William de Ockham: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: lt:Viljamas Okamas
ahi
Liña 37: Liña 37:


==Einstein e as simplificacións==
==Einstein e as simplificacións==
Probabelmente, cando escrebeu que ''as teorías deben ser tan simples como sexa posible, mais nen sempre debemos escoller as máis simples'', [[Albert Einstein]] estaba se referindo ao principio de Occam na súa [[Teoría da Relatividade]], pois sabia que as hipóteses testadas moitas veces caían en contradicións, a pesar do resultado ser aparentemente perfeito. De ahí pode ter sido a utilización do [[navalla de Occam|principio de Occam]] nalguns pontos considerados contraditorios no seu postulado, pois en matemática, ás veces verdades claras á luz das deduccións tornanse contradictorias ao pasar para a linguaxe coloquial.
Probabelmente, cando escrebeu que ''as teorías deben ser tan simples como sexa posible, mais non sempre debemos escoller as máis simples'', [[Albert Einstein]] estaba se referindo ao principio de Occam na súa [[Teoría da Relatividade]], pois sabía que as hipóteses testadas moitas veces caían en contradicións, a pesar do resultado ser aparentemente perfecto. De poidera vir a utilización do [[navalla de Occam|principio de Occam]] nalgúns pontos considerados contraditorios no seu postulado, pois en matemática, ás veces verdades claras á luz das deducións tórnanse contraditorias ao pasar para a linguaxe coloquial.


== Ver tamén ==
== Ver tamén ==

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2007 ás 08:18

Ficheiro:Occam.jpg
Guillerme de Occam

Willian de Ockham ou Guillerme de Occam (Occam, 1285-Munich, 1349) foi un Filósofo e teólogo que influenciou o pensamento lóxico, análise lóxica e a filosofia na Idade Media. Foi probabelmente o criador do principio da "Navalla de Occam", Dedicou os seus últimos anos ao estudo e á meditación nun convento de Munich, onde morreu o 3 de abril de 1349, vítima da peste negra.

O inicio da vida académica

Cando ainda en idade precoz, ingresou na Orde Franciscana, onde estudou Filosofia. Ainda novo, foi á Universidade de Oxford ensinar ciencias filosóficas e matemática, tivo contato con outro franciscano, o filósofo e teólogo, Duns Scot, do cal se tornou discípulo. Escrebeu varios ensaios sobre as Sententiarum Libri (Sentenzas) do teólogo Pedro Lombardo.


A súa obra marcou a transición para o pensamento renacentista, foi defensor do poder leigo e da racionalidade, anticipou as tendencias de secularización que marcaron os tempos modernos.

O principio de Occam

Occam escrebeu a súa obra cognominada Ordinatio, esta discorria que todo coñecimento racional ten base na lóxica, de acordo cos dados proporcionados polos sentidos. Unha vez que nós só coñecemos entidades palpabeis, concretas, os nosos conceitos non pasan de meios lingüísticos para expresar unha idea, polo tanto, precisan dunha realidade física para as comprobacións. Criou a máxima as pluralidades non deben ser postas sen necesidade ou (sic) pluralitas non est ponenda sine neccesitate, chamado da Navalla de Occam.

A Navalla de Occam

Artigo principal: Navalla de Occam.

Foi un conceito bastante revolucionario nunha época onde científicos e filósofos eran facilmente acusados pola igrexa de herexes; a Navalla de Occam defende a intuición como ponto de partida para o coñecimento do Universo. Occam con destreza conseguiu demostrar que o "Duns Scotus", principio da economía, coñecido como "navalla de Occam" establece que "as entidades non deben ser multiplicadas alén do necesario, a natureza é por si economica e non se multiplica en van".

O confronto de dúas teorías

Este é un principio filosófico que reza o seguinte: existindo diversas teorías e non habendo probas que demostren se algunha delas é máis verdadeira en relación ás outras, a máis simple é a que vale , ou se existiren dous camiños que leven ao mesmo resultado, usase o máis curto, e que pode ser probado sensorialmente. En outras palabras, non se debe aplicar a un fenomeno nengunha causa que non sexa loxicamente deductible da experiencia sensorial. A regra, inspirada na economía medieval, foi usada polo filósofo para eliminar moitas das entidades coas que os pensadores escolásticos explicaban a realidade.

A perseguición

Ao realizar a separazón entre razón e fé, entre filosofia e teoloxía, a través da súa doutrina científica, e ao defender que só a experiencia permete coñecer a causa das cousas, Occam foi o precursor do empirismo inglés, do cartesianismo, o criticismo kantiano e da ciencia moderna. En función destas idéias, provocou reacións que o obrigaron a sair de Oxford antes do doutoramento en teoloxía. Fuxiu para Avignon, na Francia, para non ser acusado como herexe, pois o Vaticano, sendo confrontado na discusión sobre o poder temporal da igrexa, queríao fora do camiño. O papa Xoán XXII condenouno por heresía; en función da perseguición da igrexa, Occam refuxiouse en Pisa, para de seguida acompañar o imperador Luís da Baviera para Munich. En Munich, continuou a atacar o poder da Igrexa, mais desta vez, dirixíanse á figura persoal do Papa, con varios ensaios abordando a infalibilidade papal, defendendo a tese de que a autoridade do líder é limitada polo dereito natural e pola liberdade dos liderados, esta afirmada nos Evanxellos, deixando súa situación coa Igrexa cada vez máis difícil. Un dos seus argumentos máis fortes foi a afirmación categórica que un cristán non contraría os ensinamentos evanxélicos ao se colocar ao lado do poder temporal en disputa co poder papal. En función destas ideas, a igrexa excomungou o filósofo, e este mantivo a súa liña de ación ata o fín da súa vida.

O erro do simplismo

O simplismo aparente da Navalla de Occam , se mal aplicado, pode moitas veces nos inducir a erros de avaliación en determinados momentos da lóxica. Por exemplo, ao efetuarmos determinados experimentos, nen sempre a simplificación é correcta, mesmo que o resultado sexa moito próximo, ou ata idéntico, Sen embargo é bastante útil cando o utilizamos en experimentos prácticos para comprobar se concordan varias teorías matemáticas nun determinado campo.

Nen sempre a simplicidade é a perfeición, mais a perfeición case sempre é simples

Erroneamente, moitos autores usan a expresión de que, a simplicidade é a perfeición, cando se lida con experimentos que exixe un certo grau de complexidade. Ao utilizar solucións simplistas de análise, poderáse incorrer en erros que poden destruir moitas veces un traballo de anos. Simplicidade non é sinonimo de facilidade ou simplismo. En xeral obter unha visión ou unha explicación simples para temas complexos exixe un esforzo maior que criar visións complexas, mesmo que correctas, sobre o mesmo tema. O Cálculo Diferencial e Integral, así como grande parte das descobertas científicas da humanidade certamente pasou, ao longo da súa historia, por inúmeras reformulacións decorrentes do aprendizado e realimentación polas comunidades científicas física e matemáticas ata chegar ao currículo básico de calquer curso de matemática de nivel superior. A simplicidade é consecuencia da experiencia e da criatividade.

Principios de análise lóxica

Un dos máis importantes é a falta de dados para comprobar se a teoría A é máis correcta que a teoría B, ambas tendo o mesmo resultado, Sen embargo os cálculos e argumentos da teoría A sendo moito máis complexos que para a teoría B. A comunidade científica escollerá sempre a segunda opción, a máis simple.

Einstein e as simplificacións

Probabelmente, cando escrebeu que as teorías deben ser tan simples como sexa posible, mais non sempre debemos escoller as máis simples, Albert Einstein estaba se referindo ao principio de Occam na súa Teoría da Relatividade, pois sabía que as hipóteses testadas moitas veces caían en contradicións, a pesar do resultado ser aparentemente perfecto. De aí poidera vir a utilización do principio de Occam nalgúns pontos considerados contraditorios no seu postulado, pois en matemática, ás veces verdades claras á luz das deducións tórnanse contraditorias ao pasar para a linguaxe coloquial.

Ver tamén