Ramón Lugrís: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos|Lugrís}}
{{Outros homónimos|Lugrís}}
'''Ramón Lugrís Pérez''', nado en [[Ferrol]] en [[1932]], e finado en [[Cidade Real]] o [[2 de decembro]] de [[2015]],<ref>{{cita novas|apelidos=Ríos|nome=Xulio|título=Un europeísta de verdade|url=http://praza.gal/opinion/2975/un-europeista-de-verdade/|dataacceso=2 de decembro de 2015|obra=Praza Pública|data=2 de decembro de 2015}}</ref> foi un xornalista, tradutor e ensaísta galego.
'''Ramón Lugrís Pérez''', nado en [[Ferrol]] en [[1932]] e finado en [[Cidade Real]] o [[2 de decembro]] de [[2015]],<ref>{{cita novas|apelidos=Ríos|nome=Xulio|título=Un europeísta de verdade|url=http://praza.gal/opinion/2975/un-europeista-de-verdade/|dataacceso=2 de decembro de 2015|obra=Praza Pública|data=2 de decembro de 2015}}</ref> foi un xornalista, tradutor e ensaísta galego.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Nado en [[Ferrol]] nunha familia republicana, o seu pai e o seu tío sufriron represión económica e persoal na posguerra. Ao rematar a [[Guerra Civil española|Guerra]] trasladouse a [[Santiago de Compostela]] de neno ([[1939]]), dado que o seu pai traballaba como comercial en ''[[El Correo Gallego]]'', e a cabeceira trasladárase de Ferrol a Santiago. Fixo a ensinanza primaria e o bacharelato en Compostela, e preparou o acceso á [[universidade]] con [[Francisco Río Barxa]].
Nado en [[Ferrol]] nunha familia republicana, o seu pai e o seu tío sufriron represión económica e persoal na posguerra. Ao rematar a [[Guerra Civil española|Guerra]] trasladouse a [[Santiago de Compostela]] de neno ([[1939]]), dado que o seu pai traballaba como comercial en ''[[El Correo Gallego]]'', e a cabeceira trasladárase de Ferrol a Santiago. Fixo a ensinanza primaria e o bacharelato en Compostela, e preparou o acceso á [[universidade]] con [[Francisco Río Barxa]].


Marchou cunha bolsa de ''[[El Correo Gallego]]'' a estudar a Barcelona, onde compaxinou os estudos co traballo como lector de prensa internacional para unha asociación relixiosa de perfil [[carlismo|carlista]]. Nas vacacións de verán contactou en Santiago coa tertulia do Derby, e coñeceu a [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Manuel Beiras]], [[Ramón Piñeiro]], [[Xosé Mosquera Pérez]], [[Francisco Fernández del Riego]], [[Domingo García Sabell]], [[Borobó]] e [[Ramón Cabanillas]].
Marchou cunha bolsa de ''[[El Correo Gallego]]'' a estudar a Barcelona, onde compaxinou os estudos co traballo como lector de prensa internacional para unha asociación relixiosa de perfil [[carlismo|carlista]]. Nas vacacións de verán contactou en Santiago co parladoiro do Derby, e coñeceu a [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Manuel Beiras]], [[Ramón Piñeiro]], [[Xosé Mosquera Pérez]], [[Francisco Fernández del Riego]], [[Domingo García Sabell]], [[Borobó]] e [[Ramón Cabanillas]].


Posteriormente nucleou ao seu redor un grupo con outros mozos do seu tempo, como [[Xosé Luís Franco Grande]], [[Manuel Vidán]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Baldomero Cores]] ou [[Otero Guldrís]]. Ese grupo deu orixe á [[Xeración das Festas Minervais]]. Mais ao cabo de tres anos, en [[1957]], Lugrís marchou traballar a [[Londres]], á [[BBC]], onde foi redactor da sección española da [[BBC]]. Alí coñeceu a [[Fernando Pérez-Barreiro]] e a [[Eduard Punset]], cos que traballou. Tamén fixo de correspondente en [[Londres]] para [[Radio Nacional de España]].
Posteriormente nucleou ao seu redor un grupo con outros mozos do seu tempo, como [[Xosé Luís Franco Grande]], [[Manuel Vidán]], [[Gonzalo Rodríguez Mourullo]], [[Baldomero Cores]] ou [[Otero Guldrís]]. Ese grupo deu orixe á [[Xeración das Festas Minervais]]. Mais ao cabo de tres anos, en [[1957]], Lugrís marchou traballar a [[Londres]], á [[BBC]], onde foi redactor da sección española da [[BBC]]. Alí coñeceu a [[Fernando Pérez-Barreiro]] e a [[Eduard Punset]], cos que traballou. Tamén fixo de correspondente en [[Londres]] para [[Radio Nacional de España]].

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2017 ás 09:07

Ramón Lugrís Pérez, nado en Ferrol en 1932 e finado en Cidade Real o 2 de decembro de 2015,[1] foi un xornalista, tradutor e ensaísta galego.

Traxectoria

Nado en Ferrol nunha familia republicana, o seu pai e o seu tío sufriron represión económica e persoal na posguerra. Ao rematar a Guerra trasladouse a Santiago de Compostela de neno (1939), dado que o seu pai traballaba como comercial en El Correo Gallego, e a cabeceira trasladárase de Ferrol a Santiago. Fixo a ensinanza primaria e o bacharelato en Compostela, e preparou o acceso á universidade con Francisco Río Barxa.

Marchou cunha bolsa de El Correo Gallego a estudar a Barcelona, onde compaxinou os estudos co traballo como lector de prensa internacional para unha asociación relixiosa de perfil carlista. Nas vacacións de verán contactou en Santiago co parladoiro do Derby, e coñeceu a Ramón Otero Pedrayo, Manuel Beiras, Ramón Piñeiro, Xosé Mosquera Pérez, Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Borobó e Ramón Cabanillas.

Posteriormente nucleou ao seu redor un grupo con outros mozos do seu tempo, como Xosé Luís Franco Grande, Manuel Vidán, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Baldomero Cores ou Otero Guldrís. Ese grupo deu orixe á Xeración das Festas Minervais. Mais ao cabo de tres anos, en 1957, Lugrís marchou traballar a Londres, á BBC, onde foi redactor da sección española da BBC. Alí coñeceu a Fernando Pérez-Barreiro e a Eduard Punset, cos que traballou. Tamén fixo de correspondente en Londres para Radio Nacional de España.

En 1962 rematoulle o contrato en Londres, e tras traballar como tradutor brevemente en Accra, marchou a Nova York onde traballou como tradutor na Secretaría Xeral da ONU. Alí coñeceu a Emilio González López, Enrique Santamarina, Leonardo Santamarina, Emilio Flórez e Ernesto Guerra da Cal. Desde América participou na fundación do Partido Socialista Galego en 1963. En 1965 deixou a ONU e marchou á Organización Mundial do Café en Londres para traballar como tradutor. Ao pouco deixou a organización, onde foi substituído por Fernando Pérez-Barreiro, e volveu ao eido do xornalismo, nunha axencia de colaboradores de política internacional, baseada en Londres, pero centrada na política de América Latina. Alí coñeceu a intelectuais e xornalistas americanos como Mario Vargas Llosa ou Antonio Cisneros.

En 1969 instálase de novo en España, en Madrid, neste caso para traballar para a axencia de noticias oficial EFE onde se encargou de servizos de corresponsalía internos. Posteriormente marchou a Brasil, tamén como correspondente. Logo dun ano en Río de Xaneiro abandonou definitivamente o xornalismo e dedicouse á tradución como freelance.

Ao retirarse viviu entre Madrid, Londres e Cidade Real.

Colaborou en Grial e co IGADI.

Vida persoal

Estivo casado con Miren Rahm, tamén tradutora, coa que casou durante a súa estadía en Londres.

Obras

Ensaio

Obras colectivas

Notas

  1. Ríos, Xulio (2 de decembro de 2015). "Un europeísta de verdade". Praza Pública. Consultado o 2 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas