Mosquito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Desenvolvemento: Traduzo de es.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 30: Liña 30:


== Alimentación ==
== Alimentación ==
Na maioría dos mosquitos femia as pezas bucais forman unha longa [[probóscide]] preparada para perforar a pel dos [[mamífero]]s (ou nalgúns casos de [[aves]], [[réptil]]es ou [[anfibio]]s) para succionaren o seu [[sangue]].<ref name="Entomología">Bastidas, Rodolfo y Zavala, Yanet. 1995. ''Principios de Entomología Agrícola''. Ediciones Sol de Barro. ISBN 980-245-006-5</ref> As femias requiren a achega que constitúe o sangue para poder iniciar o ciclo gonotrófico e poderen facer así unha posta de ovos. A dieta dos machos consiste en [[néctar]], [[zume (botánica)|saiba]] e zumes de [[froita]]s, xeralmente ricos en [[azucre]]. Os órganos bucais dos machos difiren dos das femias en que están inhabilitados para succionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, ''[[Toxorhynchites]]'', non inxiren sangue e as súas larvas son predadoras doutras larvas de mosquitos. O comportamento picador destas especies é moi variable habendo especies que pican preferentemente as aves e outras os mamíferos con toda unha gradación intermedia.
Na maioría dos mosquitos femia as pezas bucais forman unha longa [[probóscide]] preparada para perforar a pel dos [[mamífero]]s (ou nalgúns casos de [[aves]], [[réptil]]es ou [[anfibio]]s) para succionaren o seu [[sangue]].<ref name="Entomología">Bastidas, Rodolfo y Zavala, Yanet. 1995. ''Principios de Entomología Agrícola''. Ediciones Sol de Barro. ISBN 980-245-006-5</ref> As femias requiren a achega que constitúe o sangue para poder iniciar o ciclo gonotrófico e poderen facer así unha posta de ovos. A dieta dos machos consiste en [[néctar]], [[zume (botánica)|saiba]] e zumes de [[froita]]s, xeralmente ricos en [[azucre]]s. Os órganos bucais dos machos difiren dos das femias en que están inhabilitados para succionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, ''[[Toxorhynchites]]'', non inxiren sangue e as súas larvas son predadoras doutras larvas de mosquitos. O comportamento picador destas especies é moi variable habendo especies que pican preferentemente as aves e outras os mamíferos con toda unha gradación intermedia.


== Desenvolvemento ==
== Desenvolvemento ==

Revisión como estaba o 3 de setembro de 2017 ás 10:33

O mosquito é un insecto da familia Culicidae. Coma os outros membros da orde Diptera, os mosquitos teñen un par de ás e un par de halteres. As características da súa familia inclúen un corpo esguío e patas longas. O tamaño varía pero raramente supera os 15 mm. O peso dos mosquitos é só de 2 a 2.5 miligramos. Conseguen voar de 1.5 a 2.5 km/h. Os mosquitos existen desde hai 170 millóns de anos (Xurásico medio).

Os xéneros dos mosquitos inclúen Anopheles, Culex, Psorfora, Oclerotatus, Aedes, Stegomyia,Sabetes, Culiseta e Haemagoggus. Existen 35 xéneros en total con máis de 2.700 especies recoñecidas.

As femias da maior parte dos mosquitos aliméntanse de sangue dos animais antes de pór os ovos. Na maioría dos mosquitos femia, as partes da boca forman unha probóscide longa preparada para perforar a pel dos mamíferos (ou nalgúns casos de aves, réptiles ou anfibios) para succionar o seu sangue. As femias requiren proteínas para a creación de ovos e xa que a dieta normal do mosquito consiste en néctar e zumes de froitas, carentes de proteínas, deben beber sangue para obter as proteínas necesarias. Os machos difiren das femias en que as súas bocas non están preparadas para succionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, Toxorhynchites, non beben sangue. As larvas deste mosquito son predadores doutras larvas de mosquitos.

O mosquito pasa por catro fases distintas no seu ciclo vital: ovo, larva, pupa e adulto. O tamaño que alcance nas tres primeiras etapas depende do seu especie e da temperatura. Por exemplo, Culex tarsalis pode completar o seu ciclo vital en 14 días a 20 °C e en só dez días a 25 °C. Algunhas especies teñen ciclos vitais de apenas catro días ou de até un mes.

Alimentación

Na maioría dos mosquitos femia as pezas bucais forman unha longa probóscide preparada para perforar a pel dos mamíferos (ou nalgúns casos de aves, réptiles ou anfibios) para succionaren o seu sangue.[2] As femias requiren a achega que constitúe o sangue para poder iniciar o ciclo gonotrófico e poderen facer así unha posta de ovos. A dieta dos machos consiste en néctar, saiba e zumes de froitas, xeralmente ricos en azucres. Os órganos bucais dos machos difiren dos das femias en que están inhabilitados para succionar sangue. Excepcionalmente, as femias dun xénero de mosquitos, Toxorhynchites, non inxiren sangue e as súas larvas son predadoras doutras larvas de mosquitos. O comportamento picador destas especies é moi variable habendo especies que pican preferentemente as aves e outras os mamíferos con toda unha gradación intermedia.

Desenvolvemento

Anatomía dunha larva de Culex
Imaxe microscópica da cabeza
Ciclo vital do mosquito

Como noutros insectos holometábolos (con metamorfoses completa) o desenvolvemento atravesa catro fases distintas: ovo, larva, pupa e adulto. A taxa de crecemento corporal depende da especie e da temperatura. Por exemplo, Culex tarsalis pode completar o seu ciclo vital en 14 días a 20 °C e en só dez días a 25 °C. Algunhas especies teñen ciclos vitais de apenas sete días e outras, pola contra, de varias semanas. As larvas de Ochlerotatus detritus poden desenvolverse lentamente a baixas temperaturas durante máis dun mes.

As larvas de mosquitos atópanse en case calquera masa de auga que se encontre estancada durante polo menos unha semana, dende o Ecuador ata case o círculo polar ártico. Así, pódese atopar larvas en pantanos, marismas, canais, pozas, ribeiras dos ríos, costas, buracos nas árbores, interior de plantas carnívoras, cisternas e todo tipo de recipientes ao aire libre. Non é necesario que haxa unha gran cantidade de auga e na maioría dos casos unha altura de 1 cm pode ser abonda para completar a súa etapa larvaria.

Larvas e pupa de mosquito na superficie da auga

En xeral, os ovos quedan inactivos a baixas temperaturas ou en períodos de seca, esperando condicións favorables para o seu desenvolvemento. Por exemplo, as femias dos xéneros Aedes e Ochlerotatus adoitan depositalos en lugares propensos a anegarse como marismas, recipientes ou ocos nas árbores, agardando que as mareas ou as choivas inunden os seus hábitats.

Tanto as fases preimaxinais (larvas e pupas) como os adultos son depredados por unha gran diversidade de organismos. As fases acuáticas son atacadas por diversas especies de peixes, larvas de escaravellos acuáticos, notonéctidos e outros grupos de insectos. Os adultos son depredados por arañas, libélulas, anfibios, aves, morcegos e tamén outros insectos.

Enfermidades

Tipulidae
  • O mosquito da febre amarela (Stegomyia aegypti) é un mosquito que pode ser hóspede do virus do dengue e o da febre amarela, así como doutras enfermidades. Anteriormente clasificado como un subxénero de Aedes (ao que pertence o estreitamente emparentado Aedes albopitus, o principal vector do dengue), en 2005 estudos moleculares levaron a reclasificar Stegomyia como xenero, mudando o nome do mosquito (que se denominaba até entón Aedes aegypti).
  • En zonas endémicas o mosquito tigre (Aedes albopitus) é vector na transmisión de enfermidades como o dengue en América Central, do Sur e zona do Pacífico, a febre amarela e aínda que en moita menor frecuencia que o Stegomyia aegypti pode ser vector na transmisión do Virus do Nilo Occidental. Estudos norteamericanos evidenciaron a presenza de virus no insecto, dos cales polo menos dous son causa de enfermidade en humanos como a encefalite equina do leste.
  • O vector da malaria humana é a femia do mosquito Anopheles. Esta enfermidade é a primeira causa de enfermidades debilitantes, con máis de 200 millóns de casos cada ano en todo o mundo.

Hai cerca de 2700 especies de mosquitos, organizadas nuns 35 xéneros. Moitas destas especies son causa da transmisión de doenzas mortais para o home, como por exemplo:

Notas

  1. Harbach, Ralph (November 2, 2008). "Family Culicidae Meigen, 1818". Mosquito Taxonomic Inventory. 
  2. Bastidas, Rodolfo y Zavala, Yanet. 1995. Principios de Entomología Agrícola. Ediciones Sol de Barro. ISBN 980-245-006-5

Véxase tamén

Ligazóns externas