Irmán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=agosto de 2016}}
{{Sen referencias|data=agosto de 2016}}


{{revisión}}
{{revisión|data=agosto de 2016}}
[[Ficheiro:Grimm.jpg|miniatura|dereita|[[irmáns Grimm|Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita)]] nun cadro de 1855 de [[Elisabeth Jerichau-Baumann]].]]
[[Ficheiro:Grimm.jpg|miniatura|[[irmáns Grimm|Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita)]] nun cadro de 1855 de [[Elisabeth Jerichau-Baumann]].]]
Un '''irmán''' é unha [[persoa]] que con respecto a outra ten os mesmos [[pai]]<nowiki/>s, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dúas ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.
Un '''irmán''' é unha [[persoa]] que con respecto a outra ten os mesmos [[pai]]s, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dúas ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.


Na maioría das sociedades do mundo os irmáns usualmente crecen xuntos e pasan xuntos gran parte da nenez e mocidade, polo que poden ter conflitos (frecuentemente asócianse estes conflitos a unha verdadeira irmandade, algunhas frases como: «se non se pelexan, non son irmáns» apoian dita idea). A proximidade e o trato que os irmáns teñan entre si estarán marcados polo desenvolvemento de fortes asociacións emocionais tales como amor e inimizade. O lazo entre irmáns é a miúdo moi complicado e ás veces está influído por factores tales como o trato dos pais, a orde de nacemento, a xente e as experiencias vividas fóra da familia.{{Cómpre referencia|data=agosto de 2016}}
Na maioría das sociedades do mundo os irmáns usualmente crecen xuntos e pasan xuntos gran parte da nenez e mocidade, polo que poden ter conflitos (frecuentemente asócianse estes conflitos a unha verdadeira irmandade, algunhas frases como: «se non se pelexan, non son irmáns» apoian dita idea). A proximidade e o trato que os irmáns teñan entre si estarán marcados polo desenvolvemento de fortes asociacións emocionais tales como amor e inimizade. O lazo entre irmáns é a miúdo moi complicado e ás veces está influído por factores tales como o trato dos pais, a orde de nacemento, a xente e as experiencias vividas fóra da familia.{{Cómpre referencia|data=agosto de 2016}}
Liña 23: Liña 23:


=== Irmáns de leite ===
=== Irmáns de leite ===
Irmán de leite é o «fillo dunha [[Ama de leite|ama de cría]] respecto do alleo que esta criou, e viceversa». Analogamente ao devandito sobre os medios irmáns, só se fala de parentesco de leite ou nutricio cando non existe o de consanguinidade. Non ten incidencia a efectos xurídicos, pero tradicionalmente tiña unha consideración social semellante á do parentesco de afinidade. A lei islámica (''[[Xaria|sharia]]'') precisa en que condicións a lactación non materna constitúe parentesco nutricio (''rada'a'') e asimila este á consanguinidade, prohibindo o matrimonio entre os irmáns de leite ou ''mahram''.
Irmán de leite é o «fillo dunha [[Ama de leite|ama de cría]] respecto do alleo que esta criou, e viceversa». Analogamente ao devandito sobre os medios irmáns, só se fala de parentesco de leite ou nutricio cando non existe o de consanguinidade. Non ten incidencia a efectos xurídicos, pero tradicionalmente tiña unha consideración social semellante á do parentesco de afinidade. A lei islámica (''[[xaria]]'') precisa en que condicións a lactación non materna constitúe parentesco nutricio (''rada'a'') e asimila este á consanguinidade, prohibindo o matrimonio entre os irmáns de leite ou ''mahram''.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 9 de setembro de 2017 ás 20:21

Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita) nun cadro de 1855 de Elisabeth Jerichau-Baumann.

Un irmán é unha persoa que con respecto a outra ten os mesmos pais, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dúas ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.

Na maioría das sociedades do mundo os irmáns usualmente crecen xuntos e pasan xuntos gran parte da nenez e mocidade, polo que poden ter conflitos (frecuentemente asócianse estes conflitos a unha verdadeira irmandade, algunhas frases como: «se non se pelexan, non son irmáns» apoian dita idea). A proximidade e o trato que os irmáns teñan entre si estarán marcados polo desenvolvemento de fortes asociacións emocionais tales como amor e inimizade. O lazo entre irmáns é a miúdo moi complicado e ás veces está influído por factores tales como o trato dos pais, a orde de nacemento, a xente e as experiencias vividas fóra da familia.[Cómpre referencia]

O termo é usado para definir aos membros dunha comunidade relixiosa, por exemplo moitas das ordes católicas, irmandade ou confraría.[Cómpre referencia]

Orixe do termo

A palabra galega «irmán» (como o catalán germà, o portugués irmão ou o castelán hermano) orixínanse na palabra latina "germanus". Como «xerme», vén de geno ou gigno, que significa ‘carnal’ (no sentido de parente consanguíneo); tamén significa ‘verdadeiro’ e ‘exacto’. Frater germanus = ‘irmán carnal’.[Cómpre referencia]

Tipos de irmáns

Irmáns carnais

Os irmáns carnais[1] son irmáns que comparten ambos os dous pais (biolóxicos ou adoptivos).

Medios irmáns

Son os irmáns que comparten só un dos dous proxenitores (xa sexa biolóxica ou adoptivamente).

  • Irmáns por parte de nai son os fillos dunha mesma nai que teñen diferente pai. En dereito emprégase o termo irmáns uterinos[2]
  • Irmáns por parte de pai son os fillos dun mesmo pai que teñen diferente nai. Ás veces utilízanse como sinónimo o termo irmáns consanguíneos[3]

Irmáns de leite

Irmán de leite é o «fillo dunha ama de cría respecto do alleo que esta criou, e viceversa». Analogamente ao devandito sobre os medios irmáns, só se fala de parentesco de leite ou nutricio cando non existe o de consanguinidade. Non ten incidencia a efectos xurídicos, pero tradicionalmente tiña unha consideración social semellante á do parentesco de afinidade. A lei islámica (xaria) precisa en que condicións a lactación non materna constitúe parentesco nutricio (rada'a) e asimila este á consanguinidade, prohibindo o matrimonio entre os irmáns de leite ou mahram.

Notas

  1. "Irmán", Digalego
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para uterino.
  3. "Irmán", Digalego

Véxase tamén

Outros artigos