Bandeira da Guinea Ecuatorial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
corrixo lingua
m Chairego apc moveu a páxina "Bandeira de Guinea Ecuatorial" a "Bandeira da Guinea Ecuatorial" sen deixar unha redirección: *da Guinea (segundo a RAG)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2017 ás 22:45

 [[|]] A bandeira da Guinea Ecuatorial consta de tres franxas horitzontais verde, branca e vermella, amais dun triángulo azul do lado do pau. No centro, a bandeira está decorada co escudo estatal na banda branca, que representa un bombax, a árbore tradicional da rexióx, sobre un fondo branco, coroado por seis estrelas amarelas de seis puntas que simbolizan o territorio continental e as cinco illas que integran o estado. Baixo o escudo atópase o lema nacional en castelán: Unidade, Paz, Xusticia ('unidade, paz, xustiza').

Historia

A bandeira da Guinea Ecuatorial foi adoptada ao proclamarse a independencia do país o 12 de outubro de 1968. O escudo presente no centro da bandeira, na súa franxa branca, foi modificado durante a ditadura de Macías en 1973[1]. Foi restaurada o 21 de agosto de 1979 trala chegada ao poder de Teodoro Obiang Nguema. A cor verde representa a flora do país, o azul o mar, o branco a paz e o vermello a independencia.

A árbore que aparece na bandeira e no escudo nacionais é a árbore de algodón de seda (Bombax).

Bandeiras históricas

Máis bandeiras da Guinea Ecuatorial

Os bubi da illa Bioko empregan unha variante de bandeira a raias vermellas e verdes cun cantón azul, cun triángulo branco tradicional no centro do cantón. Os independentistas bubi do Grupo Nacionalista Bubi 1 de Abril empregan unha bandeira tricolor azul, branca e verde cunha estrela de catro puntas no centro da franxa branca.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas