Aecio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Historia: arranxiño
Liña 1: Liña 1:
'''Flavio Aecio''', Xeneral [[Roma Antiga|romano]], morto no [[454]]. Orixinario da provincia de [[Moesia]], era fillo do ''[[magister equitum]]'' [[Gaudencio]] e da dama [[Aurelia]]. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de [[Alarico I]], o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos [[godos]]. Serve á súa vez como ''[[magister equitum]]'' nas [[Galias]] durante a xefatura militar de [[Félix]], ata que no [[433]] alcanza el mesmo a dita maxistratura de ''[[magister militum]]''.

Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico [[Imperio Romano de Occidente|Imperio de Occidente]] que está en proceso de derrube. Protexe [[Italia]] e detén a expansión dos [[bárbaro]]s: frea aos [[visigodos]] na [[Galia]] e reduce aos [[burgundios]] en [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]]. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento [[vándalo]] no norte de [[África]].
Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico [[Imperio Romano de Occidente|Imperio de Occidente]] que está en proceso de derrube. Protexe [[Italia]] e detén a expansión dos [[bárbaro]]s: frea aos [[visigodos]] na [[Galia]] e reduce aos [[burgundios]] en [[Savoia (rexión)|Savoia]]. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento [[vándalo]] no norte de [[África]].

Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os [[hunos]]. Sentíndose insultado o seu caudillo [[Atila]] polo emperador [[Valentiniano III]] ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá [[Honoria]], lánzase a destruír [[Roma]]. Para isto convoca unha gran confederación de tribos [[escitas]], [[sármatas]], [[xépidos|xépidas]], [[ostrogodos|ostrogodas]], [[alanos|alanas]], que se unen aos [[hunos]] na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a [[francos]], [[vándalos]], [[visigodos]] e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos [[Batalla dos Campos Cataláunicos|Campos Cataláunicos]] no ano [[451]]: é a última gran [[batalla]] do Imperio de Occidente.

Revisión como estaba o 14 de agosto de 2017 ás 00:35

Flavio Aecio, Xeneral romano, morto no 454. Orixinario da provincia de Moesia, era fillo do magister equitum Gaudencio e da dama Aurelia. Os primeiros anos de aprendizaxe pasounos como refén de Alarico I, o que lle permitiu coñecer o modo de pensar e loitar dos godos. Serve á súa vez como magister equitum nas Galias durante a xefatura militar de Félix, ata que no 433 alcanza el mesmo a dita maxistratura de magister militum.

Precedido por mediocres e efémeros predecesores, Aecio destaca no seu cargo por ser quen de poñer orde nun caótico Imperio de Occidente que está en proceso de derrube. Protexe Italia e detén a expansión dos bárbaros: frea aos visigodos na Galia e reduce aos burgundios en Savoia. Outras decisións son mal recibidas, pero inevitábeis, como o recoñecemento do asentamento vándalo no norte de África.

Pero a súa campaña máis notábel, a que lle ha valer para a historia o sobrenome de "o derradeiro romano", será a que dirixirá contra os hunos. Sentíndose insultado o seu caudillo Atila polo emperador Valentiniano III ante o rexeitamento da petición de man da súa irmá Honoria, lánzase a destruír Roma. Para isto convoca unha gran confederación de tribos escitas, sármatas, xépidas, ostrogodas, alanas, que se unen aos hunos na súa marcha. Pero Aecio dirixindo maxistralmente, a francos, vándalos, visigodos e as tropas romanas que quedan acada unha gran vitoria nos Campos Cataláunicos no ano 451: é a última gran batalla do Imperio de Occidente.

Para a súa desgraza, esta gran vitoria halle valer a envexa do emperador, que, abrigando sospeitas dunha hipotética pretensión ao trono, ordena matalo no 454. Posteriormente a intriga vólvese contra o propio Valentiniano, que é asasinado un ano despois por seguidores de Aecio.