Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
Durante a Segunda República iniciou a súa militancia política. En 1934 participou no congreso fundacional do Comité Nacional de [[Asociación de Mulleres Antifascistas|Mulleres contra a Guerra e o Fascismo]], organización [[feminista]] e popular de inspiración [[comunista]] que presidía [[Dolores Ibárruri]]. Este mesmo ano afiliouse ao [[Socorro Vermello Internacional]] (SRI), organización vinculada á [[Internacional Comunista]], que se dedicaba a realizar actos de apoio aos prisioneiros comunistas e que organizaba asistencia material e humanitaria en situacións específicas de necesidade.
 
Ingresou no PCE nos primeiros meses de 1936, pouco antes da Guerra Civil, grazas aos seus contactos co activista italiano [[Vittorio Vidali]] (''Comandante Carlos''), delegado do [[Komintern]] e cofundador e comisario político do [[Quinto Rexemento de Milicias Populares]], e á súa compañeira a fotógrafa e actriz [[Tina Modotti]].<ref name="Ginard" />
 
O 21 de xullo de 1936, uns días despois do fracasado [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936|golpe de Estado]], foi destinada ao Hospital Obrero ocupado polo Quinto Rexemento en Madrid, e ese mesmo verán enrolouse no batallón feminino do mesmo, realizando alí a instrución militar. Xunto a outras moitas mulleres, entre as que se encontraba Tina Modotti, embarcouse no esforzo de converter o hospital -que fora asilo para [[Tuberculose|tuberculosos]] rexentado por relixiosas- nun [[hospital de sangue]] para as milicias populares, que xa estaban freando o avance fascista na [[Batalla de Guadarrama|serra norte de Madrid]]. O batallón feminino do Quinto Rexemento, seguindo a idea de Dolores Ibarruri, pretendía que as mulleres combateran na fronte en situación de igualdade cos homes. A presenza de mulleres nun corpo militarizado como aquel suscitou unha polémica nas filas do PCE, e as dúas únicas compañías de mulleres que chegaron a formarse acabaron disolvéndose.<ref name="Ginard" />

Menú de navegación