Oakland: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, removed: <big>, </big>
Liña 34: Liña 34:
== Deportes ==
== Deportes ==
Oakland ten un equipo de [[béisbol]] da liga americana, os [[Oakland Athletics]], un equipo na [[NFL|liga nacional]] de [[fútbol americano]], os [[Oakland Raiders|Raiders]] e un equipo de [[baloncesto]] na [[NBA]], os [[Golden State Warriors]]. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.
Oakland ten un equipo de [[béisbol]] da liga americana, os [[Oakland Athletics]], un equipo na [[NFL|liga nacional]] de [[fútbol americano]], os [[Oakland Raiders|Raiders]] e un equipo de [[baloncesto]] na [[NBA]], os [[Golden State Warriors]]. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.

== Persoeiros ==
A novelista [[Amy Tan]], autora do Joy Luck Club naceu e criouse en Oakland. En canto ao deporte, naceu nesta cidade o ex-xogador de [[baloncesto]] [[Gary Payton]]. Tamén naceron en Oakland os cantantes que conforman o grupo de punk rock [[Green Day]], é dicir [[Billie Joe Armstrong]] (vocalista e compositor), o baixista Michael Ryan Pritchard (Mike Dirnt), e o batería Frank Edwin Wright III (Tré Cool).


== Transporte público ==
== Transporte público ==

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2017 ás 09:43

Modelo:Cidade dos EUAOakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade étnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.

Poboación demográfica

Oakland contaba cunha poboación de 404.155 habitantes en 2008. As estimacións da oficina do censo da EE.UU. 2005 mostran un 33,15% de afroamericanos, 22,80% de brancos, 1,80% de nativos americanos, 18,20% de asiáticos, 1,23% de insulares pacíficos, 15,53% doutras etnias, e 7,40% a partir de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera etnia eran o 28,03% da poboación.

Xeografía

  • Altitude: 12 metros.
  • Latitude: 37º 48' N
  • Lonxitude: 122º 15' O

Deportes

Oakland ten un equipo de béisbol da liga americana, os Oakland Athletics, un equipo na liga nacional de fútbol americano, os Raiders e un equipo de baloncesto na NBA, os Golden State Warriors. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.

Transporte público

Oakland ten servizo de autobuses (AC Transit) locais, rápidos, e transbaía, un servizo de metro (BART), así como varias frotas de taxi e un servizo de transbordador a San Francisco.

Autoestradas

Oakland conéctase ao resto da área da Baía por varias autoestradas interestatais. As autoestradas interestatais máis importantes da cidade de Oakland son a 80, 580, 880, 238, e a 980. A Ponte da Baía Oakland-San Francisco é a ponte que conecta as cidades de Oakland e San Francisco (Interestatal 80), por onde pasan millleiros de vehículos cada día, dende as áreas residenciais de East Bay aos centros de traballo de San Francisco.

Aeroporto de Oakland

O aeroporto internacional Oakland Internacional, ou simplemente OAK, é o preferido por moita da área pola abundancia de voos baratos, aínda que o aeroporto ten voos internacionais limitados, de xeito predominante a México e Canadá.

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas