José Luis Meilán Gil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 12: Liña 12:


Como deputado nas [[Cortes Xerais]], Meilán defendeu a disposición constitucional que permitía ás comunidades autónomas que no pasado plebiscitaran un Estatuto de autonomía acadar o autogoberno pola vía rápida constitucionalmente prevista. Era a única fórmula que permitía a Galicia acceder en igualdade de condicións que [[Cataluña]] e o [[País Vasco]], pois Galicia non chegara a ter un goberno autónomo propio debido á irrupción do levantamento militar do 18 de xullo de 1936. Tamén se amosou partidario da expresión ''nacionalidades'' incluída no artigo 2 da Constitución. Nesa época, estivo embarcado no DC-8 que sufriu o [[accidente da Lavacolla]] en 1978.
Como deputado nas [[Cortes Xerais]], Meilán defendeu a disposición constitucional que permitía ás comunidades autónomas que no pasado plebiscitaran un Estatuto de autonomía acadar o autogoberno pola vía rápida constitucionalmente prevista. Era a única fórmula que permitía a Galicia acceder en igualdade de condicións que [[Cataluña]] e o [[País Vasco]], pois Galicia non chegara a ter un goberno autónomo propio debido á irrupción do levantamento militar do 18 de xullo de 1936. Tamén se amosou partidario da expresión ''nacionalidades'' incluída no artigo 2 da Constitución. Nesa época, estivo embarcado no DC-8 que sufriu o [[accidente da Lavacolla]] en 1978.




Volveu ser número un na lista de UCD ás eleccións de 1 de marzo de 1979, onde esta forza política acadou en Galicia 17 escanos dos 27 posibles. Como membro da asemblea de parlamentarios participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía. Aínda que non se recolleu o texto do [[Estatuto dos dezaseis]], opúxose aos intentos do Ministro da Presidencia [[Pérez Llorca]] de recortar as competencias de Galicia e denominou á disposición adicional terceira proposta por aquel para condicionar os poderes lexislativos como "trasto inútil".
Volveu ser número un na lista de UCD ás eleccións de 1 de marzo de 1979, onde esta forza política acadou en Galicia 17 escanos dos 27 posibles. Como membro da asemblea de parlamentarios participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía. Aínda que non se recolleu o texto do [[Estatuto dos dezaseis]], opúxose aos intentos do Ministro da Presidencia [[Pérez Llorca]] de recortar as competencias de Galicia e denominou á disposición adicional terceira proposta por aquel para condicionar os poderes lexislativos como "trasto inútil".

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2017 ás 16:18

José Luis Meilán Gil, nado na Coruña o 6 de xullo de 1933, é un xurista e político galego. Catedrático de Dereito Administrativo dende 1968, foi fundador do Partido Galego Independente, presidente do Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario, deputado de UCD pola provincia da Coruña en 1977 e 1979, e reitor da Universidade da Coruña.

Traxectoria política

O Partido Galego Independente

Despois de ocupar relevantes cargos na administración durante o réxime de Franco, en agosto de 1976 funda o Partido Galego Independente onde participan profesores da Universidade de Santiago de Compostela como Pablo González Mariñas ou Perfecto Yebra ou empresarios como Claudio Sanmartín[1]. Propugna unha transición democrática fronte ao rupturismo impulsado polo nacionalismo de esquerdas e acadar unha plena autonomía política para Galicia. Competía polo espazo que na provincia da Coruña quería ocupar o partido Reforma Democrática de Manuel Fraga Iribarne, tamén partidario dunha reforma política cara a consecución dunha democracia de corte occidental e de limitadas autonomías rexionais, e que estaba captando personaxes influentes como María Victoria Fernández-España, da familia propietaria de La Voz de Galicia.

Nas primeiras eleccións, tras a aprobación da Lei de Reforma Política, integrou o seu partido na coalición UCD, auspiciada dende o poder por Adolfo Suárez, ao igual que o fixeron outras forzas de centro galeguistas como os centristas de Euloxio Gómez Franqueira. Isto contribuiu ao rotundo éxito desa forza nas eleccións do 15 de xuño de 1977: UCD acadaba 20 dos 27 deputados que Galicia tiña no Congreso.

A consecución da autonomía

A partir de aí a acción política traduciuse no estímulo social, xunto con outros notables e forzas non rupturistas, de espallar o sentimento autonomista, do que foron expresión as grandes manifestacións a prol da autonomía política do 4 de decembro de 1977. Paralelamente, arrincouse do Goberno Suárez o Real Decreto-lei 7/1988 de 16 de marzo polo que se establecía un réxime de preautonomía un día antes de que se ditase o correspondente a Aragón, Canarias e Valencia. Deste xeito, buscábase suliñar o carácter de nacionalidade histórica de Galicia, por ter xa plebiscitado un Estatuto de Autonomía en 1936. O 18 de abril constituíuse a Xunta de Galicia preautonómica onde Meilán Gil colocaba a un dos seus homes Alejandrino Fernández Barreiro na carteira de Educación e Cultura. Meilán asumiu a consellería de Agricultura.

Como deputado nas Cortes Xerais, Meilán defendeu a disposición constitucional que permitía ás comunidades autónomas que no pasado plebiscitaran un Estatuto de autonomía acadar o autogoberno pola vía rápida constitucionalmente prevista. Era a única fórmula que permitía a Galicia acceder en igualdade de condicións que Cataluña e o País Vasco, pois Galicia non chegara a ter un goberno autónomo propio debido á irrupción do levantamento militar do 18 de xullo de 1936. Tamén se amosou partidario da expresión nacionalidades incluída no artigo 2 da Constitución. Nesa época, estivo embarcado no DC-8 que sufriu o accidente da Lavacolla en 1978.

Volveu ser número un na lista de UCD ás eleccións de 1 de marzo de 1979, onde esta forza política acadou en Galicia 17 escanos dos 27 posibles. Como membro da asemblea de parlamentarios participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía. Aínda que non se recolleu o texto do Estatuto dos dezaseis, opúxose aos intentos do Ministro da Presidencia Pérez Llorca de recortar as competencias de Galicia e denominou á disposición adicional terceira proposta por aquel para condicionar os poderes lexislativos como "trasto inútil".

A Comisión Constitucional finalmente aproba un proxecto que só a UCD estatal respaldaba. Ante esta deriva, o nacionalismo de esquerdas confirmaba a necesidade dunha vía de ruptura mediante as Bases constitucionais. Manuel Fraga Iribarne o 20 de novembro de 1979 anunciaba, pola súa parte, que AP non consentiría ningunha discriminación para Galicia e o 24 de xaneiro de 1980 formulaba a "Declaración de Cambados" onde facía un chamamento a todos os partidos políticos para acadar un Estatuto aceptado pola maioría[2]. Persoxes influentes como Domingo García-Sabell, Ramón Piñeiro, Eduardo Blanco Amor ou Xerardo Fernández Albor, Isaac Díaz Pardo, Álvaro Cunqueiro, Xaquín Lorenzo ou Antón Fraguas cualificaban nun manifesto conxunto ao Estatuto de UCD, como unha "agresión política a Galicia". Ante isto, Meilán Gil convoca a UCD da Coruña e na denominada "Declaración de Bergondo" de 30 de marzo propugna a recuperación dun texto axeitado ás arelas de autonomía do país. Isto desembocou no "Pacto do Hostal" do 29 de setembro de 1980 entre UCD, PSOE, AP, PG, e PCE que desbloqueou o proceso e permitiu recuperar boa parte do articulado inicial.

Fin da carreira política

Tras a derrota de UCD, nas primeiras eleccións autonómicas ante unha AP que presentaba ao galeguista Xerardo Fernández Albor, Meilán Gil empeza a preparar a recuperación do Partido Galego Independente. Preséntao o 10 de setembro de 1982 e fai unha proposta de coalición ao Partido Galeguista, que non é atendida por este. O seu fracaso nas eleccións xerais seguintes de 28 de outubro, supuxo a entrada do Partido Galego Independente na operación para constituír a Coalición Galega como partido mediante o entendemento con Franqueira e o Partido Galeguista de Rodríguez Peña. Tras o éxito nas eleccións municipais de maio de 1982, Coalición Galega era presentada como partido o 27 de maio. Meilán Gil retirábase da política activa.

Obras

  • Escritos sobre la transición política española
  • El Estatuto Gallego. Por fin unha terra nosa
  • O Dereito Estatutario Galego, con Jaime Rodríguez Arana
  • La Ordenación jurídica de las autonomías
  • La construcción del Estado de las autonomías. Un testimonio personal
  • Galicia siempre

Distincións

  • Fillo predilecto da Provincia da Coruña
  • Premio Fernández-Latorre de Xornalismo
  • Medalla de Ouro de Galicia
  • Gran Cruz Mérito Civil
  • Gran Cruz Alfonso X el Sabio

Notas

  1. A gran historia de Galicia XIV, volume 1. Ed. La Voz de Galicia, pax. 92. ISBN 978-84-96931-31-2
  2. Opus cit, pp 176 e 179