Antonio Tenreiro Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Control de autoridades
Jglamela (conversa | contribucións)
Galería e ordeno
Liña 19: Liña 19:
Naceu o 5 de xaneiro de 1893, cando contaba con 8 anos faleceulle o pai, Ramón Mª Tenreiro Fernández, ficando baixo a tutela do seu tío materno, Ricardo Rodríguez Pastor. Ricardo era unha persoa destacable dentro da sociedade intelectual e empresarial da época, ocupando cargos como presidente do [[Banco Pastor]] ou conselleiro do [[Banco de España]]. Antonio iniciou en 1913 os seus estudos na [[ETSAM|Escola Superior de Arquitectura]] en [[Madrid]], finalizándoos en 1919. Nesta etapa coñeceu ao que sería o seu socio durante toda a súa carreira, o valenciano [[Peregrín Estellés]].

===Comezos===
=== Comezos ===
[[Ficheiro:Casa Barrié.JPG|miniatura|Casa Barrié.]]
[[Ficheiro:Casa Barrié.JPG|miniatura|Casa Barrié.]]
Aínda que nun principio estabeleceu o seu estudio na rúa Benito Gutiérrez de Madrid, con encargos modestos, ao gañar o concurso de proxectos para a Casa de Correos-Telégrafos de [[Lugo]], e encargarlle seu tío Ricardo e seu curmán [[Pedro Barrié de la Maza]] o proxecto da [[Edificio do Banco Pastor da Coruña|sede do Banco Pastor]] en 1920, trasladouse, con Peregrín Estellés, definitivamente á Coruña. Foi nese mesmo ano cando tamén casou, con Mathilde Brochón Reinmann, tendo catro fillos: Rosa (1921), Antonio (1923), Magdalena (1925) e Ramón (1928).

Liña 27: Liña 27:
En 1930 é nomeado arquitecto municipal da Coruña, e nesta década realiza, entre outros, os proxectos do Cine Savoy, [[Mercado Municipal de Santo Agostiño|mercado de Santo Agostiño]], da Casilla-Biblioteca “Menéndez Pidal”, nos [[xardíns de Méndez Núñez]], e a estación de servizo en Catro Camiños (demolida en 1997),<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/09/28/4112265.shtml?idioma=galego Homenaje a una estación de servicio con mucha solera]</ref> nas que se pode contemplar unha transición do decó á [[Movemento Moderno|Modernidade]].[[Ficheiro:Grajovuelabajo.jpg|miniatura|esquerda|250px|Casa Bailly, no Graxal]]

===Delegación coruñesa do Colexio Oficial de arquitectos===
O 9 de outubro de 1931 funda canda outros 9 arquitectos a delegación na Coruña do [[Colexio Oficial de Arquitectos de León]]. A acta da sesión comeza así:
O 9 de outubro de 1931 funda canda outros 9 arquitectos a delegación na Coruña do [[Colexio Oficial de Arquitectos de León]]. A acta da sesión comeza así:

:“Convocados por D. Antonio Tenreiro para celebrar Xunta Xeral, os Arquitectos da provincia da Coruña, con obxecto de constituír a delegación nesta provincia do Colexio Oficial de Arquitectos de León...”

=== A partir da guerra civil ===
No 1936 estala a [[guerra civil española]]. Pola nacionalidade francesa da súa muller e a súa distinción coa lexión de honor, o cónsul francés dispuxo os requisitos necesarios para a súa evacuación, mais Antonio decidiu permanecer na Coruña. O seu cuñado foi fusilado en [[Matanzas de Paracuellos|Paracuellos]]. En 1937 Antonio Tenreiro Rodríguez é suspendido do seu cargo como arquitecto municipal e expedientado pola súa militancia republicana. A representatividade das familias Pastor-Barrié de la Maza e Tenreiro Arias impide a suspensión total do exercicio, pero non evitan a súa retirada dos cargos públicos, a confiscación da fábrica de curtidos familiar, a expropiación de numerosas propiedades e a mingua substancial do seu patrimonio. Finalmente, a Xunta Superior de Depuración condénao, en 1942, a seis anos de inhabilitación para cargos públicos, directivos e de confianza. A partir dese momento verase frecuentemente obstaculizado nos primeiros anos da ditadura, tendo incluso que firmar o seu socio Estellés algunhas das súas obras, como o Gran Cine de [[Ortigueira]].

Mais todo isto non evita que proxecte, en 1940 a cidade cultural “Generalísimo Franco”, hoxe campus universitario de Riazor da [[Universidade da Coruña]] e cidade escolar, do que realizaría edificios como a Escola de Náutica, a Escola de Comercio ou o Conservatorio de Música, o mercado da Praza do Conde en Pontedeume e un curioso proxecto alternativo da [[Igrexa de san Pedro de Mezonzo]], de maior calidade arquitectónica que o finalmente realizado. Ao finalizar a década, é rehabilitado polo alcalde [[Alfonso Molina]] como arquitecto municipal da Coruña.

[[Ficheiro:Frente del Archivo del Reino de Galicia.jpg|miniatura|220px|Fronte do Arquivo do Reino de Galicia dende o [[Xardín de San Carlos]]]]

O seu último gran proxecto foi o actual [[Arquivo do Reino de Galicia]] no [[Xardín de San Carlos]], en 1952. En 1963 abandona o cargo de arquitecto municipal e finalmente morre o 31 de maio de 1972.
O seu último gran proxecto foi o actual [[Arquivo do Reino de Galicia]] no [[Xardín de San Carlos]], en 1952. En 1963 abandona o cargo de arquitecto municipal e finalmente morre o 31 de maio de 1972.
Liña 41: Liña 40:
==Premio Coruña de Arquitectura==
==Premio Coruña de Arquitectura==
En outubro de 2006 o [[Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia]] outorgoulle, na súa primeira edición, o [[premio Coruña de Arquitectura]] á súa familia, que fora creado en conmemoración do 75º aniversario da delegación coruñesa, onde o alcalde da cidade, [[Javier Losada]], prometeu que lle ía poñer á praza que está en fronte do [[colexio de Labaca]] o nome do arquitecto,<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/07/18/4955024.shtml?idioma=galego Antonio Tenreiro dará nombre a una plaza tres años después de lo anunciado]</ref> o que se fixo en 2012.<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/06/19/plaza-honor-arquitecto-antonio-tenreiro/619404.html Una plaza en honor al arquitecto Antonio Tenreiro]</ref>

== Galería ==
<gallery>
Ficheiro:A Coruña - Mercado de San Agustín.JPG|[[Mercado de Santo Agostiño]] (1932-1938)
Ficheiro:Rúa do Orzán coa rúa do Sol.jpg|Casa de Santiago López, na [[rúa do Orzán (A Coruña)|rúa do Orzán]] da Coruña (1934)
Ficheiro:Praza de Lugo 20 - Casa d'Ortega.jpg| Casa d’Ortega, na [[praza de Lugo (A Coruña)|praza de Lugo]] da Coruña (1934)
Ficheiro:PontedeumeMercado 2014-09.jpg|Mercado de [[Pontedeume]] (1941, construído en 1954)
Ficheiro:Frente del Archivo del Reino de Galicia.jpg|Fronte do Arquivo do Reino de Galicia dende o [[Xardín de San Carlos]] (1952)
</gallery>

==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2017 ás 16:06

Infotaula de personaAntonio Tenreiro Rodríguez

Fachada do Banco Pastor, a súa obra máis coñecida.
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1893
A Coruña, Galicia Galiza
Morte31 de maio de 1972
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Español
EducaciónEscuela Superior de Arquitectura de Madrid (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónArquitecto
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRamón María Tenreiro Editar o valor em Wikidata

Antonio Tenreiro Rodríguez, nado na Coruña o 5 de xaneiro de 1893 e finado o 31 de maio de 1972, foi un dos principais arquitectos galegos do século XX. A súa obra máis coñecida é a sede do Banco Pastor da Coruña.

Traxectoria

Proviña dunha familia de propietarios dunha fábrica de curtidos en Pontedeume (Provincia da Coruña), fillo de Ramón Tenreiro Fernández e de Matilde Rodríguez Pastor, irmán do escritor e político Ramón Tenreiro Rodríguez e pai do arquitecto e pintor Antonio Tenreiro Brochón.

Naceu o 5 de xaneiro de 1893, cando contaba con 8 anos faleceulle o pai, Ramón Mª Tenreiro Fernández, ficando baixo a tutela do seu tío materno, Ricardo Rodríguez Pastor. Ricardo era unha persoa destacable dentro da sociedade intelectual e empresarial da época, ocupando cargos como presidente do Banco Pastor ou conselleiro do Banco de España. Antonio iniciou en 1913 os seus estudos na Escola Superior de Arquitectura en Madrid, finalizándoos en 1919. Nesta etapa coñeceu ao que sería o seu socio durante toda a súa carreira, o valenciano Peregrín Estellés.

Comezos

Casa Barrié.

Aínda que nun principio estabeleceu o seu estudio na rúa Benito Gutiérrez de Madrid, con encargos modestos, ao gañar o concurso de proxectos para a Casa de Correos-Telégrafos de Lugo, e encargarlle seu tío Ricardo e seu curmán Pedro Barrié de la Maza o proxecto da sede do Banco Pastor en 1920, trasladouse, con Peregrín Estellés, definitivamente á Coruña. Foi nese mesmo ano cando tamén casou, con Mathilde Brochón Reinmann, tendo catro fillos: Rosa (1921), Antonio (1923), Magdalena (1925) e Ramón (1928).

Na década de 1920 e nos anos da Segunda República Española proxecta algunhas das súas obras máis coñecidas, como o edificio do Banco Pastor, que ao finalizar a súa construción era o máis alto do Estado español, influído pola Escola de Chicago, que destaca polas formas clásicas e neobarrocas do estilo Beaux Arts, que o propio Tenreiro definiría como “Barroco modernizado”, e a aparición de elementos e detalles propios da art déco. Tamén desta época é a casa Barrié, finalizada en 1926, na que Tenreiro opta por unha obra máis europea, un estilo francés, e cunha frescura nova no deseño dos detalles lonxe da ortodoxia Beaux Arts. Tamén construíu a casa Bailly, no Graxal (Cambre), actualmente en estado de ruína,[1] a carón da N-VI, ante o abandono das administracións locais e autonómicas. A nivel persoal, Tenreiro recibe a Lexión de Honra francesa en 1928.

En 1930 é nomeado arquitecto municipal da Coruña, e nesta década realiza, entre outros, os proxectos do Cine Savoy, mercado de Santo Agostiño, da Casilla-Biblioteca “Menéndez Pidal”, nos xardíns de Méndez Núñez, e a estación de servizo en Catro Camiños (demolida en 1997),[2] nas que se pode contemplar unha transición do decó á Modernidade.

Casa Bailly, no Graxal

O 9 de outubro de 1931 funda canda outros 9 arquitectos a delegación na Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de León. A acta da sesión comeza así:

“Convocados por D. Antonio Tenreiro para celebrar Xunta Xeral, os Arquitectos da provincia da Coruña, con obxecto de constituír a delegación nesta provincia do Colexio Oficial de Arquitectos de León...”

A partir da guerra civil

No 1936 estala a guerra civil española. Pola nacionalidade francesa da súa muller e a súa distinción coa lexión de honor, o cónsul francés dispuxo os requisitos necesarios para a súa evacuación, mais Antonio decidiu permanecer na Coruña. O seu cuñado foi fusilado en Paracuellos. En 1937 Antonio Tenreiro Rodríguez é suspendido do seu cargo como arquitecto municipal e expedientado pola súa militancia republicana. A representatividade das familias Pastor-Barrié de la Maza e Tenreiro Arias impide a suspensión total do exercicio, pero non evitan a súa retirada dos cargos públicos, a confiscación da fábrica de curtidos familiar, a expropiación de numerosas propiedades e a mingua substancial do seu patrimonio. Finalmente, a Xunta Superior de Depuración condénao, en 1942, a seis anos de inhabilitación para cargos públicos, directivos e de confianza. A partir dese momento verase frecuentemente obstaculizado nos primeiros anos da ditadura, tendo incluso que firmar o seu socio Estellés algunhas das súas obras, como o Gran Cine de Ortigueira.

Mais todo isto non evita que proxecte, en 1940 a cidade cultural “Generalísimo Franco”, hoxe campus universitario de Riazor da Universidade da Coruña e cidade escolar, do que realizaría edificios como a Escola de Náutica, a Escola de Comercio ou o Conservatorio de Música, o mercado da Praza do Conde en Pontedeume e un curioso proxecto alternativo da Igrexa de san Pedro de Mezonzo, de maior calidade arquitectónica que o finalmente realizado. Ao finalizar a década, é rehabilitado polo alcalde Alfonso Molina como arquitecto municipal da Coruña.

O seu último gran proxecto foi o actual Arquivo do Reino de Galicia no Xardín de San Carlos, en 1952. En 1963 abandona o cargo de arquitecto municipal e finalmente morre o 31 de maio de 1972.

Premio Coruña de Arquitectura

En outubro de 2006 o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia outorgoulle, na súa primeira edición, o premio Coruña de Arquitectura á súa familia, que fora creado en conmemoración do 75º aniversario da delegación coruñesa, onde o alcalde da cidade, Javier Losada, prometeu que lle ía poñer á praza que está en fronte do colexio de Labaca o nome do arquitecto,[3] o que se fixo en 2012.[4]

Galería

Notas

  • O COAG editou un libro chamado "Antonio Tenreiro 1893-1972", de onde se sacou gran parte da información deste artigo.

Véxase tamén

Ligazóns externas