Lucioperca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Moedagalega (conversa | contribucións)
*proveer (de) > prover de. / Outros axustes.
Liña 36: Liña 36:
[[Ficheiro:Whole Baked Zander.jpg|miniatura|Lucioperca ao forno servida nun restaurante húngaro.]]
[[Ficheiro:Whole Baked Zander.jpg|miniatura|Lucioperca ao forno servida nun restaurante húngaro.]]

A lucioperca é unha especie popular entre os pescadores en moitas partes de Europa. A miúdo cómese e é moi aprezado, ata o punto que nalgunhas partes de Europa central e oriental é considerado un dos peixes gastronomicamente máis valiosos. É aprezado pola súa carne tenra, firme e clara, as súas poucas espiñas e delicado sabor. Nalgunhas rexións a solta de crías de lucioperca está restrinxida, xa que as poboacións naturais abondan para proveer suficientemente á pesca deportiva e comercial, o que evita que se disparen as poboacións deste gran depredador que tería efectos adversos sobre outros peixes.
A lucioperca é unha especie popular entre os pescadores en moitas partes de Europa. A miúdo cómese e é moi aprezado, ata o punto que nalgunhas partes de Europa central e oriental é considerado un dos peixes gastronomicamente máis valiosos. É aprezado pola súa carne tenra, firme e clara, as súas poucas espiñas e delicado sabor. Nalgunhas rexións a solta de crías de lucioperca está restrinxida, xa que as poboacións naturais abondan para prover suficientemente a pesca deportiva e comercial, o que evita que se disparen as poboacións deste gran depredador que tería efectos adversos sobre outros peixes.

Pode chegar aos 20 kg de peso, aínda que as capturas normais son considerablemente menores. Chega a ter unha lonxitude de 40–80 cm cunha lonxitude máxima de 120 cm. A lucioperca pode prosperar en augas con pouca visibilidade (a diferenza do lucio, que predomina en augas claras). A lucioperca necesita unha gran cantidade de oxíxeno.

Foi introducida nalgunhas partes de Europa onde non era indíxena, como na Península Ibérica<ref>[http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/sander_lucioperca_2013_tcm7-307175.pdf Especies invasoras. Ministerio de Agricultura]</ref><ref>[http://www.vertebradosibericos.org/peces/interaccion/sanlucin.html Lucioperca]</ref>
Foi introducida nalgunhas partes de Europa onde non era indíxena, como na Península Ibérica<ref>[http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/sander_lucioperca_2013_tcm7-307175.pdf Especies invasoras. Ministerio de Agricultura]</ref><ref>[http://www.vertebradosibericos.org/peces/interaccion/sanlucin.html Lucioperca]</ref> ou no Reino Unido, onde estableceu poboacións florecentes e se considera unha especie nociva.<ref>{{cite news |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/7559266.stm |newspaper=[[BBC News]] |title=Dirty dozen threaten waterways |date= 14 August 2008 |accessdate=06 de xuño de 2015}}</ref><ref>"Foreign Fishes", The Living Countryside magazine (issue 36), p.706</ref> Debido ao seu potencial colonizador e a que constitúe unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os [[ecosistema]]s, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 1628/2011, do 14 de novembro de 2011, polo que está prohibida en España a súa introdución no medio natural, a posesión, o transporte, o tráfico e o comercio.
ou en Reino Unido, onde estableceu poboacións florecentes, e considérase unha especie nociva.<ref>{{cite news |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/7559266.stm |newspaper=[[BBC News]] |title=Dirty dozen threaten waterways |date= 14 August 2008 |accessdate=06 de xuño de 2015}}</ref><ref>"Foreign Fishes", The Living Countryside magazine (issue 36), p.706</ref> Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os [[ecosistema]]s, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro de 2011, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2017 ás 11:10

Lucioperca
(Sander lucioperca)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Familia: Percidae
Xénero: Sander
Especie: Sander lucioperca
Nome binomial
Sander lucioperca
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
  • Centropomus sandat Lacepède, 1802
  • Lucioperca linnei Malm, 1877
  • Lucioperca lucioperca (Linnaeus, 1758)
  • Lucioperca sandra Cuvier, 1828
  • Perca lucioperca Linnaeus, 1758
  • Stizostedion lucioperca (Linnaeus, 1758)
  • Stizostedion luciperca (Linnaeus, 1758)
  • Stizostedium lucioperca (Linnaeus, 1758)

A lucioperca (Sander lucioperca, sinónimo Stizostedion lucioperca) é un peixe de auga doce da familia dos pércidos que habita no oeste de Eurasia. Está emparentado coa perca. Ten un aspecto intermedio entre unha perca e un lucio, con cabeza e corpo alongados, e unha aleta dorsal dobre, a primeira espiñenta, aleta caudal homocerca e a anal espiñenta.[1]

Lucioperca.

En Europa existe unha segunda especie parecida (Sander volgensis) que vive nos ríos do sur de Rusia e na cunca do Danubio. Sospéitase que estas dúas especies poden hibridarse ocasionalmente nas áreas onde son simpátricas, xa que producen híbridos fértiles en catividade, aínda que non se atoparon híbridos naturais, polo que se cre que podería haber fortes mecanismos de illamento reprodutivo no apareamento e copulación (illamento precigótico) que dificultasen a hibridación. Moi parecido a el é o peixe norteamericano do mesmo xénero Sander vitreus.

Lucioperca ao forno servida nun restaurante húngaro.

A lucioperca é unha especie popular entre os pescadores en moitas partes de Europa. A miúdo cómese e é moi aprezado, ata o punto que nalgunhas partes de Europa central e oriental é considerado un dos peixes gastronomicamente máis valiosos. É aprezado pola súa carne tenra, firme e clara, as súas poucas espiñas e delicado sabor. Nalgunhas rexións a solta de crías de lucioperca está restrinxida, xa que as poboacións naturais abondan para prover suficientemente a pesca deportiva e comercial, o que evita que se disparen as poboacións deste gran depredador que tería efectos adversos sobre outros peixes.

Pode chegar aos 20 kg de peso, aínda que as capturas normais son considerablemente menores. Chega a ter unha lonxitude de 40–80 cm cunha lonxitude máxima de 120 cm. A lucioperca pode prosperar en augas con pouca visibilidade (a diferenza do lucio, que predomina en augas claras). A lucioperca necesita unha gran cantidade de oxíxeno.

Foi introducida nalgunhas partes de Europa onde non era indíxena, como na Península Ibérica[2][3] ou no Reino Unido, onde estableceu poboacións florecentes e se considera unha especie nociva.[4][5] Debido ao seu potencial colonizador e a que constitúe unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 1628/2011, do 14 de novembro de 2011, polo que está prohibida en España a súa introdución no medio natural, a posesión, o transporte, o tráfico e o comercio.

Notas

  1. Lucioperca - CSIC
  2. Especies invasoras. Ministerio de Agricultura
  3. Lucioperca
  4. "Dirty dozen threaten waterways". BBC News. 14 August 2008. Consultado o 06 de xuño de 2015. 
  5. "Foreign Fishes", The Living Countryside magazine (issue 36), p.706

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.