Linaceae: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎top: Arranxos varios, replaced: {{Cite journal → {{Cita publicación periódica
Liña 9: Liña 9:
|ordo = [[Malpighiales]]
|ordo = [[Malpighiales]]
|familia = '''Linaceae'''
|familia = '''Linaceae'''
|familia_authority = [[Augustin Pyramus de Candolle|DC.]] ex [[Karl Julius Perleb|Perleb]]<ref name=APGIII2009>{{Cite journal |last=Angiosperm Phylogeny Group |year=2009 |title=An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III |journal=Botanical Journal of the Linnean Society |volume=161 |issue=2 |pages=105–121 |url=http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1046/j.1095-8339.2003.t01-1-00158.x/pdf | format= PDF |accessdate=2013-07-06 |doi=10.1111/j.1095-8339.2009.00996.x }}</ref>
|familia_authority = [[Augustin Pyramus de Candolle|DC.]] ex [[Karl Julius Perleb|Perleb]]<ref name=APGIII2009>{{Cita publicación periódica |last=Angiosperm Phylogeny Group |year=2009 |title=An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III |journal=Botanical Journal of the Linnean Society |volume=161 |issue=2 |pages=105–121 |url=http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1046/j.1095-8339.2003.t01-1-00158.x/pdf | format= PDF |accessdate=2013-07-06 |doi=10.1111/j.1095-8339.2009.00996.x }}</ref>
|subdivision_ranks = Genera
|subdivision_ranks = Genera
|subdivision = Véxase no texto
|subdivision = Véxase no texto

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2017 ás 15:09

Linaceae (Lináceas)

Linum pubescens
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids
Orde: Malpighiales
Familia: Linaceae
DC. ex Perleb[1]
Genera

Véxase no texto

Linaceae, as lináceas [2] é unha familia vexetal cosmopolita de Magnoliopsidas ou dicotiledóneas pertencente á orde das Malpighiales de a redor de 250 especies en todo o mundo que abarcan gran parte do planeta. A familia inclúe plantas herbáceas ou raramente leñosas, e árbores de gran porte nos trópicos, de follas simples e enteiras, flores hermafroditas xeralmente pentámeras e froito en casula.

Xeneralidades

Familia cosmopolita que consta dunhas 250 especies. Está formada por árbores, arbustos, herbas anuais e perennes. Ocupa rexións desérticas, mediterráneas, selvas, estepas e Puna húmida e seca. En xeral son herbas ou pequenas matas, anuais, bienais ou perennes. Hai 14 xéneros, clasificados en dúas subfamilias: Linoideae e Hugonioideae a miúdo recoñecida como unha familia distinta, a Hugoniaceae.

A familia é de orixe antiga e é unha familia moi afín á familia Erythroxylaceae, coa cal algúns taxónomos antigos uníana. As follas das Linaceae son sempre sinxelas.

En Linoideae, o xénero máis grande é Linum , con 180 a 200 especies, incluíndo o liño de cultivo (Linum usitatissimum). Os membros de Linoideae inclúen especialmente herbáceas anuais e perennes, así como subarbustos leñosos, arbustos e pequenas árbores (Tirpitzia) que habitan en latitudes tépedas e tropicais de Eurasia, África, Australia e as Américas.

Hugonioideae son rubideiras, arbustos e árbores, e son case na súa totalidade de distribución tropical. O xénero máis grande de Hugonioideae é Hugonia, con aproximadamente 40 especies. Ademais de polos seus hábitos de crecemento e distribución xeográfica, os xéneros Linoideae e Hugonioideae poden ser diferenciados polo número de estames fértiles (5 en Linoideae, 10 en Hugonioideae) e o tipo de froito: en cápsulas en Linoideae e drupa carnosa en forma de froita, en Hugonioideae que produce moitos tipos diferentes de froita, consumidas polos paxaros, que espallan as sementes.

Descrición

Teñen as follas simples enteiras, case sempre alternas, as follas están opostas ou alternadas, sentadas, sen estípulas aínda que ás veces si están estipuladas. Inflorescencias cimosas. Flores hermafroditas, actinomorfas, pentámeras ou moi raramente tetrámeras, estas moito máis frecuente nos trópicos, pétalos rechamantes, prontamente caedizos, de cor clara, con unlla estreita. Cáliz con sépalos ceibes. Corola con pétalos ceibes ou lixeiramentes soldados na base. Androceo con 4 ou 5 estames alternando cos pétalos soldados na base, ás veces alternando con 1 verticilo de estaminodios. Ovario súpero, con 4-5 carpelos, 4-5 cavidades e 4-5 estilos. Estigmas lineares ou capitados. Diplostemonas cos estames soldados ao disco; de ovario súpero, pentacarpelar, sincarpico, con estilos ceibes ou lixeiramente soldados; dous óvulos por carpelo, cun falso tabique interno con 10 cavidades. Froito sen bico, en cápsula loculicida ou raramente en drupa. Froito en cápsula loculicida, con 8-10 valvas. Dúas sementes por cavidade, separadas por un pseudotabique.

Usos

Unha especie de relevancia agrícola é o liño, Linum usitatissimum, cultivado para a obtención de fibras téxtiles e óleos.

Sinonimia

  • Hugoniaceae Arn. e Ctenolophaceae (H. Winkl.) Exell & Mendonca.[3]

Xéneros

Xéneros na subfamilia Linoideae

Xéneros na subfamilia Hugonioideae

Notas