Garrote: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:GarroteExecution1901.jpg|miniatura|160 px|Execución por garrote nas Filipinas, 1901]]
[[Ficheiro:GarroteExecution1901.jpg|miniatura|Execución por garrote nas Filipinas, 1901]]
Un '''garrote''' máis coñecido por '''garrote vil''' é un instrumento para executar a [[pena de morte]]. Consiste nun pau cun colar de [[ferro]] que retrocede ata comprimir a [[gorxa]] atravesado por un parafuso, que ao viralo causa a rotura do pescozo do reo.
Un '''garrote''' máis coñecido por '''garrote vil''' é un instrumento para executar a [[pena de morte]]. Consiste nun pau cun colar de [[ferro]] que retrocede ata comprimir a [[gorxa]] atravesado por un parafuso, que ao viralo causa a rotura do pescozo do reo.



Revisión como estaba o 30 de agosto de 2017 ás 16:44

Execución por garrote nas Filipinas, 1901

Un garrote máis coñecido por garrote vil é un instrumento para executar a pena de morte. Consiste nun pau cun colar de ferro que retrocede ata comprimir a gorxa atravesado por un parafuso, que ao viralo causa a rotura do pescozo do reo.

O seu nome provén do medievo, época en que o medio de execución dos viles (“vil”), era a garrotazos (“garrote”), á diferenza dos nobres que eran axustizados por decapitación con espada ou machado. De aí deriva o termo “garrote vil”.

Empregado dende a Idade Media foi un método de execución legal en Portugal e en España; tamén se aplicou en países de colonización española. En Inglaterra usábase para axustizar a reos condenados de herexía antes de queimalos.

O seu uso en España remóntase a 1820, pero convértese no medio de axustízante oficial a partir de 1832, ano en que o rei Fernando VII impón este método para as execucións por consideralo máis humano que a forca, que era o utilizado ata entón.

A pena de morte estivo vixente ata a súa abolición coa Constitución Española de 1978 aínda que a última execución por garrote vil foi en 1974, sendo os últimos condenados por este sistema en España, o anarquista catalá Salvador Puig Antich, e mailo delincuente común de orixe polaca Heinz Ches, foron axustizados por garrote o 2 de marzo de 1974.

Véxase tamén

Ligazóns externas