Palestina (rexión): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Homoxeneización de == Ligazóns externas == e == Véxase tamén ==
ahi
Liña 10: Liña 10:


== A evolución histórica ==
== A evolución histórica ==
A Palestina, sendo un estreito paso entre a [[África]] e [[Asia]], foi cenario dun grande número de conquistas, polos máis variados pobos, por se constituir nun corredor natural para os antigos exércitos.
A Palestina, sendo un estreito paso entre a [[África]] e [[Asia]], foi cenario dun gran número de conquistas, polos máis variados pobos, por se constituir nun corredor natural para os antigos exércitos.


Neste ponto tiña importancia estratéxica recoñecida desde o [[faraón]] [[Ramsés]] que aló fixo construir edificacións avanzadas, para se defender dos [[asirio]]s e dos [[hitita]]s.
Neste ponto tiña importancia estratéxica recoñecida desde o [[faraón]] [[Ramsés]] que aló fixo construír edificacións avanzadas, para se defender dos [[asirio]]s e dos [[hitita]]s.
Afírmase que os [[xebuseo]]s, o pobo natural máis antigo coñecido desta rexión, fundadores e construtores orixinais da cidade de [[Xerusalén]], (aínda que se coñecen sitios arqueolóxicos máis antigos), foron de aló desaloxados polas tribos xudaicas primitivas, que se constituiron nos primeiros Reinos xudeos da rexión, cuxo breve apoxeo ocorreu con [[Salomón]] construtor do templo de [[Iavé]].
Afírmase que os [[xebuseo]]s, o pobo natural máis antigo coñecido desta rexión, fundadores e construtores orixinais da cidade de [[Xerusalem]], (aínda que se coñecen sitios arqueolóxicos máis antigos), foron de aló desaloxados polas tribos xudaicas primitivas, que se constituiron nos primeiros Reinos xudeos da rexión, cuxo breve apoxeo ocorreu con [[Salomón]] construtor do templo de [[Iavé]].


En resume pódese afirmar que, salvo breves intervalos, a rexión foi dominada por outras potencias como a [[Asiria]] ([[-722|722 a.C.]]), os [[Exipto|exipcios]] e os [[Babilonia|babilonios]] (fins do [[século -VII|século VII a.C.]]), os [[Aqueménidas|persas aqueménidas]] ([[-539|539 a.C.]]), os [[Alexandre o Grande|greco/macedonios]] ([[-331|331 a.C.]], permanecendo en poder dos [[Ptolomeo|ptolomaicos]] de 320 a 220 a.C. e dos [[seléucida]]s de 220 a 142 a.C.), pasando por unha retomada polos [[asmoneo]]s locais, que dominaron de ahí ata o ano de [[63 a.C.]], cando comezou o dominio [[Roma|romano]].
En resume pódese afirmar que, salvo breves intervalos, a rexión foi dominada por outras potencias como a [[Asiria]] ([[-722|722 a.C.]]), os [[Exipto|exipcios]] e os [[Babilonia|babilonios]] (fins do [[século -VII|século VII a.C.]]), os [[Aqueménidas|persas aqueménidas]] ([[-539|539 a.C.]]), os [[Alexandre o Grande|greco/macedonios]] ([[-331|331 a.C.]], permanecendo en poder dos [[Ptolomeo|ptolomaicos]] de 320 a 220 a.C. e dos [[seléucida]]s de 220 a 142 a.C.), pasando por unha retomada polos [[asmoneo]]s locais, que dominaron de ata o ano de [[63 a.C.]], cando comezou o dominio [[Roma|romano]].


No ano [[66]] comezou unha rebelión dos xudeos, fortemente reprimida polos romanos coa destrución do templo de [[Iavé]] no ano de [[70]] e só no ano de [[131]] a ''[[pax romana]]'' foi novamente abalada por rebelións ao fin das cais o imperador [[Adriano]] tornou Xerusalén na ''Colonia Aelia Capitolia''.
No ano [[66]] comezou unha rebelión dos xudeos, fortemente reprimida polos romanos coa destrución do templo de [[Iavé]] no ano de [[70]] e só no ano de [[131]] a ''[[pax romana]]'' foi novamente abalada por rebelións ao fin das cales o imperador [[Adriano]] tornou Xerusalem na ''Colonia Aelia Capitolia''.


Pasando pola división do Imperio Romano, a rexión viveu entre [[324]] e [[638]], unha gran prosperidade e crecimento demográfico, considerándose que entón a poboación era de maioría cristiá, relixión oficial do [[Imperio Bizantino]].
Pasando pola división do Imperio Romano, a rexión viveu entre [[324]] e [[638]], unha gran prosperidade e crecimento demográfico, considerándose que entón a poboación era de maioría cristiá, relixión oficial do [[Imperio Bizantino]].

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2007 ás 08:14


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Palestina (en Latín: Syria Palæstina, en Árabe فلسطين Filasṭīn), é unha rexión do Oriente Medio que se estende desde a costa oriental do Mar Mediterráneo ata ao interior. O seu estatuto político é disputado acesamente.

A zona que corresponde á antiga Palestina atópase hoxe dividida entre unha área do estado de Israel, e os territorios de maioría árabe ocupados por Israel despois da Guerra dos seis días en 1967: a Faixa de Gaza a de Cisxordania e Xerusalén Leste. Algunhas partes dispersas desta área árabe pasaron hai algúns anos a ser administradas por unha entidade autónoma, a Autoridade Palestina, mais Israel mantén o control das fronteiras e está actualmente a construir un muro de separazón, que na práctica anexa partes significativas da Cisxordania occidental ás fronteiras israelenses, desouvindo as numerosas condeas realizadas pola asemblea xeral da ONU desde a ocupación ata hoxe.

O nome

Segundo Arnold Toynbee, Guy Anequin e outros historiadores, o nome palestina teríase orixinado de philistaius que designaba o pobo filisteo, de que trata a Biblia no episodio de Sansón e Dalila, onde Sansón, xa cego, derrubou as columnas da casa onde estaban uns tres mil homes e mulleres, matando inclusive todos os príncipes filisteos.

Os filisteos non eran semitas e a súa probable orixe é creto-micénica, unha das máis coñecidas (aínda que recorrentemente mencionadas) vagas dos chamados "pobos do mar" que se estableceron en varias partes do litoral sur do Mediterráneo, incluindo a área hoxe coñecida como Faixa de Gaza.

A evolución histórica

A Palestina, sendo un estreito paso entre a África e Asia, foi cenario dun gran número de conquistas, polos máis variados pobos, por se constituir nun corredor natural para os antigos exércitos.

Neste ponto tiña importancia estratéxica recoñecida desde o faraón Ramsés que aló fixo construír edificacións avanzadas, para se defender dos asirios e dos hititas.

Afírmase que os xebuseos, o pobo natural máis antigo coñecido desta rexión, fundadores e construtores orixinais da cidade de Xerusalem, (aínda que se coñecen sitios arqueolóxicos máis antigos), foron de aló desaloxados polas tribos xudaicas primitivas, que se constituiron nos primeiros Reinos xudeos da rexión, cuxo breve apoxeo ocorreu con Salomón construtor do templo de Iavé.

En resume pódese afirmar que, salvo breves intervalos, a rexión foi dominada por outras potencias como a Asiria (722 a.C.), os exipcios e os babilonios (fins do século VII a.C.), os persas aqueménidas (539 a.C.), os greco/macedonios (331 a.C., permanecendo en poder dos ptolomaicos de 320 a 220 a.C. e dos seléucidas de 220 a 142 a.C.), pasando por unha retomada polos asmoneos locais, que dominaron de aí ata o ano de 63 a.C., cando comezou o dominio romano.

No ano 66 comezou unha rebelión dos xudeos, fortemente reprimida polos romanos coa destrución do templo de Iavé no ano de 70 e só no ano de 131 a pax romana foi novamente abalada por rebelións ao fin das cales o imperador Adriano tornou Xerusalem na Colonia Aelia Capitolia.

Pasando pola división do Imperio Romano, a rexión viveu entre 324 e 638, unha gran prosperidade e crecimento demográfico, considerándose que entón a poboación era de maioría cristiá, relixión oficial do Imperio Bizantino.

No ano 614 a rexión acabou de ser tomada polos persas sasánidas que mantiveron o seu xugo ata o 628; no 638 toda a rexión ficou baixo o dominio árabe musulmano, que en termos étnicos, lingüisticos, relixiosos, artísticos e culturais, legaron os actuais caracteres da rexión e maila súa poboación.

O establecemento dos árabes

Ao contrario de varias potencias que por alí só estenderon o seu dominio de paso, ás veces legando a administrazón da rexión a potentados locais, os árabes estableceronse na rexión, e o primeiro elemento cultural que introduciron foi a lingua unha vez que, emparentada co aramaico, obtivo fácil aceitación.

Desde o ano de 660 ata 750, vigorou o dominio omíadas, con capital en Damasco datando de aí a construción do Nobre Santuario na Explanada das Mesquitas en Xerusalén, substituída pola dinastia dos abásidas con capital en Bagdad, que dominou ata o ano de 974, seguíndose a dinastía dos fatímidas que perduraron ata o ano 1071.

Ao fín do longo dominio árabe de máis de catro séculos, a relixión islámica acabou amplamente maioritaria, seguida dunha pequena minoría de cristiáns e un menor número aínda de xudaítas Samaritanos, até que, no ano de 1072, sobreviu a conquista da rexión polos turcos selxúcidas que tiñan capital en Bagdad.

No ano 1099, coa Primeira Cruzada, os europeos conquistaron Xerusalén e aló estableceron o seu dominio baixo o nome de Reino Latino de Xerusalén cuxa existencia periclitante en medio da sociedade islamica perdurou ata o ano de 1187, cando a cidade foi reconquistada por Saladino.

As cruzadas

Ver o artigo principal cruzadas.

Do Mandato Británico a Israel

O muro que construe Israel

En 15 de maio de 1948, un día despois da fundación do Estado de Israel, sete exércitos árabes atacaron Israel. Estimulados polos países árabes, e as atrocidades en curso, o pobo que vivia na rexión da Palestina fuxiu ou foi expulso da rexión, buscando seguranza. Sionistas defenden que os habitantes participaron dun plano de se afastaren ata que o inimigo sionista fose aniquilado. coa vitoria de Israel, a maioría deses refuxiados foron prohibidos de voltar para súas terras, e aínda foron expulsos de alguns países árabes, como a Xordania. Sen teren para onde ir, moitos se refuxiaron no sur do Líbano onde permanecen en "campos de refuxiados" ata hoxe.

En 1964, foi solicitado á Liga Árabe polo Alto Comisariado da Palestina a fundación dunha Organización para a Libertación da Palestina (OLP), cuxo principal líder foi Yasser Arafat.

Situación actual

Ligazóns externas


Ver tamén

Conflito árabe-israelí