Oia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Movendo o escudo
m Arranxo
Liña 129: Liña 129:
=== Toponimia ===
=== Toponimia ===
O topónimo Oia está documentado dende época medieval, ligado ao mosteiro de Santa María. O documento máis antigo cita esta localidade no pergamino solto datado en 1137<ref>RECUERO ASTRAY, M., GONZÁLEZ VÁZQUEZ, M., ROMERO PORTILLA, P., Documentos Medievales del Reino de Galicia: Alfonso VII (1116-1157)., pg. 66-67.</ref>
O topónimo Oia está documentado dende época medieval, ligado ao mosteiro de Santa María. O documento máis antigo cita esta localidade no pergamino solto datado en 1137<ref>RECUERO ASTRAY, M., GONZÁLEZ VÁZQUEZ, M., ROMERO PORTILLA, P., Documentos Medievales del Reino de Galicia: Alfonso VII (1116-1157)., pg. 66-67.</ref>
[[Ficheiro:Escudo Oia.svg|200px|conmarco|dereita|Escudo non oficial]]
[[Ficheiro:Escudo Oia.svg|150px|thumb|Escudo non oficial]]
{{Cita|"...pectet regie parti mille morabetinos et ecclesie Sancte Marie de Oia iam dicte et fratribus ibi existentibus in duplo restituat."}}
{{Cita|"...pectet regie parti mille morabetinos et ecclesie Sancte Marie de Oia iam dicte et fratribus ibi existentibus in duplo restituat."}}



Revisión como estaba o 27 de agosto de 2017 ás 14:30

Coordenadas: 42°00′N 8°52′O / 42.000, -8.867

Oia
Casa do Concello Ponte sobre o río Tamuxe
O Arrabal
Situación
Xentilicio[1]oiense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Baixo Miño
Poboación3.002 hab. (2016)[2][3]
Área83,3 km²[3]
Densidade36,04 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias[4]
Capital do concelloOia
Política (2015)
AlcaldesaCristina Correa (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Outros: CG: 3
Eleccións municipais en Oia
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes67,29%
Na rede
concellodeoia.es
editar datos en Wikidata ]

Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é oiense.

Poboación

Censo total 2014 3.042 habitantes
Menores de 15 anos 378 (12.43 %)
Entre 15 e 64 anos 1.967 (64.66 %)
Maiores de 65 anos 697 (22.91 %)
Evolución da poboación de Oia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.639 2.677 2.893 3.095 2.912 3.227 3.179 3.101 3.094 3.042 3.008 3.002
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polas estribacións en dirección N-S da Serra da Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa. Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Loureza e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos. Ao sur atópase o val do Rosal.

Os cursos de auga son moi curtos, como o Carballás e o Tamuxe. As alturas máximas atópanse nos montes de Lousado (610 m) e no monte Pedrada 851 m. Nos montes atópanse piñeiros e eucaliptos e monte baixo de toxos e uces. A temperatura media anual é de 15 °C.

Historia

Da Idade de Bronce atopáronse machados e hai gravados rupestres nos montes que miran para a costa. Porén, en abril de 2010 o sitio do Sobreiro[6], tamén chamado de Boaventura, na parroquia de Burgueira, foi esnaquizado por máquinas que acondicionaban o terreo para unha plantación de kiwis[7].

Hai abondosos restos castrexos, entre os que destaca o sitio arqueolóxico de Bouza Fariña, en Mougás. Nel atopouse un altar de sacrificios (actualmente no Museo de Pontevedra) con epigrafía latina. En Viladesuso houbo unha vila romana na que se atopou unha ara (actualmente no Museo Diocesano de Tui).

Mais a historia de Oia xira en volta do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia. Fundouno Afonso VII en 1132, como bieto, sendo o seu primeiro abade Pedro de Incio. En 1185 aceptou a reforma do Císter, someténdose á abadía de San Bernardo de Claraval; en 1547 incorporouse á congregación cisterciense de Castela.

O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.

Toponimia

O topónimo Oia está documentado dende época medieval, ligado ao mosteiro de Santa María. O documento máis antigo cita esta localidade no pergamino solto datado en 1137[8]

Escudo non oficial
"...pectet regie parti mille morabetinos et ecclesie Sancte Marie de Oia iam dicte et fratribus ibi existentibus in duplo restituat."

Economía

A poboación apenas aumentou en número desde comezos do século XX. A economía é de carácter agrario, pero non moi produtiva: explotación dos montes en mancomún, vacas (80% rubia galega), ovellas e cabalos, que se crían en liberdade e se concentran cada ano na rapa das bestas. A costa non se dá para as actividades pesqueiras, polo que estas son ocasionais e artesanais. Nos últimos anos aumentou o turismo debido á súa posición entre o Val Miñor e o Baixo Miño.

Colexios

  • CEIP Mestre Manuel García
  • CEIP Refoxos-Loureza

Deportes

  • Oiense Club Fútbol (Fútbol)

Festas

Parroquia de Santa María de Oia

  • Romaría de San Sebastián. Celébrase no mes de xaneiro, o fin de semana máis próximo ao día 20.
  • Romaría de Nosa Señora da Virxe do Mar. Celébrase o luns seguinte ao Domingo de Pentecoste.
  • Romaría de San Cosme e San Damián. O 27 de setembro. Na baixada do mosteiro ao porto hai unha fonte da que segundo a tradición popular os romeiros collían auga polos seus poderes milagreiros.

Galería de imaxes de Oia

Artigo principal: Galería de imaxes de Oia.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Oia

Burgueira (San Pedro) | Loureza (San Mamede) | Mougás (Santa Uxía) | Oia (Santa María) | Pedornes (San Mamede) | Viladesuso (San Miguel)

Lugares de Oia

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oia vexa: Lugares de Oia.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Oia".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Imaxes do petróglifo antes e despois da súa destrución
  7. "Oia permite arramplar cun xacemento rupestre para a plantación de kiwis", artigo en Vieiros, 30 de abril de 2010.
  8. RECUERO ASTRAY, M., GONZÁLEZ VÁZQUEZ, M., ROMERO PORTILLA, P., Documentos Medievales del Reino de Galicia: Alfonso VII (1116-1157)., pg. 66-67.

Véxase tamén