Diferenzas entre revisións de «Pedro Fernandes de Queirós»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios
(Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".)
m (Arranxos varios)
[[Ficheiro:Pedro Fernández de Quirós.JPG|miniatura|dereita|200px| Pedro Fernández de Quirós]]
'''Pedro Fernandes de Queirós''', coñecido tamén en [[lingua castelá|castelán]] como '''Pedro Fernández de Quirós''', nado en [[Évora]] en [[1565]] e falecido en [[Panamá]] en [[1614]], foi un mariño e explorador [[Portugal|portugués]] ao servizo da coroa española (por entón España e Portugal formaban un só reino).
 
== Traxectoria ==
Moi novo incorporouse á [[Armada Española]] e fíxose mariño e navegante experimentado. En [[1595]] serviu como piloto nas exploracións de [[Álvaro de Mendaña]] de Neira polo suroeste do Pacífico, e desputoulle a [[Isabel de Barreto]] o título de gobernadora das [[Illas Salomón]].
 
Como católico devoto, Quirós visitou [[Roma]] en [[1600]], onde obtivo apoio do papa, [[Clemente VIII]], para seguir con outras exploracións. Foi a [[Perú]] en [[1603]] coa intención de atopar ''Terra australis'', a "gran terra do sur mítica," e conquistala para España e a igrexa. A expedición de Quirós, con tres naves, ''Santos Pedro e Pablo'', ''San Pedro'' e ''Os Tres Reis'', partiu do Callao o 21 de decembro de [[1605]], con 300 mariñeiros e soldados.
 
En [[1606]] a expedición alcanzou as [[Tuamotu]] e as illas máis adiante chamadas Novas Hébridas (agora, como nación independente, [[Vanuatu]]). Quirós desembarcou nunha illa grande que creu era parte do continente meridional, e chamouna a ''Austrialia do Espírito Santo'' (mesturando as palabras Austral e Austria, dinastía reinante en [[España]] e [[Portugal]]). A illa aínda se chama [[Illa Espírito Santo|Espírito Santo]]. Alí fundou unha colonia que chamou Nova Xerusalén. Pero a colonia foi pronto abandonada debido á hostilidade comprensible do Nin-Vanuatu-Vanuatu e aos desacordos entre os compoñentes da expedición.
 
Algunhas semanas despois Quirós fíxose ao mar outra vez. O mal tempo separouno das outras naves e non conseguía (ou iso dixo el máis adiante) volver á beira. Entón puxo rumbo a [[Acapulco]] en [[México]], onde chegou en novembro de [[1606]]. O seu segundo no mando, [[Luís Váez de Torres]], logo de buscar inutilmente a Quirós, dirixiuse de novo a Espírito Santo descubrindo que era unha illa e seguiu buscando a Terra Australis, ata que abandonou a procura e dirixiuse a [[Manila]].
 
Quirós volveu a [[Madrid]] en [[1607]]. Tomado por tolo, pasou os sete anos seguintes na pobreza, escribindo numerosos memoriais relatando a súa viaxe e pedindo ao rei [[Filipe III de España|Filipe III]] diñeiro para unha nova viaxe. Enviárono a Perú con cartas de recomendación, pero o rei non tiña verdadeira intención de financiar outra expedición. Quirós morreu en [[Panamá]] en [[1615]].
 
O nome de Pedro Fernández de Quirós recórdase hoxe principalmente en [[Australia]]. Moitos autores asignan a Quirós a invención da palabra "Australia" na crenza que el nomeou as súas illas "'''Australia do Espírito Santo",''' mentres que realmente chamounas '''Austrialia do Espírito Santo'''.
 
{{ORDENAR:Fernandes de Queiros}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Fernandes de Queiros}}
[[Categoría:Exploradores]]
389.261

edicións

Menú de navegación