Diferenzas entre revisións de «Bartolomé de las Casas»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios
m (ligazóns)
m (Arranxos varios)
 
== Traxectoria ==
Foi un dos primeiros europeos en asentarse no [[Novo Mundo]] e como o resto dos colonos participou en atropelos e atrocidades contra a poboación nativa pero un cambio de rumbo levouno a se opoñer a estas prácticas, liberando os seus escravos indios e renunciando ás súas ''[[encomenda]]s'' e defender diante o rei [[Carlos I de España]] os dereitos da poboación nativa. Nos seus primeiros escritos, avoga polo uso de escravos africanos para substituíren os indíxenas, polo que algúns fano responsable do comezo do [[comercio de escravos transatlántico]], pero posteriormente chegou ao convencemento de que todas as formas de [[escravitude]] eran malas. En [[1522]] intentou establecer un colonialismo pacífico na costa de [[Venezuela]], mais foi un fracaso e las Casas entrou na [[Orde dos Predicadores|Orde Dominicana]] como frade, deixando a escena pública durante unha década e dedicouse á evanxelización por medios pacíficos entre os [[maias]] da actual [[Guatemala]] e participou en debates e controversias con relixiosos mexicanos sobre o mellor xeito de achegar a fe cristiá aos nativos. Volveu e España para recrutar máis misioneiros, e alí continuou pedindo a abolición da ''encomenda'', logrando que se aprobasen as coñecidas como [[Novas Leis]] en [[1542]]. Nomeado bispo de [[Chiapas]], serviu durante un curto período de tempo antes de ter que volver a España debido á resistencia dos ''encomendeiros'' ás Novas Leis e a conflitos cos colonos españois polas súas políticas proindias. Pasou o resto da súa vida na Corte española, logrando grande influencia nos asuntos relacionados coas Indias, logrando moitas melloras no status legal dos nativos, e que se debatese sobre a ética do [[colonialismo]]. En [[1550]] participou no [[debate de Valladolid]] no que [[Juan Ginés de Sepúlveda]] argumentou que os indios eran menos que humanos e requirían dos españois para se converter en civilizados, las Casas pola contra mantivo que eran totalmente humanos e que subxugalos era totalmente inxustificable.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Casas, Bartolome de las}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Casas, Bartolome de las}}
[[Categoría:Nados en 1484]]
[[Categoría:Finados en 1566]]
393.002

edicións

Menú de navegación