Hadriano (emperador): Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos |
Sen resumo de edición |
||
Liña 55: | Liña 55: | ||
Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daria o nome de [[Antonino Pío]]. A partir daquel, os herdeiros designados levarian o título de [[César (titulo)|César]]. O carrego comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senón que exixiu que este á súa vez nomeara o seu para previr continxencias. Antonio nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarían a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade. |
Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daria o nome de [[Antonino Pío]]. A partir daquel, os herdeiros designados levarian o título de [[César (titulo)|César]]. O carrego comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senón que exixiu que este á súa vez nomeara o seu para previr continxencias. Antonio nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarían a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade. |
||
Hadriano morreu no [[138]] e foi inhumado no monumental mausoleo, que tras a caída do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos días como Castelo de Sant Angelo, na beira do río [[Tíber]]. |
Hadriano morreu no [[138]] e foi inhumado no [[Castelo de Sant'Angelo|monumental mausoleo]], que tras a caída do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos días como Castelo de Sant Angelo, na beira do río [[Tíber]]. |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 15 de setembro de 2017 ás 12:39
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Hadriano | |
---|---|
14º Emperador do Imperio Romano. | |
Busto de mármore de Hadriano nos Museos Capitolinos. | |
Reinado | 10 de agosto de 117 - 10 de xullo de 138 |
Nome completo | Publius Aelius Hadrianus (de nacemento) Caesar Publius Aelius Traianus Hadrianus Augustus (como emperador) |
Nacemento | 24 de xaneiro do 76 Itálica, Hispania |
Falecemento | 10 de xullo do 138 (62 anos) Baiae |
Predecesor | Traxano |
Sucesor | Antonino Pío |
Cónxuxe/s | Vibia Sabina |
Descendencia | Lucius Aelius Antonino Pío (adoptivos) |
Proxenitores | Publio Élio Hadriano Afer Domitia Paulina |
Na rede | |
Publius Aelius Traianus Hadrianus, en galego Publio Elio Hadriano, nado en Itálica o 24 de xaneiro de 76 e finado en Baia o 10 de xullo de 138, foi un Emperador romano da dinastía dos emperadores Antoninos.
Traxectoria
Hadriano sobe a dignidade imperial á morte de Traxano, no ano 117. Tamén nado na Betica, chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por Traxano, á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.
Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da Mesopotamia. Xa no ano 115 víñase a rexistrar un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei parto Cosroes aproveitou esta circunstancia para volver ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Adriano comprendeu que era moi difícil de manter a soberanía máis aló do Eufrates, e ordenou a evacuación, mais na beira daquel río quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de Mauritania se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.
O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente na sufocación dalgúns levantamentos. Rematou o trazado do limes xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do Danubio e levantou na Britania o que se coñece como a muralla de Hadriano (Vallum Hadriani) co obxecto de previr as incursións dos pictos e escotos. Tratábase dunha serie de fortificacións entre Inglaterra e Escocia, dende a desembocadura do río Tyne, no mar do Norte e o Solvay Firth no mar de Irlanda.
Para favorecer a fidelidade do exército, Adriano procurou recrutar as lexións nas mesmas rexións que ian defender. Co tempo, esta idea foi negativa, xa que alimentaría ideas centrífugas e cantonalistas, pero na época de plenitude imperial, os soldados sentianse moi motivados por se encarregar da defensa dos eidos que os viran nacer.
As sublevacions dos xudeus tiveron o seu cumio no 132, cunha rebelion aberta en Xudea, encabezada por Eleazar e Simón Bar Kojba, os cales non dubidaron en atacar a colonia romana de Elia Capitolina (Xerusalén), encravada naquel territorio. Esta sublevación foi asulagada a sangue e lume no 134, e a ofensiva relixiosa xudía rematou.
Hadriano reforzou o papel do consello imperial (Consilium principis) en detrimento do Senado. A dita institución era obxecto de consulta regular e as súas decisions facianse públicas de tres xeitos: por medio de edictos, por decretos (sentenzas de casos xudiciais) e rescriptos (respostas a consultas). Foi neste período cando se fai público o Edicto Perpetuo, obra de Salvio Xuliano, que recollia os edictos anteriores e foi unha fonte esencial de xurisprudencia.
Reformouse a admistración pública, separando netamente os carregos civís dos militares, creandose a figura do advocatus fisci, encarregado de representar o Estado nos litixios con particulares. Tamén se organizou un servizo de Correos.
Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daria o nome de Antonino Pío. A partir daquel, os herdeiros designados levarian o título de César. O carrego comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senón que exixiu que este á súa vez nomeara o seu para previr continxencias. Antonio nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarían a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade.
Hadriano morreu no 138 e foi inhumado no monumental mausoleo, que tras a caída do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos días como Castelo de Sant Angelo, na beira do río Tíber.
Véxase tamén
Outros artigos
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Traxano |
Hadriano (emperador) | Precede a: Antonino Pío |
Dinastía dos Antoninos |