Juan López Fernández: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
amplío datos
Krisko (conversa | contribucións)
Liña 53: Liña 53:


Faleceu o 7 de setembro de 2017, aos 87 anos.<ref>{{cite news|title=Juan, o '9' do primeiro Dépor que gañou o Teresa Herrera, falece aos 87 anos |url=http://www.rcdeportivo.es/gl/noticia/juan-o-9-do-primeiro-depor-que-ganou-o-teresa-herrera-falece-aos-87-anos |publisher=Deportivo da Coruña |date=8 de setembro de 2017}}</ref>
Faleceu o 7 de setembro de 2017, aos 87 anos.<ref>{{cite news|title=Juan, o '9' do primeiro Dépor que gañou o Teresa Herrera, falece aos 87 anos |url=http://www.rcdeportivo.es/gl/noticia/juan-o-9-do-primeiro-depor-que-ganou-o-teresa-herrera-falece-aos-87-anos |publisher=Deportivo da Coruña |date=8 de setembro de 2017}}</ref>

== Notas ==
{{referencias}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2017 ás 20:38

O Negro
Información persoal
Nome Juan López Fernández
Nacemento 30 de outubro de 1929
Lugar de nacemento A Pobra do Caramiñal
Falecemento 7 de setembro de 2017
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Orzán
Victoria
Español
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Arousa
Racing de Ferrol
1952–1955 CD Málaga 30 (13)
1955–1956 Deportivo da Coruña 8 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Juan López Fernández, alcumado "O Negro", nado na Pobra do Caramiñal o 30 de outubro de 1929 e finado o 7 de setembro de 2017, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria

Comezou a súa carreira futbolística na AD Huracán e o Amanecer. Despois fichou polo Orzán SD, o Victoria CF e o Español SD. Tras pasar polo Arosa SC fichou polo Racing de Ferrol, adestrado por Tomás Castro, cos que debutou en Segunda división. Xogaron a liga de ascenso a primeira división, na que meteu tres goles.

En 1952 fichou polo CD Málaga, debutando en primeira división. Na segunda volta desa tempada o equipo estivo adestrado por Helenio Herrera, e o club malagueño conseguiu vencer no Estadio La Rosaleda por 6-0 ao Real Madrid. Na tempada 1953-54 logrou ser o Pichichi da segunda división con 20 goles.

En 1955 fichou polo Deportivo da Coruña. Nese mesmo verán gañaron fronte ao Athletic Club o X Trofeo Teresa Herrera, o primeiro que acadaba o equipo coruñés cunha dianteira formada por Juan, Arsenio Iglesias, Pahiño, Lechuga e Polo. Nesa tempada o Deportivo logrou gañar por vez primeira ao Real Madrid a domicilio.

En 1956 fichou polo Xerez CD, de segunda división. Máis tarde pasou ao Sporting Clube de Espinho de Portugal.

Logo de retirarse, pasou a ser armador de barcos de pesca.

Faleceu o 7 de setembro de 2017, aos 87 anos.[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas