Presión arterial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:


A presión do sangue está influída polo [[gasto cardíaco]], a [[resistencia vascular]] e a [[rixidez arterial]] e varía dependendo da situación, do estado emocional, a actividade e os estado de saúde ou enfermidade. A curto prazo é regulada por [[barorreceptor]]es que actúan a través do cerebro para influír nos sistemas [[sistema nervioso|nervioso]] e [[sistema endócrino|endócrino]].
A presión do sangue está influída polo [[gasto cardíaco]], a [[resistencia vascular]] e a [[rixidez arterial]] e varía dependendo da situación, do estado emocional, a actividade e os estado de saúde ou enfermidade. A curto prazo é regulada por [[barorreceptor]]es que actúan a través do cerebro para influír nos sistemas [[sistema nervioso|nervioso]] e [[sistema endócrino|endócrino]].

== Notas ==
{{Listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 24 de agosto de 2017 ás 14:25

O esfigmomanómetro mide a presión arterial do sangue.

A presión (ou tensión) arterial (PA) é a presión exercida pola circulación do sangue nas paredes dos vasos sanguíneos, e é un dos principais sinais vitais. En cada latexo do corazón, a PA varía entre un máximo (presión sistólica) e un mínimo (presión diastólica) de presión. A PA media diminúe a medida que a circulación vai dende o corazón para as arterias, e ten a súa maior diminución nas pequenas arterias e arteriolas, e segue a diminuír a medida que o sangue se move a través dos vasos capilares e volve ó corazón polas veas. É un dos signos vitais, xunto coa frecuencia respiratoria, a frecuencia cardíaca, oxixenación e temperatura corporal. A presión arterial dun adulto en repouso é de arredor de 120 milímetros de mercurio (16 kPa) sistólicos, e 80 milímetros de mercurio (11 kPa) diastólicos, abreviado "120/80 mmHg".

O termo de presión arterial, xeralmente, refírese a presión medida no brazo dunha persoa, especialmente na arteria braquial, empregando un esfigmomanómetro.[1] Máis recentemente, empréganse outros métodos semiautomáticos por mor do potencial risco de intoxicación por mercurio,[2] aínda que o custo e a facilidade de uso tamén influíron nesta tendencia.[1] As alternativas anteriores ó esfigmomanómetro eran pouco exactas, pero os dispositivos modernos teñen un grao de exactitude semellante ós de mercurio.[1]

A presión do sangue está influída polo gasto cardíaco, a resistencia vascular e a rixidez arterial e varía dependendo da situación, do estado emocional, a actividade e os estado de saúde ou enfermidade. A curto prazo é regulada por barorreceptores que actúan a través do cerebro para influír nos sistemas nervioso e endócrino.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Ogedegbe, Gbenga; Pickering, Thomas (2010-11-01). "Principles and techniques of blood pressure measurement". Cardiology Clinics 28 (4): 571–586. ISSN 1558-2264. PMC 3639494. PMID 20937442. doi:10.1016/j.ccl.2010.07.006. 
  2. O'brien, Eoin (2001-01-01). "Blood pressure measurement is changing!". Heart (en inglés) 85 (1): 3–5. ISSN 1468-201X. PMC 1729570. PMID 11119446. doi:10.1136/heart.85.1.3. 

Véxase tamén

Bibliografía