Diferenzas entre revisións de «Hattusilis III»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
pero
(pero)
== A guerra de Pishuru (cidade dos kaska) ==
 
Neste momento nas terras kaskas tiña a hexemonía a cidade de [[Pishuru]]. [[Ishupitta]] e [[Daistipassa]], na Terra Alta Hitita, eran aliadas de Pishuru e apoderáronse das terras de [[Landa]], [[Marista]] e algunhas cidades fortificadas dos hititas; os hititas non os puideron conter e os kaskas continuaron avanzando ao sur cruzando o río [[Marasanda]] e chegando ata a terra de [[Kanis]] (Kanesh). As cidades de [[Kurustama]], [[Gazzuira]] e outra cuxo nome non se dá lido (pero que comeza por Ha...) uníronse aos kaska e atacaron as cidades hititas das proximidades. [[Durmitta]] tamén quedou baixo control kaska e atacou a comarca de [[Tuhuppiya]]. Os kaskas non atoparon ningún obstáculo na terra de [[Ippasanama]], e puideron seguir ata atacar a terra de [[Suwatara]]. Só dúas cidades, unha delas [[Istahara]] (a outra non se pode ler) escaparon aos ataques kaska.
 
== O reino de Hakpis ==
Usuario anónimo

Menú de navegación