Lago de Garda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios +cda
m →‎top: Arranxos varios, replaced: [[File: → [[Ficheiro:, |thumb| → |miniatura|
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Riva del Garda.jpg|miniatura|200px|Lago de Garda]]
[[Ficheiro:Riva del Garda.jpg|miniatura|200px|Lago de Garda]]
[[File:Girolamo Dai Libri - Madonna della quercia - 1533 after - Museo Castelvecchio, Verona (ITALY), dettail.jpg|thumb|right|upright|View of south lake near Peschiera del Garda (Verona, Italy) (probably with Lake Frassino or River Mincio), up the panting mountains of side Brescia (Italy), painted start to 1533 by Girolamo dai Libri.]]
[[Ficheiro:Girolamo Dai Libri - Madonna della quercia - 1533 after - Museo Castelvecchio, Verona (ITALY), dettail.jpg|miniatura|right|upright|View of south lake near Peschiera del Garda (Verona, Italy) (probably with Lake Frassino or River Mincio), up the panting mountains of side Brescia (Italy), painted start to 1533 by Girolamo dai Libri.]]
O '''Lago de Garda''', ou ''Benàco'' ou ''Bènaco'', é o maior [[lago]] [[italia]]no, cunha superficie de preto de 370 km². Está situado entre a [[Lombardía]] ([[provincia de Brescia]], o [[Veneto]] ([[provincia de Verona]] e o [[Trentino-Alto Adige]] ([[provincia de Trento]]). O nome latino do lago, Benàco, é de orixe incerta, mentres o nome actual deriva da cidade homónima de [[Garda]], que durante o medievo era o maior centro de intercambio de bens da zona costeira do lago.
O '''Lago de Garda''', ou ''Benàco'' ou ''Bènaco'', é o maior [[lago]] [[italia]]no, cunha superficie de preto de 370 km². Está situado entre a [[Lombardía]] ([[provincia de Brescia]], o [[Veneto]] ([[provincia de Verona]] e o [[Trentino-Alto Adige]] ([[provincia de Trento]]). O nome latino do lago, Benàco, é de orixe incerta, mentres o nome actual deriva da cidade homónima de [[Garda]], que durante o medievo era o maior centro de intercambio de bens da zona costeira do lago.



Revisión como estaba o 16 de setembro de 2017 ás 20:16

Lago de Garda
View of south lake near Peschiera del Garda (Verona, Italy) (probably with Lake Frassino or River Mincio), up the panting mountains of side Brescia (Italy), painted start to 1533 by Girolamo dai Libri.

O Lago de Garda, ou Benàco ou Bènaco, é o maior lago italiano, cunha superficie de preto de 370 km². Está situado entre a Lombardía (provincia de Brescia, o Veneto (provincia de Verona e o Trentino-Alto Adige (provincia de Trento). O nome latino do lago, Benàco, é de orixe incerta, mentres o nome actual deriva da cidade homónima de Garda, que durante o medievo era o maior centro de intercambio de bens da zona costeira do lago.

Xeografía

As augas do lago bañan numerosos centros habitados da provincia de Brescia (Sirmione, Desenzano del Garda, Lonato, Padenghe sul Garda, Moniga del Garda, Manerba del Garda, San Felice del Benaco, Salò, Gardone Riviera, Toscolano-Maderno, Gargnano, Tignale, Tremosine, Limone sul Garda), da provincia de Verona (Peschiera del Garda, Castelnuovo del Garda, Lazise, Bardolino, Garda, Torri del Benaco, Brenzone, Malcesine) e da provincia de Trento (Riva del Garda, Nago-Torbole).

As illas

No lago hai cinco illas. A máis grande é a illa de Garda, preto desta está a máis pequena, illa de San Bagio tamén chamada "dos coellos", unha pequena superficie de 100 metros cadrados que está a poucos metros da costa. A segunda illa, en tamaño, é a de Trimelone, con máis de 6.000 metros cadrados, famosa por ter sido un almacén de explosivos durante a Segunda Guerra Mundial. As outras dúas son máis pequenas: a illa do Soño, que nos periodos de seca pode ser visitada a pé desde a costa (hai apenas 20 metros andando dende a península do Soño), e a illa das Oliveiras (degli Olivi en italiano).