Banco Mundial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Presidentes do Banco Mundial: elimino subtítulo non necesario
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 71: Liña 71:
== Presidencia ==
== Presidencia ==
O presidente do Banco Mundial foi tradicionalmente un cidadán estadounidense, até que en 2007 accedeu ao cargo o [[Corea do Sur|surcoreano]] [[Jim Yong Kim]].
O presidente do Banco Mundial foi tradicionalmente un cidadán estadounidense, até que en 2007 accedeu ao cargo o [[Corea do Sur|surcoreano]] [[Jim Yong Kim]].



*[[Eugene Meyer]] (xuño [[1946]] - decembro 1946)
*[[Eugene Meyer]] (xuño [[1946]] - decembro 1946)

Revisión como estaba o 15 de setembro de 2017 ás 08:34

Sede do Banco Mundial en Washington.

O Banco Mundial é unha institución financeira internacional que proporciona préstamos[1] aos países en vías de desenvolvemento para os programas de capital. Componse de dúas institucións: o Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento (BIRD) e a Asociación Internacional para o Desenvolvemento (AID). O Banco Mundial é un compoñente do Grupo do Banco Mundial, e membro do Grupo para o Desenvolvemento das Nacións Unidas.

O Banco Mundial traballa con outra entidade, o Fondo Monetario Internacional (FMI), o cal dá financiamento para alixeirar os problemas na balanza dos pagos da débeda. Ambos son coñecidos como "Institucións de Bretton Woods", posto que a conferencia internacional que levou á creación destas institucións e onde se asinaron os Acordos de Bretton Woods levouse a cabo no pobo homónimo, Bretton Woods, parte do municipio de Carroll, no estado de Nova Hampshire (Estados Unidos de América), do 1 ao 22 de xullo de 1944.

O obxectivo oficial do Banco Mundial é a redución da pobreza. De acordo co seu Convenio constitutivo, todas as súas decisións teñen que ser guiadas por un compromiso coa promoción da investimento estranxeiro e o comercio internacional e a facilitación do investimento de capital.[2][3]

Historia

John Maynard Keynes (dereita) e Harry Dexter White, os "pais fundadores" do Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional (FMI).[4]

O Banco Mundial foi creado en 1944 na Conferencia de Bretton Woods, xunto con outras tres institucións, incluíndo o Fondo Monetario Internacional (FMI). O Banco Mundial e o FMI teñen os dous a súa sede en Washington DC, e traballan estreitamente entre eles. Non foi ata a ratificación internacional dos Acordos de Bretton Woods o 27 de decembro de 1945 que non empezou a funcionar formalmente.

A Sala de Ouro no Hotel Mount Washington onde o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial foron creados.

A pesar de que moitos países estiveron representados na Conferencia de Bretton Woods, os Estados Unidos e Reino Unido eran os máis destacados en presenza e dominaron as negociacións.[5]:52-54

1944-1969

Antes de 1969, a reconstrución e os préstamos ao desenvolvemento proporcionados polo Banco Mundial eran relativamente pequenos. O persoal do Banco era consciente da necesidade de xerar confianza no banco. Gobernaba un conservadurismo fiscal, e as peticións de préstamos seguían criterios estritos.[6]:56-60

O primeiro país en recibir un préstamo do Banco Mundial foi Francia. O presidente do Banco da época, John McCloy, escolleu Francia por riba dos outros solicitantes: Polonia e Chile. O préstamo era de 250 millóns de dólares, a metade da cantidade pedida, e estaba acompañado de condicións moi estritas. Francia aceptou para conseguir un orzamento equilibrado e tivo que priorizar o reembolso desta débeda diante dos outros gobernos. O Banco Mundial controlou de preto o uso dos fondos para asegurar que o goberno francés cumpría as condicións. Ademais, antes de aprobar o préstamo, o departamento de estado dos Estados Unidos esixiu ao goberno francés que terían que ser apartados aqueles membros asociados ao Partido Comunista. O goberno francés cumpriu a esixencia e sacou o partido comunista do goberno de coalición. O préstamo a Francia foi aprobado en cuestión de horas.[7]:288, 290-291

Cando se despregou o Plan Marshall en 1947, moitos dos países europeos empezaron a recibir axudas doutras fontes. Enfrontado con esta competencia, o Banco Mundial cambiou o seu foco a países extraeuropeos. Ata que en 1968, os seus préstamos foron consignados para a construción de infraestruturas que produzan ingresos, como portos, redes de autoestrada, e plantas de enerxía, que xerarían suficientes ingresos para habilitar ao país a devolver o préstamo.

Grupo Banco Mundial

Poder de voto no BM
País Porcentaxe
Estados Unidos 16,39 %
Xapón 7,86 %
Alemaña 4,49 %
Francia 4,30 %
Reino Unido 4,30 %
Outros 62,66 %

As cinco institucións están estreitamente relacionadas e funcionan baixo unha única presidencia. Son:

  • O Banco Internacional de Reconstrución e Fomento (BIRF, 184 países membros), creado en 1945.

O BIRF proporciona préstamos e asistencia para o desenvolvemento a países de rendas medias con bos antecedentes de crédito. O poder de voto de cada país membro está vinculado ás súas subscricións de capital, que a súa vez están baseadas no poder económico relativo de cada país. O BIRF recolle gran parte dos seus fondos a través da venda de títulos nos mercados internacionais de capital. Xuntos, o BIRF e a AIF forman o Banco Mundial.

  • A Asociación Internacional de Fomento (AIF, 164 países membros), creado en 1960.

Desempeña un papel importante na misión do Banco que é a redución da pobreza. A asistencia da AIF concentrase nos países máis pobres, aos cales proporciona préstamos sen xuros e outros servizos. A AIF depende das contribucións dos seus países membros máis ricos - incluso algúns países en desenvolvemento - para recadar a maior parte dos seus recursos financeiros.

  • A Corporación Financeira Internacional (CFI, 178 países membros), Creada en 1956.

A CFI promove o crecemento no mundo en desenvolvemento mediante o financiamento de investimentos do sector privado e a prestación de asistencia técnica e de asesoramento aos gobernos e empresas.

  • O Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos (OMGI, 162 países membros), Creado en 1988.

OMGI axuda a estimular investimentos estranxeiros nos países en desenvolvemento por medio de garantías a investidores estranxeiros contra prexuízos causados por riscos non comerciais. A OMGI tamén proporciona asistencia técnica para axudar aos países a divulgar informacións sobre oportunidades de investimento.

  • O Centro Internacional de Arbitraxe de Diferenzas Relativas a Investimentos (CIADI, 134 países membros), Creado en 1966.

O CIADI proporciona instalacións para a resolución- mediante conciliación ou arbitraxe - de disputas referentes a investimentos entre investidores estranxeiros e os seus países anfitrións.

Presidencia

O presidente do Banco Mundial foi tradicionalmente un cidadán estadounidense, até que en 2007 accedeu ao cargo o surcoreano Jim Yong Kim.

Notas

  1. World Bank, ed. (14 outubro 2008). "About Us" (en inglés). Consultado o 9 novembro 2008. 
  2. Articles of Agreement: as amended effective 16 February 1989.
  3. World Bank, ed. (29 xuño 2011). "About Us" (en inglés). Consultado o 14 agosto 2011. 
  4. International Monetary Fund (ed.). "The Founding Fathers". Consultado o 11 agosto 2012. 
  5. Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9. 
  6. Goldman, Michael (2005). Imperial Nature: The World Bank and Struggles for Social Justice in the Age of Globalization. New Haven, CT: Yale University Press. ISBN 978-0-30-011974-9. 
  7. Bird, Kai (1992). The Chairman: John J. McCloy, the Making of the American Establishment. Nova York, NY: Simon & Schuster. ISBN 978-0-67-145415-9. 

Véxase tamén