Cubilledo, Baleira: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san |
m →Outros artigos: Arranxos varios, replaced: advocación de santiago o Maior → advocación de Santiago o Maior |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
[[Categoría:Parroquias de Baleira]] |
[[Categoría:Parroquias de Baleira]] |
||
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de |
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior]] |
Revisión como estaba o 16 de agosto de 2017 ás 12:29
[1]Coordenadas: 43°03′N 07°13′O / 43.050, -7.217
Cubilledo | |
---|---|
Vista desde Trembedo | |
Concello | Baleira |
Coordenadas | 43°03′00″N 7°13′00″O / 43.05, -7.21666667Coordenadas: 43°03′00″N 7°13′00″O / 43.05, -7.21666667{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Área | 24,54 km² |
Poboación | 101 hab. (2013) |
Densidade | 4,12 hab./km² |
Entidades de poboación | 16 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Cubilledo é unha parroquia do concello lugués de Baleira. Limita coas parroquias da Braña, Fonteo, Librán, A Fontaneira e A Lastra, xunto co concello da Fonsagrada. Pertence ó arciprestado de Valdepedroso, e tiña 101 habitantes en 2013 agrupados en 16 entidades de poboación, cunha densidade media de 4 hab/km². A súa altitude media é de 530 m.
As entidades de poboación son as seguintes: A Andoriña (2), Cabreira (9), Castrelo (1), O Castro (13), Cubilledo (1), Esgrade (7), A Espiña (abandonada), Ladride (2), Padornelo (4), O Real de San Paio (3), San Paio (10), Suagranda (1), Trembedo (6), Os Vilares (3), Vilarín de Cubilledo (30) e Vilauriz (9).
Patrimonio
No lugar do Castro hai unha casa que polo seu aspecto pode ser o que queda dunha torre que existiu no mesmo lugar, e que pertencía á xurisdición señorial do conde de Amarante.
Igrexa parroquial
Foi construída ó longo dos séculos XVIII e XIX. A planta é de cruz latina, dunha soa nave rectangular. O presbiterio é rectangular e de pequenas dimensións, ó que se adosa na parte posterior a sancristía, tamén de planta rectangular. Na portada principal ten un alboio de planta rectangular. Os muros son de cachotaría e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas, tres e catro augas. O arco triunfal é de medio punto, ó igual que os dous que delimitan as capelas laterais, que son cadradas e de reducidas dimensións. Tanto a porta lateral coma a principal son alinteladas, esta última cuberta cun cuberto rectangular, delimitado por tres arcos de medio punto, un deles cego. Culmina no frontis unha espadana de dous corpos, con dous vans no inferior e un no superior.
Galería de imaxes
-
Igrexa parroquial
-
Parte frontal
Capela de Cabreira
É unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotaría e lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. No interior non conserva ningún retablo, só unha imaxe moderna da Divina Pastora.
Capela de Castrelo
É unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotaría de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. No interior conserva un retablo de estilo barroco.
Capela do Castro
É unha pequena capela de planta rectangular, con ábsida da mesma forma e unha única porta de acceso. Os muros son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas e catro augas. A portada é alintelada e remata no frontis cunha espadana dun só van. Conserva no interior un retablo de estilo neoclásico.
Capela de Vilarín
É unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. A portada é alintelada, e conserva no interior un retablo moderno no altar maior.
Capela de Vilauriz
É unha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a dúas augas. A portada é alintelada e sen retablo no interior.
Lugares e parroquias
Lugares de Cubilledo
Lugares da parroquia de Cubilledo no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
A Andoriña | Cabreira | Castrelo | O Castro | Cubilledo | Esgrade | A Espiña | Ladride | Padornelo | O Real de San Paio | San Paio | Suagranda | Trembedo | Os Vilares | Vilarín de Cubilledo | Vilauriz |
Parroquias de Baleira
Véxase tamén
Outros artigos
- ↑ Insira unha nota aquí