Transilvanians: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Membros: Arranxos varios
Liña 20: Liña 20:
* Javier Marcos - Voz e percusión.
* Javier Marcos - Voz e percusión.
* Pedro Fariñas - Saxos e percusión.
* Pedro Fariñas - Saxos e percusión.




== Discografía ==
== Discografía ==

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2017 ás 11:48

Transilvanians é unha banda galega de música, formada en Vigo en 2004. Está composta por músicos doutras bandas da escena viguesa de estilos moi díspares, como o soul, funk, rythm and blues, ska, rocksteady ou o early reggae xamaicanos. O seu repertorio está formado por composicións propias e por versións de grupos coma The Skatalites, The Clash, Georgie Fame ou The Melodians.

Historia

En 2006 gravaron de forma analóxica cinco cancións nos estudios Muu! de Vigo. Os temas foron editados no nadal dese ano polo selo El Ejecutor Records en formato CD/EP co título Transilvanians. Participaron na edición de A polo ghit coa canción "Kingston Town / Santiago DC".

Participaron no disco tributo a Potato, e en 201o gravaron diversos temas en Studio Juan, editados en dous traballos: un sinxelo en formato 7" editado por Liquidator Music chamado The Vault Of.., e o seu primeiro longa duración: Vampire Lover, editado polo seu propio selo ZombieJ Records.

Durante 2011 e 2012 participan nos tributos a Skacha e Os Resentidos e comezaron unha nova singladura acompañando como banda de directo a Roy Ellis a.k.a. Mr. Symarip, tocando por boa parte do territorio estatal e por outros países como Alemaña, Francia ou Portugal, gravando tamén este último ano o novo disco de esta lenda do Reggae, You Can't Leave Now, un sínxelo onde regravan dúas vellas cancións dos anos 60's compostas por este gran artista.

No 2013 presentaron nova formación editando un novo EP chamado Kings Of Catacomb Reggay (Liquidator Music). Participaron nun compilatorio internacional tributo a The Clash, e fixeron a súa primeira xira europea por Alemaña e Bélxica. Foron galardonados co premio á mellor banda galega de Ska/Reggae/Mestizaxe nos Premios Galegos da Música.

En 2014 gravaron o seu segundo longa duración Echo Vibes & Fire (Liquidator Music), participaron no recompilatorio de bandas galegas Os Bolechas fan unha Banda, tocaron en directo cos pioneiros xamaicanos Winston Francis, Roy Panton e Yvonne Harrison, e fixeron a súa segunda xira europea por Francia, Alemaña, Holanda e Bélxica.

Membros

  • Charly "Doctor C" Varela - Guitarra.
  • Nestor Meizoso - Baixo.
  • Xabi "Space Duke" Vieitez - Piano & Hammond.
  • Kino "Little Cobra" - Batería e voces.
  • Antonio "Pam-Pam" Rodríguez - Trombón, voces e percusión.
  • Javier Marcos - Voz e percusión.
  • Pedro Fariñas - Saxos e percusión.

Discografía

  • Echo, Vibes & Fire LP/CD (Liquidator Music, 2014)
  • Kings Of Catacomb Reggay EP 7" (Liquidator Music, 2013)
  • Roy Ellis meets Transilvanians - You Can't Leave Now SG 7" (Liquidator Music, 2012)
  • Vampire Lover CD - (Zombie J, 2010)
  • The Vault Of.. SG 7" - (Liquidator Music, 2010)
  • Transilvanians CD/EP 7" - (El Ejecutor/Zombie J, 2006)

Véxase tamén

Ligazóns externas