Tonsila: Diferenzas entre revisións
engado control de autoridades |
m →top: Arranxos varios |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
No campo da [[anatomía]], a '''tonsila''', antes denominada '''amígdala''', é un órgano con forma de [[améndoa]] (en [[latín]] é o que significa, amendoíña), formado pola unión de numerosos [[ganglio linfático|nódulos linfáticos]]. |

Dáselle este nome en especial á amígdala palatina pero, por extensión, tamén se denomina tonsila a calquera órgano constituído por un [[retículo]] de tecido linfoide e [[epitelio|epitelial]], que contén [[folículo]]s [[linfático]]s. |

As tonsilas son [[Tecido (bioloxía) |
As tonsilas son [[Tecido (bioloxía)|tecido]] linfoide situado na [[farinxe]] e que constitúen o [[Anel de Waldeyer]]. Segundo a localización en que se atopen na farinxe, chámanse: |
||
* Tonsila farínxea (ou amígdala de [[Luschka]]): situada no teito ou [[bóveda]] da farinxe, na súa porción nasal. Nos nenos adoitan estar hipertrofiadas e entón chámanse [[adenoides]], chegando a provocar [[insuficiencia respiratoria]] nasal e deformación facial ([[vexetacións]]), polo que adoitan extirparse. |

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2017 ás 15:28
No campo da anatomía, a tonsila, antes denominada amígdala, é un órgano con forma de améndoa (en latín é o que significa, amendoíña), formado pola unión de numerosos nódulos linfáticos.
Dáselle este nome en especial á amígdala palatina pero, por extensión, tamén se denomina tonsila a calquera órgano constituído por un retículo de tecido linfoide e epitelial, que contén folículos linfáticos.
As tonsilas son tecido linfoide situado na farinxe e que constitúen o Anel de Waldeyer. Segundo a localización en que se atopen na farinxe, chámanse:
- Tonsila farínxea (ou amígdala de Luschka): situada no teito ou bóveda da farinxe, na súa porción nasal. Nos nenos adoitan estar hipertrofiadas e entón chámanse adenoides, chegando a provocar insuficiencia respiratoria nasal e deformación facial (vexetacións), polo que adoitan extirparse.
- Tonsila tubárica (ou amígdala de Gerlach): rodea o extremo farínxeo da Trompa de Eustaquio.
- Tonsila palatina: tamén chamada amígdala palatina. Órgano par situado a ambos lados do istmo das fauces, na entrada da orofarinxe, entre os piares do veo do padal, a ámbolos lados da úvula. Cando se inflaman constitúen as típicas anxinas (non confundir coa anxina de peito) ou, tecnicamente, amigdalite. A súa extirpación denomínase amigdalectomía ou tonsilectomía.
- Tonsila lingual: é un conxunto voluminoso de tecido linfoide situado na base da lingua.
Función
As tonsilas axudan a previr infeccións eliminando as bacterias e outros microorganismos presentes na parte posterior da boca, procedentes dos alimentos e do aire que inspiramos. Poden ser invadidas por bacterias ou virus e sufrir un proceso inflamatorio, causando unha amigdalite ou tonsilite e, cando a infección alcanza as áreas circundantes, unha farinxite.
Forman parte do sistema inmunitario, especialmente nos primeiros anos de vida, perdendo interese a medida que o meniño vai medrando. De feito non hai evidencia de que as tonsilas cumpran unha función relevante despois dos tres anos de idade, e non se atopou ningún efecto á hora da resposta inmunitaria naqueles que foran sometidos a unha tonsilectomía.
Amígdala cerebral
No cerebro existe outro órgano de forma semellante que tamén recibe o nome de amígdala pero que non ten que ver con estes órganos linfoides. É a amígdala cerebral, un grupo de neuronas situado no lobo temporal do cerebro.