Cerponzóns, Pontevedra: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: Arranxos varios +cda |
m →Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
[[Categoría:Parroquias de Pontevedra]] |
[[Categoría:Parroquias de Pontevedra]] |
||
[[Categoría:Localidades do Camiño Portugués]] |
[[Categoría:Localidades do Camiño Portugués]] |
||
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de |
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente]] |
Revisión como estaba o 16 de agosto de 2017 ás 10:35
Coordenadas: 42°28′33″N 08°38′28″O / 42.47583, -8.64111
Cerponzóns | |
---|---|
Ficheiro:Cerponzóns.jpg Igrexa parroquial | |
Concello | Pontevedra |
Coordenadas | 42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111Coordenadas: 42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Área | 6,1 km² |
Poboación | 751 hab. (2015) |
Densidade | 123,11 hab./km² |
Entidades de poboación | 13 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2015 tiña un total de 806 habitantes, 366 homes e 385 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 815 habitantes (424 mulleres e 391 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 845 habitantes.
Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.
Patrimonio
A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.
A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o embalse de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.
Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela[1].
Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.
Galería de imaxes
-
Cruceiro na Balea.
-
Fito de legua na N-550 ao seu paso polo Cunchido.
Notas
- ↑ "El puente de Cerponzóns", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 28 de outubro de 2015.
Lugares e parroquias
Lugares de Cerponzóns
Lugares da parroquia de Cerponzóns no concello de Pontevedra | |
---|---|
A Balea | Bouza | O Bravo | O Castrado | A Costa | O Cunchido | A Ermida | Leborei | A Meán | Pidre | O Queimado | San Caetano | Tilve | Vigario |