Grafton Elliot Smith: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 5: Liña 5:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Doutorouse en medicina en [[1895]] pola [[Universidade de Sidney]] e interesouse pola [[anatomía]] do [[cerebro]] humano. Viaxou a [[Cambridge]] en [[1896]] e catalogou a colección de cerebros humanos do [[British Museum]]. Entre [[1900]] e [[1909]] foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de Medicina de [[Cairo]] e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar [[raios x]] a unha momia.
Doutorouse en medicina en [[1895]] pola [[Universidade de Sidney]] e interesouse pola [[anatomía]] do [[cerebro]] humano. Viaxou a [[Cambridge]] en [[1896]] e catalogou a colección de cerebros humanos do [[British Museum]]. Entre [[1900]] e [[1909]] foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de medicina do [[O Cairo|Cairo]] e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar [[raios x]] a unha momia.


En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a [[Nubia]]. En [[1909]], de volta ao [[Reino Unido]], foi profesor de anatomía en [[Manchester]], e de [[1919]] a [[1937]] foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] serviu en hospitais militares.
En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a [[Nubia]]. En [[1909]], de volta ao [[Reino Unido]], foi profesor de anatomía en [[Manchester]], e de [[1919]] a [[1937]] foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] serviu en hospitais militares.

Revisión como estaba o 4 de setembro de 2017 ás 05:23

Grafton Elliot Smith, nado en Grafton, Nova Gales do Sur, en 1871 e finado en Londres en 1937, foi un anatomista australiano, coñecido pola súa teoría hiperdifusionista da prehistoria.

Traxectoria

Doutorouse en medicina en 1895 pola Universidade de Sidney e interesouse pola anatomía do cerebro humano. Viaxou a Cambridge en 1896 e catalogou a colección de cerebros humanos do British Museum. Entre 1900 e 1909 foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de medicina do Cairo e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar raios x a unha momia.

En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a Nubia. En 1909, de volta ao Reino Unido, foi profesor de anatomía en Manchester, e de 1919 a 1937 foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a Primeira Guerra Mundial serviu en hospitais militares.

Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas.

Smith cría que todos os fenómenos megalíticos tiñan a súa orixe en Exipto, e cría que de aí se difundira directamente por Siria, Creta, África Oriental, sur de Arabia e Sumeria, chegando a outras áreas indirectamente, e a cultura neolítica europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo Glyn Daniel como hiperdifusionismo, cunha intención pexorativa.