Baviera: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
desfago ambigüidade de Senado
ahi
Liña 215: Liña 215:
* '''Neuroloxistas''' como [[Alois Alzheimer]], o cal descrebeu pola primeira vez a [[Doenza de Alzheimer|doenza que ten o seu nome]].
* '''Neuroloxistas''' como [[Alois Alzheimer]], o cal descrebeu pola primeira vez a [[Doenza de Alzheimer|doenza que ten o seu nome]].


A [[BMW]] (''Bayerische Motoren-Werke'', ou "Fábrica Bávara de Motores") e a [[Audi]] son empresas fundadas na Baviera e que a partir de ahí controlan dous grandes emporios do mundo automobilístico.
A [[BMW]] (''Bayerische Motoren-Werke'', ou "Fábrica Bávara de Motores") e a [[Audi]] son empresas fundadas na Baviera e que a partir de controlan dous grandes emporios do mundo automobilístico.


Todos os anos ten lugar o festival ''[[Oktoberfest]]'', a maior festa da cervexa no mundo, celebrada desde [[1811]] que dura 16 días e comeza máis ou menos na metade de [[setembro]] e termina sempre no primeiro domingo de [[outubro]].
Todos os anos ten lugar o festival ''[[Oktoberfest]]'', a maior festa da [[cervexa]] no mundo, celebrada desde [[1811]] que dura 16 días e comeza máis ou menos na metade de [[setembro]] e termina sempre no primeiro domingo de [[outubro]].


== Ligazóns externas ==
== Ligazóns externas ==

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2007 ás 08:16

Freistaat Bayern
Estado Libre da Baviera
Bandeira Civil
Bandeira da Baviera
Bandeira Estatal
Bandeira Civil da Baviera
Brasón
Brasón da Baviera
Datos
Capital: Munich
Área: 70 553 km²
Poboación: 11 600 000 (2000)
Densidade: 164 hab./km²
Sitio oficial: www.bayern.de
ISO 3166-2: DE-BY
Datos políticos
Ministro-Presidente: Edmund Stoiber (CSU)
Partido no poder: CSU
Localización da Baviera
Localización da Baviera na Alemaña

A Baviera (en alemán Bayern) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern), é un dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70.553 km² e 11,6 millóns de habitantes; a súa capital é Múnic

Xeografía

A Baviera partilla da fronteira alemá coa Austria (Estados da Alta Austria, Salzburgo, Tirol e Vorarlberg) a sueste, coa Chequia a oeste e o Lago de Constanza a sudoeste. No cuadro da Alemaña, rodéanna os estados de Baden-Württemberg (a oeste), Hessen (a noroeste), Turinxia (a norte), e Saxonia (a nordés).

Atravésaa o Danubio (Donau en alemán) e mailo Main.

As maiores cidades bávaras son, alén da capital, Múnic, as de Nuremberg (Nürnberg), Augsburgo (Augsburg), Würzburgo (Würzburg), Ingolstadt, Regensburg, Fürth, Erlangen ou Bayreuth.

Administración política

A Baviera dispón actualmente dun parlamento unicameral (der Landtag), elixido por sufraxio universal. Ata decembro de 1999, existía tamén un senado (der Senat), formado por membros escollidos polos grupos socio-económicos da Baviera; non obstante esta institución foi abolida logo dun referendo que se realizou en 1998.

O goberno bávaro, como os dos demais länder da Alemaña, é liderado por un Ministro-Presidente (Ministerpräsident). Actualmente o Ministro-Presidente da Baviera é Edmund Stoiber (elixido polos socialcristiáns da CSU), o cal foi candidato ao cargo de chanceler nas últimas eleicións lexislativas. Desde 1962 que a CSU (o partido-irmán da CDU na Baviera) goberna o estado con sucesivas maiorías absolutas.

División administrativa

A Baviera está dividida en 71 distritos (Kreis no singular, Kreise no plural) e 25 cidades independentes.

Mapa da Baviera mostrando os distritos e cidades independentes

Distritos da Baviera:

  1. Aichach-Friedberg
  2. Altötting
  3. Amberg-Sulzbach
  4. Ansbach
  5. Aschaffenburg
  6. Augsburgo (Augsburg)
  7. Bad Kissingen
  8. Bad Tölz-Wolfratshausen
  9. Bamberg
  10. Bayreuth
  11. Berchtesgadener Land
  12. Chan
  13. Coburg
  14. Dachau
  15. Deggendorf
  16. Dillingen
  17. Dingolfing-Landau
  18. Donau-Ries
  19. Ebersberg
  20. Eichstätt
  21. Erding
  22. Erlangen-Höchstadt
  23. Forchheín
  24. Freising
  1. Freyung-Grafenau
  2. Fürstenfeldbruck
  3. Fürth
  4. Garmisch-Partenkirchen
  5. Günzburg
  6. Haßberge
  7. Hof
  8. Kelleim
  9. Kitcingen
  10. Kronach
  11. Kulmbach
  12. Landsberg
  13. Landshut
  14. Lauf an der Pegnitz
  15. Lichtenfels
  16. Lindau
  17. Main-Spessart
  18. Miesbach
  19. Miltenberg
  20. Mühldorf
  21. Munich (München)
  22. Neuburg-Schrobeñausen
  23. Neumarkt
  24. Neustadt (Aisch)-Bad Windsheim
  25. Neustadt (Waldnaab)
  1. Neu-Uln
  2. Nürnberger Land
  3. Oberallgäu
  4. Ostallgäu
  5. Passau
  6. Pfaffenhofen
  7. Regen
  8. Ratisbona (Regensburg)
  9. Rhön-Grabfeld
  10. Rosenheim
  11. Roth
  12. Rottal-Inn
  13. Schwandorf
  14. Schweinfurt
  15. Starnberg
  16. Straubing-Bogen
  17. Tirschenreuth
  18. Traunstein
  19. Unterallgäu
  20. Weilheim-Schongau
  21. Weißenburg-Guncenhausen
  22. Wunsiedel
  23. Würzburg

Cidades independentes (Stadkreise), que non pertencen a ningún distrito:

  1. Amberg
  2. Ansbach
  3. Aschaffenburg
  4. Augsburgo (Augsburg)
  5. Bamberg
  6. Bayreuth
  7. Coburg
  8. Erlangen
  9. Fürth
  1. Hof
  2. Ingolstadt
  3. Kaufbeuren
  4. Kempten
  5. Landshut
  6. Memmingen
  7. Munich (München)
  8. Nuremberg (Nürnberg)
  9. Passau
  1. Regensburg
  2. Rosenheim
  3. Schwabach
  4. Schweinfurt
  5. Straubing
  6. Weiden
  7. Würzburgo (Würzburg)

Os distritos mencionados arriba agrúpanse en sete gobernos de distrito (Regierungsbecirke):

Historia

Wies

Artigo principal: Historia da Baviera

A familia Wittelsbach gobernou a Baviera ininterruptamente, desde 1180 ata 1918. En 1806, o duque da Baviera foi feito rei, e en 1815, despois da desagregación do Imperio Napoleónico, o Palatinado do Rhin tornouse parte do Reino da Baviera. Luís II da Baviera (1845 - 1886), que reinou de 1864 ata ao seu suicidio en 1886, é probabelmente o máis coñecido monarca bávaro, responsable da construción de verdadeiros castelos de contos de fadas, o mais célebre Neuschwanstein.

Na cidade bávara de Nüremberg celebráronse os xuízos posteriores á II Guerra Mundial.

Curiosidades

Castelo Schleissheim

Bávaros famosos:

A BMW (Bayerische Motoren-Werke, ou "Fábrica Bávara de Motores") e a Audi son empresas fundadas na Baviera e que a partir de aí controlan dous grandes emporios do mundo automobilístico.

Todos os anos ten lugar o festival Oktoberfest, a maior festa da cervexa no mundo, celebrada desde 1811 que dura 16 días e comeza máis ou menos na metade de setembro e termina sempre no primeiro domingo de outubro.

Ligazóns externas