Método da raia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *especime
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Streak plate with Pyrite and Rhodochrosite.jpg|thumb|Placas raiadas por [[pirita]] (esquerda) e [[rodocrosita]] (dereita)]]
[[Ficheiro:Streak plate with Pyrite and Rhodochrosite.jpg|miniatura|Placas raiadas por [[pirita]] (esquerda) e [[rodocrosita]] (dereita)]]
A '''raia''', '''risco''', '''trazo''' ou '''cor do po''' dun [[mineral]] é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non [[meteorización|meteorizada]], e fornece así un método para clasificalo. En contraste coa cor aparente do mineral, que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é unha ferramenta diagnóstica importante na [[identificación de minerais]]. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os [[silicato]]s, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar.

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2017 ás 21:03

Placas raiadas por pirita (esquerda) e rodocrosita (dereita)

A raia, risco, trazo ou cor do po dun mineral é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non meteorizada, e fornece así un método para clasificalo. En contraste coa cor aparente do mineral, que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é unha ferramenta diagnóstica importante na identificación de minerais. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os silicatos, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar.

A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do cristal está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada lonxitude de onda poden modificar drasticamente as lonxitudes de onda reflectidas polo espécime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o espécime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente á absorción da luz.

A superficie ó longo da que se raia o mineral chámase placa de raiado, e fabrícase normalmente de azulexo de porcelana non tratada. En ausencia desta placa de raiado, a base non vidrada dun pote ou recipiente de porcelana ou o dorso dun azulexo brillante pode valer. Ás veces, unha raia descríbese máis facil e axustadamente cando se compara coa raia doutra placa.

Debido a que o ronsel deixado procede do mineral pulverizado, a raia pode facerse só con minerais que sexan menos duros cá placa, que ten arredor de 7 na escala de Mohs. No caso de materiais máis duros, a cor do po pode determinarse triturando unha mostra cun martelo, que logo se freta contra a placa. A maioría dos minerais máis duros presentan unha raia branca bastante pouco útil.

Algúns minerais presentan unha raia cunha cor bastante semellante á cor natural do mineral, mentres que outros amosan sorprendentes cambios de cor. A fluorita sempre produce unha raia branca aínda que o cristal sexa púrpura, azul, amarelo ou verde. A hematita, de cor natural aparentemente negra, dá unha raia vermella que é a causa do seu nome (que en grego significa 'sangue'). A galena, de aparencia semellante ó hematite, ten unha raia gris.

Notas

Véxase tamén