventude do compositor.
 
=== Proxectos de xuventude ===
Xa dende mozo, cando aínda vivía en Bonn, Beethoven manifestou un gusto salientable pola lectura de [[Goethe]] e de [[Friedrich von Schiller]], cos cales coincidía en determinados ideais que máis tarde estarán presentes na súa obra: a natureza, a amizade e a alegría. E aquí compre sinalar o entusiasmo pola ''Oda á alegria'' de Schiller, publicada en [[1785]] en [[Dresden]]. En 1792, con vinte e dous anos, o músico non escribira máis que obras menores das cales a maioría son descoñecidas no presente. Porén, o seu estilo xa se desenvolvera de abondo como para que fose valorado por entendidos como Waldstein ou Haydn.
 
A finais de [[1792]], pouco antes de deixar [[Bonn]] para ir a [[Viena]], o compositor fíxose amigo dun profesor de dereito, Ludwig Fischenich, amigo persoal do poeta Friedrich von Schiller, e amósalle un poema que puxera en música: ''Feuerfarbe de Sophie Mereau''. Fischenich amosou a súa admiración á esposa de Schiller nunha carta onde anunciaba, como unha profecía, o futuro himno á alegría:
 
=== Estrea ===
O [[7 de maio]] de [[1824]], dez anos despois da [[Sinfonía n.º 8 (Beethoven)|''Sinfonía n.º 8'']], Beethoven dá a coñecer ó mundo a súa Novena Sinfonía en re menor, posteriormente coñecida como "Sinfonía Coral". A presentación tivo lugar no Teatro da Corte Imperial de Viena (''Kärntnertortheater''), cheo de celebridades, aristócratas, nobreza e sangue real. Ninguén quería perder a estrea da sinfonía agardada e da que se presumía que sería a derradeira aparición pública do xenio alemán, como efectivamente así foi: nos tres anos seguintes, recluíuse na casa afectado por diversas doenzas que finalmente o levarían á morte.
 
Beethoven subiu á tarima de costas ó público, e non xirou nin cando rematou o concerto. A súa [[xordeira]] era total, non podía escoitar absolutamente nada do que creara. Cando a sinfonía concluíu, o teatro estoupou en aplausos, e unha solista ergueu o brazo do mestre e axudouna a xirar para que vise, entre bágoas, como todo o público se poñía de pé e o homenaxeaba entusiasmada. Ós 54 anos, Beethoven creara a súa obra mái grandiosa e eterna.
393.002

edicións

Menú de navegación