Amchitka: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeografía: Arranxos varios +cda
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19: Liña 19:
| [[Arquipélago]] || [[Aleutianas]]
| [[Arquipélago]] || [[Aleutianas]]
|-
|-
| [[Lingua]]s || [[Lingua inglesa|Ingles]]
| [[Lingua]]s || [[Lingua inglesa|Inglés]]
|-
|-
| [[Poboación]] (2010) || Deshabitada
| [[Poboación]] (2010) || Deshabitada
Liña 41: Liña 41:
'''Amchitka''' é unha [[illa]] [[volcán]]ica nunha zona de inestabilidade [[tectónica de placas|tectónica]]. Forma parte do grupo das [[illas Rat]] no sistema formado polas [[illas Aleutianas]] no suroeste de [[Alasca]]. Ten unha lonxitude de 68 [[quilómetro]]s e varía entre os 3 e os 6 quilómetros de anchura. Ten un [[clima oceánico]], con moitas [[tormenta]]s e con ceos xeralmente nubrados.

A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos pobos [[Pobo Aleut|aleut]] ou [[esquimó]]s, pero non houbo unha [[poboación]] permanente desde [[1832]]. Incluiuse na [[Compra de Alasca]] de [[1867]], e desde entón formou parte dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] usouse como [[aeródromo]] para as [[Forzas Armadas dos Estados Unidos|forzas estadounidenses]] na [[batalla das Illas Aleutianas]].
A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos [[Pobo aleutiano|aleutianos]] ou [[esquimó]]s, pero non houbo unha [[poboación]] permanente desde [[1832]]. Incluiuse na [[Compra de Alasca]] de [[1867]], e desde entón formou parte dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] usouse como [[aeródromo]] para as [[Forzas Armadas dos Estados Unidos|forzas estadounidenses]] na [[batalla das Illas Aleutianas]].

Amchitka foi elixida pola [[Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos]] para levar a cabo [[proba nuclear|detonacións]] de [[bomba atómica|armas nucleares]] baixo terra. levaron a cabo 3 probas deste tipo: ''Long Shot'', que produciu unha explosión de 80 [[quilotón]]s en [[1965]], ''Milrow'', que produciu unha explosión de 1 [[megatón]] en [[1969]] e ''Cannikin'' en [[1971]]. Esta última explosión, de "menos de 5 megatóns", é a maior explosión subterránea nuclear que se levou a cabo en chan estadounidense. As probas tiveron moitas críticas, xa que os [[ecoloxía|grupos ecoloxistas]] tiñan medo de que a explosión ''Cannikin'' en particular puidese desencadear graves [[terremoto]]s e [[tsunami]]s.

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2017 ás 11:24

Amchitka
Vista da illa
Localizacións das probas nucleares
Datos
Capital
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Aleutianas
Linguas Inglés
Poboación (2010) Deshabitada
Superficie 195 km²
Densidade
Coordenadas 51°28′N 179°05′L / 51.467, -179.083
Maior Altura
Localización
Localización da illa

Amchitka é unha illa volcánica nunha zona de inestabilidade tectónica. Forma parte do grupo das illas Rat no sistema formado polas illas Aleutianas no suroeste de Alasca. Ten unha lonxitude de 68 quilómetros e varía entre os 3 e os 6 quilómetros de anchura. Ten un clima oceánico, con moitas tormentas e con ceos xeralmente nubrados.

A illa estivo ocupada durante máis de 2.500 anos polos aleutianos ou esquimós, pero non houbo unha poboación permanente desde 1832. Incluiuse na Compra de Alasca de 1867, e desde entón formou parte dos Estados Unidos. Durante a Segunda Guerra Mundial usouse como aeródromo para as forzas estadounidenses na batalla das Illas Aleutianas.

Amchitka foi elixida pola Comisión de Enerxía Atómica dos Estados Unidos para levar a cabo detonacións de armas nucleares baixo terra. levaron a cabo 3 probas deste tipo: Long Shot, que produciu unha explosión de 80 quilotóns en 1965, Milrow, que produciu unha explosión de 1 megatón en 1969 e Cannikin en 1971. Esta última explosión, de "menos de 5 megatóns", é a maior explosión subterránea nuclear que se levou a cabo en chan estadounidense. As probas tiveron moitas críticas, xa que os grupos ecoloxistas tiñan medo de que a explosión Cannikin en particular puidese desencadear graves terremotos e tsunamis.

Desde entón, Amchitka non se usou máis para probas nucleares, aínda que está baixo vixilancia pola presenza de contaminación radioactiva.

Xeografía

Amchitka é a illa que se atopa máis ao sur do grupo das illas Rat na cadea Aleutiana, entre 51°21′N 178°37′L / 51.350, -178.617 e 51°39′N 179°29′L / 51.650, -179.483. Está rodeada polo mar de Bering polo norte e o este, e polo océano Pacífico polo sur e o oeste.

A parte este de a illa trátase dunha meseta de baixa altura, con estanques illados e outeiros de pendentes moderadas. Hai unha baixa pero abundante vexetación, con brións, líquenes, fieitos, herbas e arbustos do xénero Empetrum. O centro da illa é montañoso, e o extremo oeste é unha terra estéril e a vexetación é escasa.

Amchitka ten un clima oceánico, e normalmente hai néboa e vento, con nubes cubrindo o ceo o 98% do tempo. Mentres que as temperaturas son moderadas grazas ao océano, as tormentas son frecuentes. Desde o punto de vista xeolóxico, a illa é volcánica, formando parte dun anaco do arco volcánico aleutiano que está escindíndose por subducción oblicua. É unha das contornas tectónicas máis inestables dos Estados Unidos.