Gustave Moreau: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Gustave_Moreau_004.jpg" por "Jupiter_and_Semele_by_Gustave_Moreau.jpg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDelinker|Comm...
m Arranxos varios
Liña 7: Liña 7:
== Obra ==
== Obra ==
[[Ficheiro:Gustave Moreau 005.jpg|dereita|miniatura|200 px|''Edipo e a esfinxe'' (1864)]]
[[Ficheiro:Gustave Moreau 005.jpg|dereita|miniatura|200 px|''Edipo e a esfinxe'' (1864)]]
A obra de Moreau vai do [[Romanticismo]] ó [[Simbolismo]]. Aínda que é frecuente incluír a Moreau na nómina dos pintores simbolistas, a súa obra anticipouse en varias décadas á proclamación oficial do movemento por [[Jean Moréas]] en [[1886]].

Nas primeiras obras de Moreau son destacables as influencias de [[Ingres]], no tratamento da anatomía, especialmente masculina, e de [[Eugène Delacroix|Delacroix]], en canto á elección de temáticas exóticas, a través da súa mentor Théodore Chasseriau, quen fora discípulo de ambos. Co tempo, a obra de Moreau vai concedendo menor importancia á liña e máis ao colorido. Da súa última etapa, consérvase no museo Moreau unha serie de acuarelas que a crítica contemporánea considera moi próximas á abstracción.

O mundo de Moreau está poboado de adolescentes andróxinos e mulleres fascinantes e perversas (como a ''Salomé do seu cadro'' A aparición, pero tamén ''[[Dalila]] ou Deyanira''), Mostra tamén unha certa predilección polo monstruoso. É patente o seu interese polo oriental tanto na elección dos temas como na ambientación decadente dos seus cadros (Xúpiter e Sémelle, por exemplo, evoca poderosamente a arte da [[India]]).

Non frecuentou moito os temas cristiáns, aínda que en [[1862]] pintou, por encargo, un ''Via crucis'' para a igrexa de Notre-Dame-de-Decazeville. Con todo, dous temas da iconografía cristiá son recorrentes na súa obra: o da Piedade e o de San Sebastián. É destacable tamén un cadro relixioso bastante tardío, ''A flor mística'' (cara a 1890), de carácter alegórico, no que a flor da Igrexa aliméntase do sangue dos mártires.

Liña 20: Liña 20:

== Museo ==
== Museo ==
Gustave Moreau tiña casa con taller no número 14 na rúa La Rochefoucault en [[París]], ao morrer legouno á cidade de París. O [[13 de xaneiro]] [[1903]] abriouse ao público o Museo coas obras que deixou, case 850 pinturas, 350 [[Acuarela|acuarelas]] e máis de 13000 [[debuxo]]s. Polo tanto, moitas máis obras andan en coleccións privadas. En [[1912]], [[André Breton]] visitou este museo.
Gustave Moreau tiña casa con taller no número 14 na rúa La Rochefoucault en [[París]], ao morrer legouno á cidade de París. O [[13 de xaneiro]] [[1903]] abriouse ao público o Museo coas obras que deixou, case 850 pinturas, 350 [[acuarela]]s e máis de 13000 [[debuxo]]s. Polo tanto, moitas máis obras andan en coleccións privadas. En [[1912]], [[André Breton]] visitou este museo.

== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==
Liña 53: Liña 53:
* [http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/pintores/2789.htm Paxina de Artehistoria] {{es}}
* [http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/pintores/2789.htm Paxina de Artehistoria] {{es}}

{{ORDENAR:Moreau, Gustave}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Moreau, Gustave}}
[[Categoría:Pintores de Francia]]
[[Categoría:Pintores de Francia]]
[[Categoría:Simbolismo]]
[[Categoría:Simbolismo]]

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2017 ás 18:41

Autoretrato de Gustave Moreau, 1850

Gustave Moreau, nado en París o 6 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 18 de abril de 1898, foi un pintor, gravador e debuxante francés, precursor do Simbolismo e da estética decadente de finais do século XIX.

Traxectoria

Gustave Moreau era dunha familia burguesa que non puxo obstáculos á súa vocación artística. En 1888 entrou na Academia das Belas Artes en París e foi profesor de pintores que logo foron célebres, como Henri Matisse, Albert Marquet e Georges Rouault. Viaxou a Italia no ano 1841, e logo volveu entre 1857 e 1859 para copiar os mestres italianos. Faleceu aos setenta e dous anos de idade. Foi sepultado no cemiterio parisiense de Montmartre. Á súa morte deixou como legado o seu taller, que se converteu no museo Gustave Moreau, inaugurado o 13 de xaneiro de 1903. Apuntouse para a guerra franco-prusiana do 1870, pero non pudo quedar por causa da súa reuma.

Obra

Edipo e a esfinxe (1864)

A obra de Moreau vai do Romanticismo ó Simbolismo. Aínda que é frecuente incluír a Moreau na nómina dos pintores simbolistas, a súa obra anticipouse en varias décadas á proclamación oficial do movemento por Jean Moréas en 1886.

Nas primeiras obras de Moreau son destacables as influencias de Ingres, no tratamento da anatomía, especialmente masculina, e de Delacroix, en canto á elección de temáticas exóticas, a través da súa mentor Théodore Chasseriau, quen fora discípulo de ambos. Co tempo, a obra de Moreau vai concedendo menor importancia á liña e máis ao colorido. Da súa última etapa, consérvase no museo Moreau unha serie de acuarelas que a crítica contemporánea considera moi próximas á abstracción.

O mundo de Moreau está poboado de adolescentes andróxinos e mulleres fascinantes e perversas (como a Salomé do seu cadro A aparición, pero tamén Dalila ou Deyanira), Mostra tamén unha certa predilección polo monstruoso. É patente o seu interese polo oriental tanto na elección dos temas como na ambientación decadente dos seus cadros (Xúpiter e Sémelle, por exemplo, evoca poderosamente a arte da India).

Non frecuentou moito os temas cristiáns, aínda que en 1862 pintou, por encargo, un Via crucis para a igrexa de Notre-Dame-de-Decazeville. Con todo, dous temas da iconografía cristiá son recorrentes na súa obra: o da Piedade e o de San Sebastián. É destacable tamén un cadro relixioso bastante tardío, A flor mística (cara a 1890), de carácter alegórico, no que a flor da Igrexa aliméntase do sangue dos mártires.

Pode considerarse precursor do Simbolismo. A súa influencia é decisiva en artistas emblemáticos do movemento como Odilon Redon. A súa obra posúe unha textura onírica que fixo que fose revalorizada, xa no século XX, polos surrealistas. No 1912, André Breton emocionouse ao visitar o museo de Gustave Moreau.

Aínda que Moreau rexeitou sempre ser un pintor literario, debe destacarse o impacto que a súa obra causou entre literatos tan relevantes como Théophile Gautier ou J. K. Huysmans, entre moitos outros, atraídos pola súa estética simbolista e decadente. O protagonista de À rebours, de J. K. Huysmans, Des Esseintes, que é o personaxe principal, encarna o decadentismo, está fascinado pola arte de Moreau, e especialmente polo cadro A aparición.

Museo

Gustave Moreau tiña casa con taller no número 14 na rúa La Rochefoucault en París, ao morrer legouno á cidade de París. O 13 de xaneiro 1903 abriouse ao público o Museo coas obras que deixou, case 850 pinturas, 350 acuarelas e máis de 13000 debuxos. Polo tanto, moitas máis obras andan en coleccións privadas. En 1912, André Breton visitou este museo.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Polanco, Aurora: Fin de Siglo: Simbolismo y Art Nouveau ("Historia del Arte", nº 42, Historia 16, 1989).
  • Hamilton, George Heard: Pintura y escultura en Europa 1880-1940. Editorial Cátedra, 1993. Páginas 79-82. ISBN 84-376-0230-0
  • Hofstätter, Hans H.: Gustave Moreau. Editorial Labor, 1980. ISBN 84-335-7563-5 (título original: Gustave Moreau, Leben und Werk).

Outros artigos

Ligazóns externas