Helena Villar Janeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 69: Liña 69:
* ''Delas'', 1999, [[Toxosoutos]].
* ''Delas'', 1999, [[Toxosoutos]].
* ''Paseos literarios'', [[2001]], Xunta de Galicia.
* ''Paseos literarios'', [[2001]], Xunta de Galicia.
* ''Feminino plural'', 2003, [[El Correo Gallego]].
* ''[[Feminino plural]]'', 2003, [[El Correo Gallego]].
* ''O sabor da terra'', 2005, Galaxia.
* ''O sabor da terra'', 2005, Galaxia.



Revisión como estaba o 9 de setembro de 2017 ás 22:39

Infotaula de personaHelena Villar Janeiro
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1940 (83 anos)
Becerreá, Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, poesía e literatura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXesús Rábade Paredes
FillosMaría do Cebreiro e Abe Rábade
Premios

Bitraga: 1335 AELG: 343 Dialnet: 918866

Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega.

Traxectoria

Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.

Casada co escritor Xesús Rábade Paredes, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade.

Está traballando en fotografía, tendo participado en varias exposicións.

Obra

Poesía

Literatura infanto-xuvenil

  • O día que choveu de noite, 1985, Galaxia.
  • Viaxe a Illa Redonda, 1987, Galaxia.
  • Vermiño, 1988, Galaxia.
  • A cidade de Aldara, 1989, Casals.
  • Ero e o capitán Creonte, 1989, S. M.
  • Patapau, 1989, Ir Indo.
  • A canción do Rei, 1992, Galaxia.
  • Don Merlo con chaqueta, 1993, Xerais.
  • Contos do paxaro azul, 1994, Sotelo Blanco.
  • Novos contos para nenos, 1994, Citania.
  • A voda do papá, 1994, Obradoiro.
  • A campá da lúa, 1999, Xerais.
  • O avó de Pipa, 2000, Bruño.
  • Belidadona, 2003, Edelvives.
  • Na praia dos lagartos, 2004, Edicións do Castro.
  • Raúl, 2005, Galaxia.
  • Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Biografía para nenas e nenos.
  • O souto do anano, 2007, Obradoiro-Santillana.
  • Un rato na casa, 2008, Galaxia.
  • O caderno de Edua, 2010, Xestión Literaria Galega.
  • As señoras cousas, 2014, Galaxia.
  • O caderno de Edua, 2015, Sushi Books.
  • Contos do Sol e da Lúa, 2017, Alvarellos.

Narrativa

Ensaio

  • Os equipos de normalización lingüística nos centros de ensino, 1993, Xunta de Galicia.
  • Delas, 1999, Toxosoutos.
  • Paseos literarios, 2001, Xunta de Galicia.
  • Feminino plural, 2003, El Correo Gallego.
  • O sabor da terra, 2005, Galaxia.

Obras colectivas

Obras con Xesús Rábade Paredes

  • Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno, 1979, Patronato Rosalía de Castro. Edición corrixida no 2008 a cargo da Fundación Rosalía de Castro. Para nenos.
  • Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Patronato Rosalía de Castro. Para nenos.
  • Morrer en Vilaquinte, 1980, Universidade de Santiago de Compostela. Reeditado en 1992 na Biblioteca 114. Narrativa.
  • O sangue na paisaxe, 1980, Edicións do Cerne. Poesía.
  • No aló de nós, 1981, Universidade de Santiago de Compostela. Poesía.
  • Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Edicións do Castro. Tradución.
  • Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.
  • Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.
  • Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe. Reeditado en 2004. Poesía.
  • Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa.
  • Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
  • Dona e Don, 2004, Galaxia. Literatura infanto-xuvenil.
  • Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
  • Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008, Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.

Outras obras colectivas (escolma das máis significativas)

  • Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • 8 contos, 1989, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil.
  • Contos eróticos / Elas, 1990, Xerais. Narrativa.
  • Contos de hogano, 1992, El Correo Gallego. Narrativa.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Edicións do Castro. Narrativa.
  • Berra liberdade, 1996, Galaxia. Relato.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.
  • E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram. Narrativa.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía.
  • Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia. Ensaio.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Poesía.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. Poesía.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Narrativa.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
  • Palabra por Palabra. Contos da Policía, 2003, Ir Indo. Narrativa.
  • 23 poetas cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía.
  • Catro contos para unha data, 2004, Xunta de Galicia. Narrativa.
  • Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, 2004, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia. Poesía.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Poesía.
  • Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. Colaboración fotográfica.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía.
  • Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo. Poesía.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía.
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Poesía.
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos.
  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Poesía.

Premios

  • Premio Patronato Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.
  • Premio Galicia de Narrativa da Universidade de Santiago no 1980, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes Morrer en Vilaquinte.
  • Premio Galicia da Universidade de Santiago no 1981, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes No aló de nós.
  • Premio Manuel Antonio no 1981, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes O sangue na paisaxe.
  • Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 1991, por Nas hedras da clepsidra.
  • Premio Modesto R. Figueiredo no 1991, por O cadro.
  • Accésit do Premio Miguel González Garcés no 1994, por Festa do corpo.
  • Premio Arume de literatura infantil outorgado pola Fundación Xosé Neira Vilas no 2003, por Na praia dos lagartos.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2016.[1]

Notas

  1. P, E (13 de febreiro de 2016). "A Asociación de Escritores en Lingua Galega premia á lucense Helena Villar Janeiro". El Progreso. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas