As Ferrarías, A Veiga de Valcarce: Diferenzas entre revisións
→Autobús: Corrección topónimo Pedrafita Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
m Arranxos varios |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
== Historia == |
== Historia == |
||
En 1834, cando se realizou en España a primeira división do territorio nacional en partidos xudiciais, As Ferrarías e Hospital quedaron adscritos ao partido xudicial de [[Vilafranca do Bierzo]].<ref>Subdivisión en partidos xudiciales da nova división territorial da península e illas adxacentes aprobada por S.M. no Real Decreto do 21 de abril de 1834, Imprenta real, p.123,Madrid</ref |
En 1834, cando se realizou en España a primeira división do territorio nacional en partidos xudiciais, As Ferrarías e Hospital quedaron adscritos ao partido xudicial de [[Vilafranca do Bierzo]].<ref>Subdivisión en partidos xudiciales da nova división territorial da península e illas adxacentes aprobada por S.M. no Real Decreto do 21 de abril de 1834, Imprenta real, p.123,Madrid</ref> En 1966 suprimiuse o partido xudicial de [[Vilafranca do Bierzo]] e pasaron a estar adscritos ao partido xudicial de [[Ponferrada]]. |
||
En 1858, As Ferrarías contaban coa categoría de lugar e 283 habitantes mentres que Hospital contaba coa categoría de aldea e 110 habitantes.<ref>Nomenclátor dos pobos de España formado pola comisión estatística xeral do reino,1858,Imprenta nacional, p.435, Madrid</ref> |
En 1858, As Ferrarías contaban coa categoría de lugar e 283 habitantes mentres que Hospital contaba coa categoría de aldea e 110 habitantes.<ref>Nomenclátor dos pobos de España formado pola comisión estatística xeral do reino,1858,Imprenta nacional, p.435, Madrid</ref> |
||
==Patrimonio== |
==Patrimonio== |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
=== Autobús === |
=== Autobús === |
||
As Ferrarías conta con servizo de autobús operado por ''Autocares González y de la Riva'', entre outras localidades, A Veiga de Valcarce, Vilafranca do Bierzo, Ponferrada, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá e Lugo.<ref> |
As Ferrarías conta con servizo de autobús operado por ''Autocares González y de la Riva'', entre outras localidades, A Veiga de Valcarce, Vilafranca do Bierzo, Ponferrada, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá e Lugo.<ref>[http://concellodebecerrea.com/concello/transporte|fechaacceso=22%20de%20agosto%20de%202014 Concello de Becerreá,Transporte]</ref> |
||
== Festas == |
== Festas == |
Revisión como estaba o 9 de setembro de 2017 ás 23:18
As Ferrarías[1] (Las Herrerías de Valcarce en castelán e oficialmente) é unha localidade do concello da Veiga de Valcarce na bisbarra leonesa do Bierzo. Encóntrase situada ao oeste da capital do concello, no val do río Valcarce e a uns 675 metros de altitude. A súa poboación, en 2013, é de trinta e nove habitantes.[2]
Topónimo
O nome de Ferrarías ten a súa orixe, probablemente, nas catro ferrarías que existían na localidade que traballaban con metais da zona. O barrio de Hospital debe o seu nome a un antigo Hospital inglés de peregrinos.
Historia
En 1834, cando se realizou en España a primeira división do territorio nacional en partidos xudiciais, As Ferrarías e Hospital quedaron adscritos ao partido xudicial de Vilafranca do Bierzo.[3] En 1966 suprimiuse o partido xudicial de Vilafranca do Bierzo e pasaron a estar adscritos ao partido xudicial de Ponferrada.
En 1858, As Ferrarías contaban coa categoría de lugar e 283 habitantes mentres que Hospital contaba coa categoría de aldea e 110 habitantes.[4]
Patrimonio
Arquitectura relixiosa
A Igrexa de San Xulián, dunha soa nave, é de estilo barroco-neoclásico e data do século XVIII.
O camiño de Santiago pasa polas Ferrarías. Existe albergue para peregrinos e tamén hai outros aloxamentos, varios restuarantes, bares...
Arquitectura civil
Existe unha ferraría que se atopa nun bo estado de conservación. Dentro do complexo daa ferraría existe un muíño aínda en funcionamento. Na aldea tamén hai unha fragua.
Hai restos dun par de castros: o de Santo Cristovo', onde se poden ver restos tanto de tumbas como óseos, e o de Peredo, situado no Barrio de Hospital, onde se poden ver algúns fosos e restos de parede.
Á entrada da aldea existe unha ponte que data do século XV.
Comunicacións
Estradas
A estrada N-006a é a principal vía de acceso ás Ferrarías de Valcarce e é a que comunica esta localidade coa capital do concello ao que pertence: A Veiga de Valcarce. Outra vía de acceso sobranceira é a estrada LE-4101 que comunica ás Ferrarías coa provincia de Lugo pasando polas localidades da Faba e Arxenteiro. A elas compre engadir as estradas LE-4109 e LE-4102 que comunican As Ferrarías con Lindoso e San Xiao respectivamente.
Autobús
As Ferrarías conta con servizo de autobús operado por Autocares González y de la Riva, entre outras localidades, A Veiga de Valcarce, Vilafranca do Bierzo, Ponferrada, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá e Lugo.[5]
Festas
As festas patronais son en honra de Santiago e Santa Ana.
Notas
- ↑ Gómez Bautista, Alberto. Toponimia do Baixo Bierzo e Os Ancares Orientais. Fala Ceibe. 2004. Ponferrada
- ↑ Nomenclátor do INE, www.ine.es
- ↑ Subdivisión en partidos xudiciales da nova división territorial da península e illas adxacentes aprobada por S.M. no Real Decreto do 21 de abril de 1834, Imprenta real, p.123,Madrid
- ↑ Nomenclátor dos pobos de España formado pola comisión estatística xeral do reino,1858,Imprenta nacional, p.435, Madrid
- ↑ Concello de Becerreá,Transporte