Caimán almiscreiro común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Engado sección etimoloxía
Marcio (conversa | contribucións)
Liña 23: Liña 23:
== Etimoloxía e nome ==
== Etimoloxía e nome ==


O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico ''[[Paleosuchus]]'' vén do [[grego antigo|grego]] ''palaios'' 'antigo' e ''soukhos'' 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de [[caimán]]s hai uns 30 millóns de anos. O nome específico ''palpebrosus'' deriva do latín ''palpebra'' 'pálpebra' coa terminación [[latín|latina]] ''osus'' 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores.<ref name=Britton>{{cite web |url=http://crocodilian.com/cnhc/csp_ptri.htm |title=''Paleosuchus palpebrosus'' (Cuvier, 1807) |author=Britton, Adam |date=2009-01-01 |work=Crocodilian species list |accessdate=2013-11-04}}</ref> O nome común que se lle dá nalgúns idiomas (caimán anano de Cuvier) deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.
O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico ''[[Paleosuchus]]'' vén do [[grego antigo|grego]] ''palaios'' 'antigo' e ''soukhos'' 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de [[caimán]]s hai uns 30 millóns de anos. O nome específico ''palpebrosus'' deriva do latín ''palpebra'' 'pálpebra' coa terminación [[latín|latina]] ''osus'' 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores.<ref name=Britton>{{cite web |url=http://crocodilian.com/cnhc/csp_ptri.htm |title=''Paleosuchus palpebrosus'' (Cuvier, 1807) |author=Britton, Adam |date=2009-01-01 |work=Crocodilian species list |accessdate=2013-11-04}}</ref> O nome común de ''caimán anano de Cuvier'' que se lle dá nalgúns idiomas deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.


== Descrición e hábitat ==
== Descrición e hábitat ==

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2017 ás 20:14

Caimán almiscreiro común
Estado de conservación

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Crocodilia
Familia: Alligatoridae
Subfamilia: Caimaninae
Xénero: Paleosuchus
Especie: P. palpebrosus
Nome binomial
'Paleosuchus palpebrosus'
(Cuvier, 1807)
Distribución xeográfica do caimán almiscreiro
Distribución xeográfica do caimán almiscreiro

Distribución xeográfica do caimán almiscreiro

O caimán almiscreiro común[2] (Paleosuchus palpebrosus), tamén chamado xacaré anano[3], é unha especie de pequeno caimán[4] suramericano presente en varios países: Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname e Venezuela. É unha das especies da orde Crocodilia menos ameazada, cuxas poboacións mantéñense estábeis.


Etimoloxía e nome

O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico Paleosuchus vén do grego palaios 'antigo' e soukhos 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de caimáns hai uns 30 millóns de anos. O nome específico palpebrosus deriva do latín palpebra 'pálpebra' coa terminación latina osus 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores.[5] O nome común de caimán anano de Cuvier que se lle dá nalgúns idiomas deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.

Descrición e hábitat

Os machos alcanzan 1,6 metros de longura na idade adulta e as femias 1,2 metros. Son a especie de crocodilos máis pequena do mundo. Este tipo de caimán mostra en xeral preferencia por cursos de auga con corrente e sobre todo por aqueles onde a vexetación ofrece sombra. Nestes lugares as femias constrúen os seus niños, fabricados con follas secas. A posta usual consta de 5 a 9 ovos.

Notas

  1. Crocodile Specialist Group. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000, p. 720
  3. "Nomes galegos dos réptiles recomendados pola Chave" (PDF) (2ª ed.). 2016. p. 6. Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caimán.
  5. Britton, Adam (2009-01-01). "Paleosuchus palpebrosus (Cuvier, 1807)". Crocodilian species list. Consultado o 2013-11-04. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas