Banco Mundial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Grupo Banco Mundial: +trad. ca.wiki
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Grupo Banco Mundial: +trad. ca.wiki
Liña 34: Liña 34:


Durante os [[anos 1980]], o banco fixo fincapé nos préstamos para pagar a débeda do Terceiro Mundo, e as políticas de axuste estrutural deseñadas para optimizar as economías das nacións en desenvolvemento. A finais da [[década de 1980]], UNICEF informou que os programas de axustamento estruturais do Banco Mundial foran responsables da "diminución da saúde, dos niveis nutritivos e educativos de decenas de millóns de nenos de Asia, Latinoamérica, e África".<ref name="Cornia et. al. 1987">{{cita libro|título= Adjustment with a Human Face: Protecting the Vulnerable and Promoting Growth|editor = Cornia, Giovanni Andrea|editor2 = Jolly, Richard|editor3 = Stewart, Frances|ano= 1987|editorial= Oxford University Press USA|lugar= Nova York, NY|isbn = 978-0-19-828609-7}}</ref>
Durante os [[anos 1980]], o banco fixo fincapé nos préstamos para pagar a débeda do Terceiro Mundo, e as políticas de axuste estrutural deseñadas para optimizar as economías das nacións en desenvolvemento. A finais da [[década de 1980]], UNICEF informou que os programas de axustamento estruturais do Banco Mundial foran responsables da "diminución da saúde, dos niveis nutritivos e educativos de decenas de millóns de nenos de Asia, Latinoamérica, e África".<ref name="Cornia et. al. 1987">{{cita libro|título= Adjustment with a Human Face: Protecting the Vulnerable and Promoting Growth|editor = Cornia, Giovanni Andrea|editor2 = Jolly, Richard|editor3 = Stewart, Frances|ano= 1987|editorial= Oxford University Press USA|lugar= Nova York, NY|isbn = 978-0-19-828609-7}}</ref>

=== 1989-presente ===
A comezos de 1989, en resposta á dura crítica de moitos grupos, o banco empezou a incluír grupos ambientais e [[ONG]]s nos seus préstamos para mitigar os anteriores efectos das súas políticas de desenvolvemento.<ref name="Goldman 2005 93">{{cita libro|título= Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization|autor= Goldman, Michael|ano= 2005|editorial= Yale University Press|lugar= New Haven, CT|isbn = 978-0-30-011974-9}}</ref>{{Rp|93-97}} Tamén creou unha axencia para implementar, de acordo co [[Protocolo de Montreal]], as medidas de protección da [[capa de ozono]] e da [[atmosfera terrestre]] reducindo nun 95% o uso de sustancias químicas que esgotan o ozono, co 2015 como data obxectivo. Desde entón, de acordo cos seus coñecidos como "Seis Temas Estratéxicos", o banco aplicou varias políticas adicionais para conservar a contorna á vez que se promove o desenvolvemento. Por exemplo, en 1991, o banco anunciou que para protexer contra a [[deforestación]], especialmente da [[Amazonia]], non financiaría ningún desenvolvemento comercial ou proxecto de infraestrutura que botara a perder o [[medio ambiente]].

Para promover bens públicos globais, o Banco Mundial tenta controlar as enfermidades contaxiosas como a [[malaria]], repartindo [[vacina]]s en varias partes do planeta e unindo forzas para combatelas. En 2000, o banco anunciou unha "guerra á [[SIDA]]", e o 2011, o Banco uniuse á Sociedade para Parar a Tuberculose.<ref name="World Bank Results 2012">{{cita web|título= Results|editor= World Bank Group|autor= World Bank|url = https://www.worldbank.org/results/|dataacceso= 31 maio 2012}}</ref>

Nesta liña, en 2010 levou un proxecto ás [[Seychelles]] para promover o turismo local chamado MAGIC. Este foi continuado polo proxecto TIME, lanzado en 2012.

Tradicionalmente, e por un acordo tácito entre Estados Unidos e Europa, o presidente do Banco Mundial sempre foi seleccionado entre os candidatos dos Estados Unidos.

O 23 de marzo de 2012, o presidente da EE.UU. [[Barack Obama]] anunciou que os Estados Unidos nomearían a [[Jim Yong Kim]] como presidente do Banco.<ref name="Office of the Press Secretary 2012">{{cita publicación periódica|autor= Office of the Press Secretary|título= President Obama Announces Un.S. Nomination of Dr. Jim Yong Kim to Lead World Bank|url= http://www.whitehouse.gov/the-press-office/2012/03/23/president-obama-announces-us-nomination-dr-jim-yong-kim-lead-world-bank |editorial= The White House|data=23 maio 2012 |dataacceso=23 marzo 2012}}</ref> Jim Yong Kim foi elixido o 27 de abril de 2012.


== Grupo Banco Mundial ==
== Grupo Banco Mundial ==

Revisión como estaba o 15 de setembro de 2017 ás 09:06

Sede do Banco Mundial en Washington.

O Banco Mundial é unha institución financeira internacional que proporciona préstamos[1] aos países en vías de desenvolvemento para os programas de capital. Componse de dúas institucións: o Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento (BIRD) e a Asociación Internacional para o Desenvolvemento (AID). O Banco Mundial é un compoñente do Grupo do Banco Mundial, e membro do Grupo para o Desenvolvemento das Nacións Unidas.

O Banco Mundial traballa con outra entidade, o Fondo Monetario Internacional (FMI), o cal dá financiamento para alixeirar os problemas na balanza dos pagos da débeda. Ambos son coñecidos como "Institucións de Bretton Woods", posto que a conferencia internacional que levou á creación destas institucións e onde se asinaron os Acordos de Bretton Woods levouse a cabo no pobo homónimo, Bretton Woods, parte do municipio de Carroll, no estado de Nova Hampshire (Estados Unidos de América), do 1 ao 22 de xullo de 1944.

O obxectivo oficial do Banco Mundial é a redución da pobreza. De acordo co seu Convenio constitutivo, todas as súas decisións teñen que ser guiadas por un compromiso coa promoción da investimento estranxeiro e o comercio internacional e a facilitación do investimento de capital.[2][3]

Historia

John Maynard Keynes (dereita) e Harry Dexter White, os "pais fundadores" do Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional (FMI).[4]

O Banco Mundial foi creado en 1944 na Conferencia de Bretton Woods, xunto con outras tres institucións, incluíndo o Fondo Monetario Internacional (FMI). O Banco Mundial e o FMI teñen os dous a súa sede en Washington DC, e traballan estreitamente entre eles. Non foi ata a ratificación internacional dos Acordos de Bretton Woods o 27 de decembro de 1945 que non empezou a funcionar formalmente.

A Sala de Ouro no Hotel Mount Washington onde o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial foron creados.

A pesar de que moitos países estiveron representados na Conferencia de Bretton Woods, os Estados Unidos e Reino Unido eran os máis destacados en presenza e dominaron as negociacións.[5]:52-54

1944-1969

Antes de 1969, a reconstrución e os préstamos ao desenvolvemento proporcionados polo Banco Mundial eran relativamente pequenos. O persoal do Banco era consciente da necesidade de xerar confianza no banco. Gobernaba un conservadurismo fiscal, e as peticións de préstamos seguían criterios estritos.[6]:56-60

O primeiro país en recibir un préstamo do Banco Mundial foi Francia. O presidente do Banco da época, John McCloy, escolleu Francia por riba dos outros solicitantes: Polonia e Chile. O préstamo era de 250 millóns de dólares, a metade da cantidade pedida, e estaba acompañado de condicións moi estritas. Francia aceptou para conseguir un orzamento equilibrado e tivo que priorizar o reembolso desta débeda diante dos outros gobernos. O Banco Mundial controlou de preto o uso dos fondos para asegurar que o goberno francés cumpría as condicións. Ademais, antes de aprobar o préstamo, o departamento de estado dos Estados Unidos esixiu ao goberno francés que terían que ser apartados aqueles membros asociados ao Partido Comunista. O goberno francés cumpriu a esixencia e sacou o partido comunista do goberno de coalición. O préstamo a Francia foi aprobado en cuestión de horas.[7]:288, 290-291

Cando se despregou o Plan Marshall en 1947, moitos dos países europeos empezaron a recibir axudas doutras fontes. Enfrontado con esta competencia, o Banco Mundial cambiou o seu foco a países extraeuropeos. Ata que en 1968, os seus préstamos foron consignados para a construción de infraestruturas que produzan ingresos, como portos, redes de autoestrada, e plantas de enerxía, que xerarían suficientes ingresos para habilitar ao país a devolver o préstamo.

1968-1980

De 1968 a 1980, o banco concentrouse en satisfacer as necesidades básicas das persoas no mundo en desenvolvemento. A media e o número de préstamos a prestatarios incrementouse en gran medida como préstamos orientados a ampliar as infraestruturas dos servizos sociais e outros sectores.[8]

Estes cambios hai que atribuílos a Robert McNamara, quen foi designado como presidente en 1968 por Lyndon B. Johnson.[9]:60-63 McNamara pediu ao tesoureiro do banco, Eugene Rotberg, buscar novas fontes de capital máis aló dos bancos norteños que foran as fontes primarias habituais. Rotberg utilizou o mercado de bonos global para aumentar o capital dispoñible do banco.[10] Unha consecuencia deste período de atenuación da pobreza foi un aumento rápido da débeda do terceiro mundo. De 1976 a 1980 a débeda mundial do mundo en desenvolvemento aumentou a un índice anual medio do 20%.[11][12]

En 1980, o Tribunal administrativo do Banco Mundial creouse para decidir nas disputas entre o Grupo Banco Mundial e o seu persoal nas alegacións de incumprimento de contratos de ocupación ou dos termos dos acordos.[13]

1980-1989

En 1980, McNamara foi sucedido por Alden W. Clausen candidato do presidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter. Substituíu moitos membros do equipo de McNamara e instituíu un novo enfoque ideolóxico. A súa decisión de 1982 de substituír o economista principal do banco, Hollis B. Chenery, por Anne Krueger era unha indicación deste novo enfoque. Krueger destacouse pola súa crítica sobre o financiamento ao desenvolvemento e por describir os gobernos do Terceiro Mundo como "estados buscadores de rendas".

Durante os anos 1980, o banco fixo fincapé nos préstamos para pagar a débeda do Terceiro Mundo, e as políticas de axuste estrutural deseñadas para optimizar as economías das nacións en desenvolvemento. A finais da década de 1980, UNICEF informou que os programas de axustamento estruturais do Banco Mundial foran responsables da "diminución da saúde, dos niveis nutritivos e educativos de decenas de millóns de nenos de Asia, Latinoamérica, e África".[14]

1989-presente

A comezos de 1989, en resposta á dura crítica de moitos grupos, o banco empezou a incluír grupos ambientais e ONGs nos seus préstamos para mitigar os anteriores efectos das súas políticas de desenvolvemento.[15]:93-97 Tamén creou unha axencia para implementar, de acordo co Protocolo de Montreal, as medidas de protección da capa de ozono e da atmosfera terrestre reducindo nun 95% o uso de sustancias químicas que esgotan o ozono, co 2015 como data obxectivo. Desde entón, de acordo cos seus coñecidos como "Seis Temas Estratéxicos", o banco aplicou varias políticas adicionais para conservar a contorna á vez que se promove o desenvolvemento. Por exemplo, en 1991, o banco anunciou que para protexer contra a deforestación, especialmente da Amazonia, non financiaría ningún desenvolvemento comercial ou proxecto de infraestrutura que botara a perder o medio ambiente.

Para promover bens públicos globais, o Banco Mundial tenta controlar as enfermidades contaxiosas como a malaria, repartindo vacinas en varias partes do planeta e unindo forzas para combatelas. En 2000, o banco anunciou unha "guerra á SIDA", e o 2011, o Banco uniuse á Sociedade para Parar a Tuberculose.[16]

Nesta liña, en 2010 levou un proxecto ás Seychelles para promover o turismo local chamado MAGIC. Este foi continuado polo proxecto TIME, lanzado en 2012.

Tradicionalmente, e por un acordo tácito entre Estados Unidos e Europa, o presidente do Banco Mundial sempre foi seleccionado entre os candidatos dos Estados Unidos.

O 23 de marzo de 2012, o presidente da EE.UU. Barack Obama anunciou que os Estados Unidos nomearían a Jim Yong Kim como presidente do Banco.[17] Jim Yong Kim foi elixido o 27 de abril de 2012.

Grupo Banco Mundial

Poder de voto no BM
País Porcentaxe
Estados Unidos 16,39 %
Xapón 7,86 %
Alemaña 4,49 %
Francia 4,30 %
Reino Unido 4,30 %
Outros 62,66 %

As cinco institucións están estreitamente relacionadas e funcionan baixo unha única presidencia. Son:

  • O Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF, 184 países membros), creado en 1945.

O BIRF proporciona préstamos e asistencia para o desenvolvemento a países de rendas medias con bos antecedentes de crédito. O poder de voto de cada país membro está vinculado ás súas subscricións de capital, que a súa vez están baseadas no poder económico relativo de cada país. O BIRF recolle gran parte dos seus fondos a través da venda de títulos nos mercados internacionais de capital. Xuntos, o BIRF e a AIF forman o Banco Mundial.

  • A Asociación Internacional de Fomento (AIF, 164 países membros), creado en 1960.

Desempeña un papel importante na misión do Banco que é a redución da pobreza. A asistencia da AIF concentrase nos países máis pobres, aos cales proporciona préstamos sen xuros e outros servizos. A AIF depende das contribucións dos seus países membros máis ricos - incluso algúns países en desenvolvemento - para recadar a maior parte dos seus recursos financeiros.

  • A Corporación Financeira Internacional (CFI, 178 países membros), Creada en 1956.

A CFI promove o crecemento no mundo en desenvolvemento mediante o financiamento de investimentos do sector privado e a prestación de asistencia técnica e de asesoramento aos gobernos e empresas.

  • O Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos (OMGI, 162 países membros), Creado en 1988.

OMGI axuda a estimular investimentos estranxeiros nos países en desenvolvemento por medio de garantías a investidores estranxeiros contra prexuízos causados por riscos non comerciais. A OMGI tamén proporciona asistencia técnica para axudar aos países a divulgar informacións sobre oportunidades de investimento.

  • O Centro Internacional de Arbitraxe de Diferenzas Relativas a Investimentos (CIADI, 134 países membros), Creado en 1966.

O CIADI proporciona instalacións para a resolución- mediante conciliación ou arbitraxe - de disputas referentes a investimentos entre investidores estranxeiros e os seus países anfitrións.

Presidencia

O presidente do Banco Mundial foi tradicionalmente un cidadán estadounidense, até que en 2008 accedeu ao cargo o surcoreano Jim Yong Kim.

Notas

  1. World Bank, ed. (14 outubro 2008). "About Us" (en inglés). Consultado o 9 novembro 2008. 
  2. Articles of Agreement: as amended effective 16 February 1989.
  3. World Bank, ed. (29 xuño 2011). "About Us" (en inglés). Consultado o 14 agosto 2011. 
  4. International Monetary Fund (ed.). "The Founding Fathers". Consultado o 11 agosto 2012. 
  5. Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9. 
  6. Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9. 
  7. Bird, Kai (1992). The Chairman: John J. McCloy, the Making of the American Establishment. Nova York, NY: Simon & Schuster. ISBN 978-0-67-145415-9. 
  8. World Bank. World Bank Group, ed. "World Bank Historical Chronology: 1970-1979". Consultado o 31 maio 2012. 
  9. Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9. 
  10. Rotberg, Eugene (1994). Bretton Woods Commission, ed. "Financial Operations of the World Bank". Bretton Woods: looking to the future: commission report, staff review, background papers (Washington, D.C.). 
  11. Mosley, Paul; Harrigan, Jane; Toye, John (1995). Aid and Power: The World Bank and Policy Based Lending, 2nd Edition 1. Abington, UK: Routledge. ISBN 978-0-415-13209-1. 
  12. Toussaint, Eric (1999). Your Money or Your Life!: The Tyranny of Global Finance. Londres, UK: Pluto Press. ISBN 978-0-74-531412-9. 
  13. World Bank. World Bank Group, ed. "World Bank Administrative Tribunal". Consultado o 14 agosto 2011. 
  14. Cornia, Giovanni Andrea; Jolly, Richard; Stewart, Frances, eds. (1987). Adjustment with a Human Face: Protecting the Vulnerable and Promoting Growth. Nova York, NY: Oxford University Press USA. ISBN 978-0-19-828609-7. 
  15. Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9. 
  16. World Bank. World Bank Group, ed. "Results". Consultado o 31 maio 2012. 
  17. Office of the Press Secretary (23 maio 2012). "President Obama Announces Un.S. Nomination of Dr. Jim Yong Kim to Lead World Bank". The White House. Consultado o 23 marzo 2012. 

Véxase tamén