Licinio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
corr lingua
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: la:Licinius (imperator)
Liña 47: Liña 47:
[[ja:リキニウス]]
[[ja:リキニウス]]
[[ka:ლიცინიუსი]]
[[ka:ლიცინიუსი]]
[[la:Licinius (imperator)]]
[[nl:Licinius]]
[[nl:Licinius]]
[[no:Licinius]]
[[no:Licinius]]

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2007 ás 02:43

Licinio

Claudio Valerio Liciniano Licinio, emperador romano, naceu na Dacia entre os anos 263 o 265, sendo a súa familia de orixe labrega.

Toda a súa educación foi militar e salientou na loita contra os persas, e toda a súa carreira estivo xunguida a Galerio, amigo persoal.

Coa morte de Constancio Cloro e a proclamación polas tropas do seu filloConstantino como emperador, e a proclamación de Maxencio no canto do seu pai Maximiano, quen tería que abdicar. Pero este se negou, de xeito que nun mesmo intre había sete altos maxistrados, entre augustos e césares, para o goberno do Imperio, cada quen sen recoñecer o seu contrario. Esta situación estaba a piques de malograr toda a obra de Diocleciano e a súa tetrarquia. Para iso Galerio, como emperador decano e garante do sistema, convocou o cumio de Carnuntun no 308. Mais nesa reunión non se acordou unha solución definitiva, senón que se nomeou a Constantino e Maxencio para a parte occidental do Imperio, mentres que para o Oriente subiu a emperador Licinio e mais Maximino Daya, sobriño de Galerio.

As loitas entre os distintos augustus e césares foi xa inmediata para facerse co poder. En Occidente, Constantino venceu a Maxencio na batalla da Ponte Milvio no ano 312.

Pola súa parte, Licinio, quen fora nomeado augustus sen pasar previamente polo titulo de césar, non era moi ben aceptado, e dende o goberno da Pannonia, Ilyria e Rethia asociouse a Constantino para que fora el quen acabara con Maxencio e conquistara Italia, tal e como se lembrara na xuntanza de Carnutum onde Maxencio foi declarado enemigo publico, a pesares de recoñecer os seus dereitos o trono. Casou coa hermana de Constantino, Constancia e xuntos publicaron o famoso Edicto de Milán (Mediolalum), onde se daba liberdade relixiosa e se devolvía os bens a Igrexa Católica, e que na práctica veu a ser o recoñecemento do cristianismo no imperio, non a relixión oficial

No ano 311 morreGalerio e Maximino II Daza e mais Licinio atoparonse no Bosforo para se repartir os territorios de Galerio. Mais esta división, coa morte de Maxencio en Occidente, levou o enfrontamento no Oriente, sendo as tropas de Maximino Daza derrotadas dende Byzantium a Tarsus no ano 313, e Maximino morreu entre tormentos. Licinio quedara encargado do fillos de Galerio e mais a súa esposa, pero o trato que lles dou obrigounos a fuxir a corte de Maximino Daza, quen unha vez derrotado, quedaron nunha total indefensiópn, e foron capturados e mortos en Tesalonica, quedando deste xeito Licinio coma unico emperador en Oriente, do mesmo xeito que Constantino o era en Occidente.

Mais a partires do ano 320 escomenzaron a percibirse as diferencias entre eles, que se manifestaron entre outros aspectos no tratamento que se lle deu ao problema cristián, xa que mentres en occidente os cristiáns alcanzaran postos relevantes na Administración, en oriente continuaban a ser perseguidos e reprimidos a pesar da grande influencia que conquistara a Igrexa de Alexandria. A presión que se fixo sobre Constantino para rematar con este estado de cousas foi moi grande, mais tivo que deixalo temporalmente debido a ameaza dos barbaros na fronteira danubiana. Constantino derrotou os barbaros na Panonia e na Tracia e amosou a Licinio o poder militar do emperador de Occidente e o levou a aceptar o nomeamento dos seus respectivos fillos Crispo por Constantino e Liciniano por parte de Licinio coma césares.

Licinio perdera a iniciativa e tivo que facer fronte no seu propio entorno a Valente, o seu xefe militar, a quen dou morte despois de nomealo augusto. No ano 324 o enfrontamento se fixo inevitábel nunhas circunstancias que favorecían en todo a Constantino, quen venceu en Adrianopolis, Crisopolis e Bizancio, mentres Crispo, desfacia a flota de Licinio no Helesponto, onde finou Liciniano.

Seguramente por intersección da súa esposa Constancia, irmán de Constantino, se lle perdonou a vida a Licinio, quen foi exiliado e posto baixo arresto en Thesalonica, pero o contumaz Licinio escomenza a intrigar contra Cosntantino, quen desta vez mandouno axusticiar na primavera do ano 325.

Remata deste xeito o goberno de Diocleciano e un só emperador volve a mandar en toda a extensión do Imperio. Corenta anos de tetrarquía o Imperio Colexiado quedaran atrás para sempre.


Imperio Romano

Segue a:
Constantino o Grande
Licinio
(308-323)

Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Constantina