Valente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 8: Liña 8:
De [[366]] a [[369]] Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos [[terwingos]] que apoiaran a Procopio.
De [[366]] a [[369]] Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos [[terwingos]] que apoiaran a Procopio.


Os [[godo]]s, que estaban sufrindo a invasión dos [[hunos]] desde [[376]], buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.
Os [[godo]]s, que estaban sufrindo a invasión dos [[hunos]] desde [[376]], buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.


Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o [[imperio Sasánida]].
Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o [[imperio Sasánida]].

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2017 ás 11:19

Sólido romano coa efixie do emperador Valente

Valente, nado no ano 328 e finado o 9 de agosto do 378 en Cibalae, a actual Vinkovci (Croacia), foi emperador romano de 364 a 378, despois de que o seu irmán Valentiniano I lle cedese a parte oriental do imperio.

Traxectoria

Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de Xuliano. Destituíu aos bispos arianos e reafirmou o Credo de Nicea. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por Procopio, un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en Tracia e Asia Menor, Valente conseguiu derrotar a Procopio en Thyatira (Lidia) en 366, executando ao rebelde o 27 de maio do mesmo ano.

De 366 a 369 Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos terwingos que apoiaran a Procopio.

Os godos, que estaban sufrindo a invasión dos hunos desde 376, buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.

Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o imperio Sasánida.

Unha rebelión dos godos ao mando de Fritixerno deu lugar á batalla de Adrianópole, onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.

Do seu matrimonio con Alba Domnica naceu o ulterior cónsul Valentiniano Galates e dúas fillas, Anastasia e Carosa.

Imperio Bizantino

Segue a:
Valentiniano I
Valente
Precede a:
Graciano
Dinastía Valentiniana-Teodosiana