Irmán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
→‎Tipos de irmáns: irmáns carnais: digalego
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 15: Liña 15:


=== Irmáns carnais ===
=== Irmáns carnais ===
Os '''irmáns carnais'''<ref>[https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=37807&opcion=entrada&entrada=irm%E1n%20-m%E1 "Irmán"], Digalego</ref> ou '''irmáns plenos''', son irmáns que comparten ambos os pais (biolóxicos ou adoptivos).
Os '''irmáns carnais'''<ref>[https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=37807&opcion=entrada&entrada=irm%E1n%20-m%E1 "Irmán"], Digalego</ref> son irmáns que comparten ambos os dous pais (biolóxicos ou adoptivos).


=== Medios irmáns ===
=== Medios irmáns ===

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2017 ás 14:26

Os irmáns Wilhelm (á esquerda) e Jacob Grimm (á dereita) nun cadro de 1855 de Elisabeth Jerichau-Baumann.

Un irmán é unha persoa que con respecto a outra ten os mesmos pais, ou soamente o mesmo pai ou a mesma nai. Este termo é utilizado xeralmente para referirse a dous ou máis persoas xeneticamente emparentadas, aínda que non necesariamente este ten que ser o caso, posto que pode haber un ou máis irmáns que sexan adoptados polos seus pais.

Na maioría das sociedades do mundo os irmáns usualmente crecen xuntos e pasan xuntos gran parte da nenez e mocidade, polo que poden ter conflitos (frecuentemente asócianse estes conflitos a unha verdadeira irmandade, algunhas frases como: «se non se pelexan, non son irmáns» apoian dita idea). A proximidade e o trato que os irmáns teñan entre si estarán marcados polo desenvolvemento de fortes asociacións emocionais tales como amor e inimizade. O lazo entre irmáns é a miúdo moi complicado e ás veces está influído por factores tales como o trato dos pais, a orde de nacemento, a xente e as experiencias vividas fóra da familia.[Cómpre referencia]

O termo é usado para definir aos membros dunha comunidade relixiosa, por exemplo moitas das ordes católicas, irmandade ou confraría.[Cómpre referencia]

Orixe do termo

A palabra galega «irmán» (como o catalán germà, o portugués irmão ou o castelán hermano) orixínanse na palabra latina "germanus". Como «xerme», vén de geno ou gigno, que significa ‘carnal’ (no sentido de parente consanguíneo); tamén significa ‘verdadeiro’ e ‘exacto’. Frater germanus = ‘irmán carnal’.[Cómpre referencia]

Tipos de irmáns

Irmáns carnais

Os irmáns carnais[1] son irmáns que comparten ambos os dous pais (biolóxicos ou adoptivos).

Medios irmáns

Son os irmáns que comparten só un dos dous proxenitores (xa sexa biolóxica ou adoptivamente). O termo medio irmán é pouco utilizado e adóitase preferir utilizar irmán de nai ou irmán de pai por razón de costume lingüístico. Ademais o termo medio irmán parece dar a entender que está a metade de camiño entre ser irmán e non selo, mentres que moitos medios irmáns teñen unha vinculación e unhas vivencias comúns que lles fai sentirse moito máis próximos do concepto de irmáns que do dos que non o son.

  • Medios irmáns de nai son os fillos dunha mesma nai que teñen diferente pai. Ás veces utilízase o termo irmáns uterinos[Cómpre referencia] que non é exactamente sinónimo, pois fai referencia a dúas persoas que foron xestadas no mesmo útero, compartan ou non a carga xenética da mesma nai.
  • Medios irmáns de pai son os fillos dun mesmo pai que teñen diferente nai. Ás veces utilízanse como sinónimos os termos irmáns consanguíneos, ou irmáns agnados.[Cómpre referencia]

Medios irmáns

Medio irmán é o que só ten en común un dos pais.[2][3]

Irmáns de leite

Irmán de leite é o «fillo dunha ama de cría respecto do alleo que esta criou, e viceversa». Analogamente ao devandito sobre os medios irmáns, só se fala de parentesco de leite ou nutricio cando non existe o de consanguinidade. Non ten incidencia a efectos xurídicos, pero tradicionalmente tiña unha consideración social semellante á do parentesco de afinidade. A lei islámica (sharia) precisa en que condicións a lactación non materna constitúe parentesco nutricio (rada'a) e asimila este á consanguinidade, prohibindo o matrimonio entre os irmáns de leite ou mahram.

Notas

  1. "Irmán", Digalego
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para irmán.
  3. Salazar y Acha, Jaime de (2006). Manual de genealogía española. Madrid: Hidalguía. p. 115. 

Véxase tamén

Outros artigos