Banco Mundial: Diferenzas entre revisións
→Grupo Banco Mundial: +trad. ca.wiki |
|||
Liña 22: | Liña 22: | ||
Cando se despregou o [[Plan Marshall]] en 1947, moitos dos países europeos empezaron a recibir axudas doutras fontes. Enfrontado con esta competencia, o Banco Mundial cambiou o seu foco a países extraeuropeos. Ata que en 1968, os seus préstamos foron consignados para a construción de infraestruturas que produzan ingresos, como portos, redes de autoestrada, e plantas de enerxía, que xerarían suficientes ingresos para habilitar ao país a devolver o préstamo. |
Cando se despregou o [[Plan Marshall]] en 1947, moitos dos países europeos empezaron a recibir axudas doutras fontes. Enfrontado con esta competencia, o Banco Mundial cambiou o seu foco a países extraeuropeos. Ata que en 1968, os seus préstamos foron consignados para a construción de infraestruturas que produzan ingresos, como portos, redes de autoestrada, e plantas de enerxía, que xerarían suficientes ingresos para habilitar ao país a devolver o préstamo. |
||
=== 1968-1980 === |
|||
De 1968 a 1980, o banco concentrouse en satisfacer as necesidades básicas das persoas no mundo en desenvolvemento. A media e o número de préstamos a prestatarios incrementouse en gran medida como préstamos orientados a ampliar as infraestruturas dos servizos sociais e outros sectores.<ref name="World Bank Historical Chronology 1970-1979">{{cita web|título= World Bank Historical Chronology: 1970-1979|editor= World Bank Group|autor= World Bank|url = http://go.worldbank.org/847R4CBE80|dataacceso= 31 maio 2012}}</ref> |
|||
Estes cambios hai que atribuílos a [[Robert McNamara]], quen foi designado como presidente en 1968 por [[Lyndon Baines Johnson|Lyndon B. Johnson.]]<ref name="Goldman 2005 60">{{cita libro|título= Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization|autor= Goldman, Michael|ano= 2005|editorial= Yale University Press|lugar= New Haven, CT|isbn = 978-0-30-011974-9}}</ref>{{Rp|60-63}} McNamara pediu ao tesoureiro do banco, Eugene Rotberg, buscar novas fontes de capital máis aló dos bancos norteños que foran as fontes primarias habituais. Rotberg utilizou o mercado de bonos global para aumentar o capital dispoñible do banco.<ref name="Rotberg 1994">{{cita publicación periódica|título= Financial Operations of the World Bank|autor= Rotberg, Eugene|publicación= Bretton Woods: looking to the future: commission report, staff review, background papers|ano= 1994|editor= Bretton Woods Commission|lugar= Washington, D.C.|url = http://external.worldbankimflib.org/uhtbin/cgisirsi/x/0/0/5/?searchdata1=219610%7Bckey%7D#_}}</ref> Unha consecuencia deste período de atenuación da pobreza foi un aumento rápido da [[débeda do terceiro mundo]]. De 1976 a 1980 a débeda mundial do mundo en desenvolvemento aumentou a un índice anual medio do 20%.<ref name="Mosley et. al. 1995">{{cita libro|título= Aid and Power: The World Bank and Policy Based Lending, 2nd Edition|autor= Mosley, Paul|autor2= Harrigan, Jane|autor3= Toye, John|ano= 1995|volume= 1|editorial= Routledge|lugar= Abington, UK|isbn = 978-0-415-13209-1}}</ref><ref name="Toussaint 1999">{{cita libro|título= Your Money or Your Life!: The Tyranny of Global Finance|autor= Toussaint, Eric|ano= 1999|editorial= Pluto Press|lugar= Londres, UK|isbn = 978-0-74-531412-9}}</ref> |
|||
En 1980, o Tribunal administrativo do Banco Mundial creouse para decidir nas disputas entre o Grupo Banco Mundial e o seu persoal nas alegacións de incumprimento de contratos de ocupación ou dos termos dos acordos.<ref name="World Bank Admin Tribunal 2012">{{cita web|título= World Bank Administrative Tribunal|editor= World Bank Group|autor= World Bank|url = http://lnweb90.worldbank.org/crn/wbt/wbtwebsite.nsf/%28resultsweb%29/about?opendocument|dataacceso= 14 agosto 2011}}</ref> |
|||
== Grupo Banco Mundial == |
== Grupo Banco Mundial == |
Revisión como estaba o 15 de setembro de 2017 ás 08:48
O Banco Mundial é unha institución financeira internacional que proporciona préstamos[1] aos países en vías de desenvolvemento para os programas de capital. Componse de dúas institucións: o Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento (BIRD) e a Asociación Internacional para o Desenvolvemento (AID). O Banco Mundial é un compoñente do Grupo do Banco Mundial, e membro do Grupo para o Desenvolvemento das Nacións Unidas.
O Banco Mundial traballa con outra entidade, o Fondo Monetario Internacional (FMI), o cal dá financiamento para alixeirar os problemas na balanza dos pagos da débeda. Ambos son coñecidos como "Institucións de Bretton Woods", posto que a conferencia internacional que levou á creación destas institucións e onde se asinaron os Acordos de Bretton Woods levouse a cabo no pobo homónimo, Bretton Woods, parte do municipio de Carroll, no estado de Nova Hampshire (Estados Unidos de América), do 1 ao 22 de xullo de 1944.
O obxectivo oficial do Banco Mundial é a redución da pobreza. De acordo co seu Convenio constitutivo, todas as súas decisións teñen que ser guiadas por un compromiso coa promoción da investimento estranxeiro e o comercio internacional e a facilitación do investimento de capital.[2][3]
Historia
O Banco Mundial foi creado en 1944 na Conferencia de Bretton Woods, xunto con outras tres institucións, incluíndo o Fondo Monetario Internacional (FMI). O Banco Mundial e o FMI teñen os dous a súa sede en Washington DC, e traballan estreitamente entre eles. Non foi ata a ratificación internacional dos Acordos de Bretton Woods o 27 de decembro de 1945 que non empezou a funcionar formalmente.
A pesar de que moitos países estiveron representados na Conferencia de Bretton Woods, os Estados Unidos e Reino Unido eran os máis destacados en presenza e dominaron as negociacións.[5]:52-54
1944-1969
Antes de 1969, a reconstrución e os préstamos ao desenvolvemento proporcionados polo Banco Mundial eran relativamente pequenos. O persoal do Banco era consciente da necesidade de xerar confianza no banco. Gobernaba un conservadurismo fiscal, e as peticións de préstamos seguían criterios estritos.[6]:56-60
O primeiro país en recibir un préstamo do Banco Mundial foi Francia. O presidente do Banco da época, John McCloy, escolleu Francia por riba dos outros solicitantes: Polonia e Chile. O préstamo era de 250 millóns de dólares, a metade da cantidade pedida, e estaba acompañado de condicións moi estritas. Francia aceptou para conseguir un orzamento equilibrado e tivo que priorizar o reembolso desta débeda diante dos outros gobernos. O Banco Mundial controlou de preto o uso dos fondos para asegurar que o goberno francés cumpría as condicións. Ademais, antes de aprobar o préstamo, o departamento de estado dos Estados Unidos esixiu ao goberno francés que terían que ser apartados aqueles membros asociados ao Partido Comunista. O goberno francés cumpriu a esixencia e sacou o partido comunista do goberno de coalición. O préstamo a Francia foi aprobado en cuestión de horas.[7]:288, 290-291
Cando se despregou o Plan Marshall en 1947, moitos dos países europeos empezaron a recibir axudas doutras fontes. Enfrontado con esta competencia, o Banco Mundial cambiou o seu foco a países extraeuropeos. Ata que en 1968, os seus préstamos foron consignados para a construción de infraestruturas que produzan ingresos, como portos, redes de autoestrada, e plantas de enerxía, que xerarían suficientes ingresos para habilitar ao país a devolver o préstamo.
1968-1980
De 1968 a 1980, o banco concentrouse en satisfacer as necesidades básicas das persoas no mundo en desenvolvemento. A media e o número de préstamos a prestatarios incrementouse en gran medida como préstamos orientados a ampliar as infraestruturas dos servizos sociais e outros sectores.[8]
Estes cambios hai que atribuílos a Robert McNamara, quen foi designado como presidente en 1968 por Lyndon B. Johnson.[9]:60-63 McNamara pediu ao tesoureiro do banco, Eugene Rotberg, buscar novas fontes de capital máis aló dos bancos norteños que foran as fontes primarias habituais. Rotberg utilizou o mercado de bonos global para aumentar o capital dispoñible do banco.[10] Unha consecuencia deste período de atenuación da pobreza foi un aumento rápido da débeda do terceiro mundo. De 1976 a 1980 a débeda mundial do mundo en desenvolvemento aumentou a un índice anual medio do 20%.[11][12]
En 1980, o Tribunal administrativo do Banco Mundial creouse para decidir nas disputas entre o Grupo Banco Mundial e o seu persoal nas alegacións de incumprimento de contratos de ocupación ou dos termos dos acordos.[13]
Grupo Banco Mundial
País | Porcentaxe |
---|---|
Estados Unidos | 16,39 % |
Xapón | 7,86 % |
Alemaña | 4,49 % |
Francia | 4,30 % |
Reino Unido | 4,30 % |
Outros | 62,66 % |
As cinco institucións están estreitamente relacionadas e funcionan baixo unha única presidencia. Son:
- O Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF, 184 países membros), creado en 1945.
O BIRF proporciona préstamos e asistencia para o desenvolvemento a países de rendas medias con bos antecedentes de crédito. O poder de voto de cada país membro está vinculado ás súas subscricións de capital, que a súa vez están baseadas no poder económico relativo de cada país. O BIRF recolle gran parte dos seus fondos a través da venda de títulos nos mercados internacionais de capital. Xuntos, o BIRF e a AIF forman o Banco Mundial.
- A Asociación Internacional de Fomento (AIF, 164 países membros), creado en 1960.
Desempeña un papel importante na misión do Banco que é a redución da pobreza. A asistencia da AIF concentrase nos países máis pobres, aos cales proporciona préstamos sen xuros e outros servizos. A AIF depende das contribucións dos seus países membros máis ricos - incluso algúns países en desenvolvemento - para recadar a maior parte dos seus recursos financeiros.
- A Corporación Financeira Internacional (CFI, 178 países membros), Creada en 1956.
A CFI promove o crecemento no mundo en desenvolvemento mediante o financiamento de investimentos do sector privado e a prestación de asistencia técnica e de asesoramento aos gobernos e empresas.
- O Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos (OMGI, 162 países membros), Creado en 1988.
OMGI axuda a estimular investimentos estranxeiros nos países en desenvolvemento por medio de garantías a investidores estranxeiros contra prexuízos causados por riscos non comerciais. A OMGI tamén proporciona asistencia técnica para axudar aos países a divulgar informacións sobre oportunidades de investimento.
- O Centro Internacional de Arbitraxe de Diferenzas Relativas a Investimentos (CIADI, 134 países membros), Creado en 1966.
O CIADI proporciona instalacións para a resolución- mediante conciliación ou arbitraxe - de disputas referentes a investimentos entre investidores estranxeiros e os seus países anfitrións.
Presidencia
O presidente do Banco Mundial foi tradicionalmente un cidadán estadounidense, até que en 2008 accedeu ao cargo o surcoreano Jim Yong Kim.
- Eugene Meyer (xuño 1946 - decembro 1946)
- John J. McCloy (marzo 1947 - xuño 1949)
- George D. Woods (xaneiro 1963 - marzo 1968)
- Robert McNamara (abril 1968 - xuño 1981)
- Alden W. Clausen (xullo 1981 - xuño 1986)
- Barber B. Conable (xullo 1986 - agosto 1991)
- Lewis T. Preston (setembro 1991 - maio 1995)
- James Wolfensohn (xuño 1995 - 31 de maio 2005)
- Paul Wolfowitz (1 de xuño de 2005 - 2007)
- Robert Zoellick (2007 - 2008)
- Jim Yong Kim (2008 -)
Notas
- ↑ World Bank, ed. (14 outubro 2008). "About Us" (en inglés). Consultado o 9 novembro 2008.
- ↑ Articles of Agreement: as amended effective 16 February 1989.
- ↑ World Bank, ed. (29 xuño 2011). "About Us" (en inglés). Consultado o 14 agosto 2011.
- ↑ International Monetary Fund (ed.). "The Founding Fathers". Consultado o 11 agosto 2012.
- ↑ Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9.
- ↑ Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9.
- ↑ Bird, Kai (1992). The Chairman: John J. McCloy, the Making of the American Establishment. Nova York, NY: Simon & Schuster. ISBN 978-0-67-145415-9.
- ↑ World Bank. World Bank Group, ed. "World Bank Historical Chronology: 1970-1979". Consultado o 31 maio 2012.
- ↑ Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9.
- ↑ Rotberg, Eugene (1994). Bretton Woods Commission, ed. "Financial Operations of the World Bank". Bretton Woods: looking to the future: commission report, staff review, background papers (Washington, D.C.).
- ↑ Mosley, Paul; Harrigan, Jane; Toye, John (1995). Aid and Power: The World Bank and Policy Based Lending, 2nd Edition 1. Abington, UK: Routledge. ISBN 978-0-415-13209-1.
- ↑ Toussaint, Eric (1999). Your Money or Your Life!: The Tyranny of Global Finance. Londres, UK: Pluto Press. ISBN 978-0-74-531412-9.
- ↑ World Bank. World Bank Group, ed. "World Bank Administrative Tribunal". Consultado o 14 agosto 2011.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Banco Mundial |